16.3.19

SEMANA DA PRENSA #fridayforfuture

Nesta semana da prensa, vimos como as clases se enchían de periódicos, tanto en papel como dixitais. 

O periódico é unha ferramenta moi boa coa que traballar diariamente, o máis pequenos aprenderon a identificar as diferentes partes dun periódico ( titular, subtitular, pe de fotos, seccións) .

Nas clases de E-dixgal lemos e buscamos noticias diarias, artículos de opinión, cartas ao director, etc xa que trabállase a competencia lingüística e dixital con noticias reais do día a día.

Esta semana traballamos cunha noticia que tiña moito que ver co noso proxecto deste ano, FACER ALGO POLO MEDIO AMBIENTE, xa comezamos dende o curso pasado coa recollida de lixo nas praias, co reciclaxe no centro,tanto no comedor escolar coma no patio e nas aulas, e este ano comprometímonos de fondo no ENTROIDO, facendo os nosos disfraces sen plástico,facendo un guiño ao NOSO MONTE, para traballar co proxecto de @VozNatura.

Hoxe, #15M, en todo o mundo, fixéronse paróns escolares polo #cambioclimático, e o noso cole aportou o seu graniño de area, porque educar no medio ambiente É A NOSA OBRIGA!



                           


OBRADOIROS: XOGOS DE MESA

E seguimos con obradoiros para traballar por unha BIBLIOTECA INCLUSIVA E IGUALITARIA, e que mellor forma que a través dos XOGOS DE MESA, xogos para tódalas idades, pequenos e grandes, nenas e nenos, que divertido xuntarse todos/as na biblioteca, bueno....na LUDOTECA, jajaaja.

Este obradoiro foi impartido polos pais de ROI, (o noso alumno da clase dos verdes), JULIA PEREZ LOUREIRO e IVÁN FERNÁNDEZ FERRO  , os cales  están a levar un proxecto moi interesante chamado: ESPACIO "ALTERNATIVO" A LAS PANTALLAS. 

Dende o equipo de  EDNL e Biblioteca pensamos que para poder aprender a xogar con estes  xogos a mellor forma era a través de grupos internivel, así os maiores podían ser os monitores dos máis pequenos, e vaia si FUNCIONOU!

A través do ABJ (aprendizaxe basado en xogos) son múltiples os contidos que se adquiren: competencias matemáticas, xa que en moitos xogos teñen que sumar, restar, contar, estimar, agrupar; competencias lingüísticas, con xogos de emocións como o "moustro de cores" onde expresan oralmente o que sinten; nocións espaciais e temporais...xogos que poden acompañar  no día a día o currículo das asignaturas que damos.

Por esta razón, dende a biblioteca, iremos mercando ditos xogos para que os #patiosinclusivos sexan moi divertidos.

TEMPORALIZACIÓN

O mércores foi o alumnado de infantil o que probou estes xogos, que atentos e caladiños estaban todos/as!


                               

O xoves, foi o turno para o alumnado de 1º e 2º / 3º e 4º, con xogos máis difíciles e adaptados á súa idade.
                           


O xogo de MONSTER KIT, creado polo mestre @manu_sanchez_montero, tivo moitísimo éxito, eles sumando números e formando sílabas crean os seus monstros disparatados, como mola!

O venres foi o turno do alumnado de 5º e 6º, primeiro aprenderon os xogos impartidos en infantil e 1º /2º ciclo, xa que a idea é que os voluntarios dos #patiosinclusivos sexan monitores e supervisen estes xogos.

Tamén tiveron o seu momento de diversión! Aproveitamos para traballar os textos instructivos (REGLAS dos xogos),expresar EMOCIÓNS,e conceptos matemáticos.



15.3.19

ACTIVIDADES POLO #8M

Despois dunha semana intensa, podemos contarvos tódalas actividades que fixemos para conmemorar esta data, data que traballamos todo o curso pero que facemos mención especial.


  • Teremos durante un mes na nosa biblioteca a #MALETA VIAXEIRA DA IGUALDADE, xa que foi solicitada dentro do  I PLAN DE ACTIVIDADES PARA A IGUALDADE 2016-2020, da Xunta. A maleta ven cargadiña de libros para poder disfrutalos na hora de ler, mirade que maravillla!.
  • Tamén chegou o PAPAGAIO cheo de noticias moi interesantes, xa sabedes, acudide á biblioteca a ver estas novidades!

         


  • O día 13 de marzo, tivemos un TALLER SOBRE O MICROMACHISMO impartido pola psicóloga do concello, como unha das actividades propostas polo CIM de Viveiro. Cremos que é superimportante empezar a educar dende a escola, e canto antes mellor. O alumnado de 6º xa traballara o que era o MICROMACHISMO a través dun libro moi espcecial titulado:"FEMINISMO ILUSTRADO, ideas para combatir el MACHISMO".Con este taller puideron comprobar in situ todo o aprendido.











1.3.19

ENTROIDO


Este Entroido foi moi especial. 

Foi a excusa perfecta para que coséramos a man e a máquina, para decidirnos a desterrar o plástico e utilizáramos incluso periódicos vellos e ramaxe de limpezas no campo e nos plantexáramos a importancia do coidado do entorno, dos nosos montes.

Como resultado de todo isto: os nosos DISFRACES  



Moitas grazas familias e alumnado pola vosa colaboración.

Ata pronto

24.2.19

FESTEXAMOS O #DíadeRosalía

Ola :)


Despois de moito traballiño por parte do alumnado e profesorado...temos o NOSO VIDEO para festexar dúas efemérides: o día da LINGUA MATERNA E O DÍA de ROSALÍA, e que mellor forma que investigar e documentarse sobre a vida de Rosalía dende a súa infancia ata a súa morte. 

Dende o EDLG e BIBLIOTECA fixemos unha proposta onde o que tiñamos claro era que o alumnado fose o gran protagonista deste video, xa que tiveron que gravar coa cámara no verde croma da biblioteca e incluso facer exteriores (axudados pola mestra Inés); tamén gravaron os audios no Ipad coa mestra Carla, dende o recitado da poesía ata as cancións de Uxía (sempre coa súa aotorización).
Pretendemos que o alumnado sexa partícipe do seu propio aprendizaxe e vaia se foron!

AQUÍ VOS DEIXAMOS O RESULTADO!



O venres pola tarde, xuntámonos todo o centro e poidemos desfrutar do visionado do video e da actuacíón de tres alumnas de 4º curso: Noa, Fátima e Daniela. Fixeron unha interpretación do poema NEGRA SOMBRA de Rosalía. Noa tocou co clarinete e Fátima e Daniela fixeron a súa "performance".




                           #LibreOMeuPensamento_rdc_19

14.2.19

DÍA DOS NAMORADOS

14 DE FEBREIRO: DÍA DOS NAMORADOS
Dende o equipo de dinamización, biblioteca e actividades extraescolares festexamos este día mediante un photocall, *dillo con respecto* onde todo o alumnado realizou un corazón e escribiu unha mensaxe a unha muller, xa que o día 8 de Marzo enviarémoslles eses corazóns a esas mulleres tan especiais. 
Todos os corazóns colgámolos na nosa árbore da paz esperando a que chegue o día para envialas. 


8.2.19

VISITA DE MALIBÚ

Hoxe tivemos unha sorpresa moi especial, Malibú estivo no noso colexio. Todas e todos as nenas e nenos do colexio recibiron unha carta na cal poñía...:


Despois, por quendas, todos e todas puidemos tocalo, acaricialo e coñecer a importancia que ten o coidado dun animal. 



Ao final, todas e todos recibimos un diploma. Grazas Malibú, por todo o que nos ensinaches. 



31.1.19

A NOSA ÁRBORE DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro, celebramola PAZ...

Queríamolo facer dunha forma diferente...o noso proxecto deste curso é o" MEDIO AMBIENTE E CÓMO PROTEXELO".

Xa coñecíamos o libro de WANGARI MAATHAI, la mujer que plantó millones de árboles, da editorial BLUME, porque o curso pasado o alumado de 6º de EI e 5º de EP fixeron unha animación á lectura sobre este libro, podedes recordala no seguinte enlace.







Así que decidimos facer A NOSA PROPIA ÁRBORE DA PAZ.





                  
                                                             
Durante estas semanas previas, traballamos á artista brasileña RIVANE NEUENSCHWANDER. A obra que máis nos gustou foi "YO DESEO TU DESEO". Consiste en coller unha pulseira cunha mensaxe e deixar outra mensaxe no seu lugar.  


A nosa adpatación foi a seguinte:  

O alumnado, por cursos, fixo pulseiras con mensaxes diferentes, de cores diferentes, con palabras de PAZ, AMOR, AGARIMO... hoxe baixamos por curso a coller unha pulseira de diferente cor á que traballamos e deixamos no seu lugar unha folliña cunha mensaxe. 
Así esta árbore da PAZ irase enchendo de MENSAXES POSITIVOS.




ANIMAMOS Á TODA COMUNIDADE   A QUE VEÑA A DEIXAR A SÚA MENSAXE!!!

Tamén fixemos unha escolla de libros para A HORA DE LER



                                                                                


30.12.18

GUÍA DE LECTURA PARA O NADAL

Ola !!
Un nadal máis queremos deixarvos unha guía cheíña de recomendacións. Dende o equipo de BIBLIOTECA e mailo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, fixemos unha excolla daqueles libros, audilibros, películas,  xogos para xogar en familia, CD de música galega, ocio no noso concello, etc... que pensamos que vos poden gustar.

Este curso, decidimos facer unha guía por ciclos:
-GUÍA para 1º e 2º curso.
-GUÍA para 3º e 4º curso.
-GUÍA para 5ºe 6º curso.



22.12.18

VISITA DO APALPADOR!


Ola rapazas e rapaces! Esta semana tivemos moitas sorpresas, entre Pakolas, o Coro de Nois e como non podía faltar...O APALPADOR!
Dende DOMUS VI veu o APALPADOR acompañado dos seus axudantes para contarlles ás nenas e nenos un conto moi especial.

A continuación vos deixamos o seguinte vídeo onde se nos pode ver todo o ben que o pasamos:











Moitas grazas a DOMUS VI por vir ao noso colexio e FELICES FESTAS!