2.5.20

AS NOSAS PRESENTACIÓNS INTERACTIVAS

Ola rapazada :)

GALDIÑO  quere explicarvos QUE SON AS PRESENTACIÓNS INTERACTIVAS.

Moitos  RETOS dos  que vos imos plantexar, van vir presentados de forma INTERACTIVA.

QUE SIGNIFICA ISTO? 

Unha presentación interactiva é aquela na que se presenta información chea de enlaces ( videos, páxinas novas, titulares de periódico, instrucións, etc.)

E COMO PODEMOS VER ESTA INFORMACIÓN?

Se premes na imaxen ou pasas o rato por encima, apareceranche ventás novas, chamadas ETIQUETAS, na que poderás visualizar nova información.

ESTAS PRESENTACIÓNS TEÑEN MÁIS DUNHA PÁXINA?

Normalmente SI, aquí podedes ver os exemplos:

Cando abras a presentación, na marxe dereita de abaixo, hai unhas flechas para que a presentación apareza enteira na pantalla; verase mellor nun ordenador que nun móvil.





Na marxe dereita da presentación, hai un botón en forma de flecha para pasar á páxina seguinte.


ESTAS SON IMAXES DO RETO DOS XOGOS OLÍMPICOS

A segunda páxina, onde están as instrucións para facer a antorcha.