24.4.13

QUEREMOS DAR AS GRAZAS...


"Queremos agradecervos a todos os pais e nais, titores e titoras, que con esta actividade, ao igual que con moitas outras en múltiples ocasións, participastes tan activamente e con tanto interese, demostrando orixinalidade e creatividade, axudando a que a poesía neste caso, e en certa maneira tamén a escola fora máis aló das paredes do propio colexio, tanto, que chegou ás vosas casas, e converteuse nun momento máxico que poidestes compartir grandes e pequenos voltando esta primavera a nós en forma de andoriña.
Dende aquí, un GRAZAS moi merecido."

Así inaugurábamos xa hai case un mes, a exposición que se pode visitar na entrada do noso cole con todos os traballos que fixeron os nenos e nenas coa vosa axuda, a dos adultos.
Xa casi a rematar a exposición no cole, reiteramos as grazas pola vosa colaboración para esta actividade como en moitas outras nas que contamos con vós, e dicirvos que se fará unha exposición conxunta con outros centros nun local cedido polo Concello de Viveiro e posteriormente no de Cervo que poderedes visitar no vindeiro mes.
Gustaríanos tamén agradecer aos centros incluídos no PLAMBE ( Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), que nos ofreceran a oportunidade de formar parte desta actividade conxunta.





23 de abril: Que é para ti un libro ?


Na nosa navegación de hoxe e na  páxina dunha publicación portuguesa ( "Jornalismo antenado" ), atopamos este cartel cun texto do Padre António Vieira, escritor portugués que viveu no século XVII.

" O libro é un mudo que fala, un xordo que responde, un cego que guía, un morto que vive"

E para tí, que é un libro?, pregúntolle aos visitantes da nosa Biblioteca:

"UN LIBRO É DIVERSIÓN" ( MATEO, 4º )
"UN LIBRO É UNHA HISTORIA QUE PODE SER ALEGRE OU TRISTE" ( PATRICIA, 4º )
"UN LIBRO É ALEGRÍA" ( CLARA, 4º )
"UN LIBRO É COMO UN BO AMIGO" ( LUCA, 6º )
"UN LIBRO SON MIL PALABRAS ORDENADAS" ( DAVID FERNÁNDEZ, 6º )
"UN LIBRO É COMO UNHA VIDA" ( ALEX, 6º )
"UN LIBRO É EXPRESIÓN" ( DIEGO, 6º )
"UN LIBRO É COMPATIBLE CONTIGO" ( ANDREA, 6º )
"UN LIBRO NUNCA TE ABANDONARÁ" (ARIADNA, 6º )
"UN LIBRO É ACCIÓN..." ( XOEL, 4º )
"UN LIBRO SEMPRE TE QUERE DOCEMENTE" ( NOA, 6º )
"UN LIBRO É UNHA HISTORIA SIN FIN QUE NUNCA NOS ABANDONARÁ" ( NURIA,4º )
"UN LIBRO É ALGO QUE LEO E ENTÓN MORRE A IGNORANCIA" ( AMANDA, 6º )
"UN LIBRO É RELAXACIÓN E MOITOS SOÑOS" ( ALEJANDRA, 4º )
"UN LIBRO É UN SOÑO ESCRITO" ( SARA BAZ, 4º )
"UN LIBRO É FANTASÍA E DIVERSIÓN"  (CRISTINA, 4º )
"UN LIBRO É INFORMACIÓN"  ( EDGAR, 4º )



20.4.13

Viveiro tiña unha muralla


Viveiro tiña seis portas na súa antiga muralla. Foi pasando o tempo e agora só quedan tres. A máis grande é a de Carlos V, ou Castelo da Ponte.Existían desde o século XIII. As tres portas que aínda se conservan son: a do Valado, a porta da Vila e a do Castelo da Ponte.
Os nenos e as nenas de 3º estamos a construir unha maqueta de Viveiro. Primeiro consultamos un libro, despois fixemos un plano co trazado das rúas e con  terracota moldeamos a muralla coas seis portas.
Tamén, o alumnado de 4º está co mesmo traballo. E aí os tendes mans á obra!.

Fotografías de SAÚL e IZAN


O que vemos desde a aula de 3º



Xa chegou a primavera.  Xa estamos en abril. Todo está de cor verde. Desde a nosa aula vemos os montes alá lonxe. Tamén hai unhas casas e máis preto  o patio dos nenos e nenas de Infantil que ten un bambán, un escorregadoiro...

AS NENAS E OS NENOS DE 3º

19.4.13

O carballo

No cole había un carballo pequeno , sen follas.


Neste comezo da primavera medrou moitísimo
e as follas puxéronselle verdes coma a herba.



Paula, Azucena, Yraya,

Foto: Lucas e Mario

16.4.13

Un cadro

Asomeime á ventá. E a primavera estaba alí.

Anduriña que pasache...

"O meu homiño perdeuse,


ninguén sabe en onde vai...

Anduriña que pasache

con el as ondas do mar;

anduriña, voa, voa,

ven e dime ond'está."

ROSALÍA DE CASTRO





...e un cento de anduriñas entraron no colexio.

Entraron e pousaron na parede azul. E con elas tamén un cento de poemas. Agardan para voar ata outro lugar?

Xa temos aquí a primavera...

Xa a temos aquí. Entrou hai uns días con discreción. E agora cando saímos ao patio notamos o seu agasallo. Esas cores nas árbores...

10.4.13

Un libro chama a nosa atención...

Hai quen di que a nosa BIBLIOTECA é unha biblioteca distinta. E acertan os que así pensan. A nosa non é un local pechado gardado por un bibliotecario que exerce un riguroso labor de vixilancia. Na nosa biblioteca os libros están  á man, en andeis a altura dos usuarios que follean os libros, que os ulen, que os saborean. Non descansan pechados en vitrinas, detrás dunhas paredes de cristal. Os libros están usados e mesmo algúns teñen remendos. A nosa biblioteca é un lugar por onde pasa todo o mundo: o alumnado, o profesorado, as nais e os pais, o conserxe, as limpadoras... Non é preciso pasaporte algún para circular por ela, só si queremos levar un dos libros utilizamos o noso carné para deixar anotado o préstamo. Así de accesible é a nosa BIBLIOTECA.

Mais, ás veces, os encargados da nosa BIBLIOTECA queren chamar a nosa atención e mostran as novidades que chegan no expositor da entrada ao colexio. Tamén alí os podemos follear, ulir, saborear...antes de que pasen a vivir no primeiro andar, no recuncho vermello, ou no azul, ou no amarelo.

Desde hai uns días alguén quixo mostrar os libros dun xeito distinto e atopámonos coa sorpresa de que hai libros para levar no peto...





contos ao teléfono...




e algún que outro libro que chama por nós dun xeito cando menos curioso.

Ou non?











9.4.13

Que branca é a abidueira!

As nenas e os nenos de 3º traballamos na nosa aula co poema de Manuel María titulado "A ABIDUEIRA":

"Que branca é a abidueira!
Cara ao ceo anda a soñar!
Feita zoca, anque non queira,
moita lama ha de tripar! "

Ao traballarmos co poema do poeta da Terra Chá aprendimos moitas cousas desta árbore. Por exemplo que coa súa madeira fanse zocas.

E dándolle voltas ao poema de Manuel María, fixemos nós estes versos:

"Será branca a abidueira
que plantamos na campiña?
Farán zoquiñas con ela
e unha delas será miña."

Ou estes outros:

"Na parroquia hai unha escola,
a escola ten un xardín,
no xardín teñen un bido,
no bido canta un xirín."

Aprendimos que unha mesma árbore pode ter distintos nomes: abidueira, bido, bidueiro...E seguimos escribindo versos:

"Será forte o bidueiro,
o bidueiro marzal?
Ha medrar moi espelido
se non o tratamos mal."

Que ben o pasamos rimando!. E se é "abril", a cousa pode rematar en "mil". Ou non?

"Cando voltemos á escola
polos principios de abril,
ha estar o noso bido
multiplicado por mil."







5.4.13


DÍA DA ÁRBORE

Días atrás chegaron ao cole uns libros cunhas lecturas preciosas sobre paisaxes galegas, "Viaxe polos e ríos e árbores dos Ancares". Lemos, falamos,...aprendemos.





Pero hoxe foi un día moi especial. Tivemos unha celebración na que nos xuntamos todos os nenos e nenas de Primaria no patio porque íamos prantaro "noso bidueiro". E realmente podemos chamalo "noso", porque cada grupo elixiu un nome para el, e de entre todos eles, elixiuse un: PLATERO. Nome suxerido polos nenos e nenas de 1º.
Estando alí todos xuntos, algúns nenos e nenas de 5º e 6º leron os seus traballos. Aquí os tedes:



O BIDUEIRO

Son un bidueiro,
que non un maxadeiro,
e vouvos contar unha historia
que vos quedará na memoria.

Eu fun unha semente
 afeita a ver moita xente.
Mandáronme de Lugo
nun camión moi seguro.

Cando cheguei a Viveiro non sabía
que me ía gustar tanto a ría.
Por fin chegamos a Galdo!
 O camión  xa ía cansado

O mércores cando cheguei
con todo o que vin alucinei!
Chegara ao lugar que quería!

Había moitas árbores... e  nenos,
grandes, medianos  e pequenos!
A ver que nome me van poñer
para que me poidan recoñecer.

Mesmo se me chaman Vicente,
ha ser un nome de orixe inocente.
Non vos esquezades de coidarme,
regarme e aloumiñarme. 

                                                                    Lucas Gómez Pereira

                                          

O SOÑO DA BIDUEIRA

Ola. Son unha bidueira que vén das terras altas de Lugo. Sabede que, aínda que son pequena, teño soños coma vós.
Soñei que me plantaban nun patio grande cheo de nenos e nenas, que me coidaban, que me daban cariño e a tranquilidade que preciso para medrar rexa e forte.
Soñei que estaba rodeada de irmáns da mesma especie máis maiores ca min, así como de castiñeiros, cerdeiras, limoeiros, maceiras, tullas, piñeiros, salgueiros,... e outras árbores que me falaban dos tempos en que o colexio empezara a espreguizarse.
Soñei que arrodeado dun cento de humanos espectantes afincaba na terra e recibía os ánimos precisos para enraizar con forza.
Mentres me regaban as primeiras veces, pensei: para que me botarán auga por riba. Prengunteilles ás outras bidueiras do patio e non me souberon repostar. Non lembraban se a elas as regaran algunha vez.
Pregunteilles a uns piñeiros altos como castelos que estaban un pouco máis lonxe de min e que parecían máis vello e sabios. Respondéronme que sen auga non podería alimentarme e medrar.
Hoxe espertei. Hoxe é o día. Xa sei cal vai ser o soño que quero que se cumpra:
MEDRAR TANTO, TANTO, QUE ALGÚN DÍA CHEGUE A SER TAN ALTA COMA ESES PIÑEIROS QUE ME MIRAN CON CARA DE SORPRESA

                                                             Ivana Polo


Ah, pero aí non quedou a cousa porque os nenos de 3º ademais de facer murais con poemas alusivos e frases, aprenderon e recitáronos un poemiña de Manule María: "A bidueira", que di así:
¡Que branca é a abidueira!
¡Cara ó ceo anda a soñar!
¡Feita zoca, anque non queira,
moita lama ha de tripar!

Por último, prantamos o nosos bidueiro




DÍA DA PAZ

   Este ano, coma en anos anteriores, fixemos varias actividades relacionadas como fomento da tolerancia e da paz, precisamente coa intención de conmemorar este día.
Pegamos as nosas mensaxes na pomba
Lemos os nosos manifestos en varias linguas


Ademáis das que cada grupo traballou a nivel de aula durante as dúas semanas previas, organizáronse unhas en común. Desgraciadamente o día non acompañaba como para poder facelas no exterior, así que contentámonos con facelas no ximnasio, neste caso, o importante é o fin, non os medios ;)
 Así que cada grupo, logo de actividades de aula, postas en común, debates,... escribiu a súa mensaxe nunha tira de papel, e cada neno/a a súa propia na silueta da súa propia man; e poñendo todas as mans unidas nun xesto simbólico, cubrimos o mural dunha pomba que aínda a día de hoxe temos exposta na entrada. Durante o acto común léronse manifestos dos distintos grupos, cantáronse cancións, recitáronse poemas en todas as linguas que traballamos, incluso linguaxe de signos e colgáronse da nosa pomba todas as tiras coas mensaxes.


Xuntámonos no ximnasio
Lemos os nosos manifestos




Por último, saímos todos os grupos ao patio  cuns globos coas nosas mensaxes, e soltámolos para facer partícipes do noso pensar ao resto do MUNDO.