12.6.19

METEOREFRANS DO ALUMNADO DE 4º

As rapazas e rapaces de 4º fixeron unha escolla de REFRÁNS chulísima, e moi apropiada para este tempo de maio !.

O vídeo fíxose cos debuxos deles mesmos. 

Galdiño davos as gracias porque o PROGRAMA DE METEOESCOLAS está á funcionar moi ben:xa sabe que facedes  recodilla de datos da nosa caseta metereolóxica de forma quincenal e o recolledes nun caderno feito por vós.





VIDEO DE TODO O ALUMNADO DE GALDO; O COIDADO DO MONTE

Ola rapazada :)

Este é o produto final de todo o traballado durante este curso, resumido nun video. O coidado do medioambiente, a reciclaxe,  a redución do plástico no centro,a reutilización... a repercusión do aprendido sobre como coidar o monte... recollido nunhas imáxenes, voces e música.

GRAZAS RAPACES E RAPAZAS, GALDIÑO está moi contento de ver que aprendestedes moito, ogallá todo isto serva para provocar como mínimo unha pequena reflexión en vós e nas vosas familias.


MIRADE O VOSO TRABALLO !




11.6.19

PROGRAMANDO O ESCORNABOT NA CLASE DE MATEMÁTICAS

Na clase da mestra Conchi, o alumnado intenta traballar as matemáticas, os polígonos, a través do ESCORNABOT.


MIRADE QUE CONTENTOS!




9.6.19

FORMACIÓN STEAM, E-TEXTILES

O pasado mes de abril tivemos a gran sorte de facer unha formación  STEAM no #coledegaldo con PAOLA GUIMERAINS. Aprendimos que o STEAM non so é a programación scratch senon que existen miles de posibilidades como os E-TEXTILES. O equipo de biblioteca tivemos a sorte de coñecer a Paola nas xornadas de bibliotecas en Santiago, celebradas tódolos anos no mes de novembro; despois volvimos ir a outra ponencia nos ENCONTROS PLAMBE19 e pensamos que isto ía ser moi motivador para o noso alumnado, aproveitar a costura creativa coa programación; traballo da competencia computacional. Dende o entroido ( que coseron eles mesmos os seus disfraces) xa saben o que é COSER, agora sería engadirlle a parte robótica.

A clase de 4º de ROBÓTICA, coa mestra Cintia, comezaron nesta andaina. Primeiro familiarizáronse cos led, cables conductores e a polarización +,- dun circuito. 

Nas seguintes sesións intentarán coser no fieltro o fio conductor para facer funcionar estes led.

MIRADE QUE CARAS DE ABRAIO !


CLUB DE CIENCIAS, GUSANOS DE SEDA

OLA RAPAZADA :)

Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP levan un tempo investigando  a  METAMORFOSE DOS GUSANOS DE SEDA, en vivo e en directo.

Primeiro foron á biblioteca a buscar o libro de INVENTARIO DE  INSECTOS da editorial de KALANDRAKA, documentáronse porque non podían creer que un gusano de seda se convertiría nunha bolboreta. 

Grazas ao microscopio dixital ( mercado co orzamento do club de ciencias ), viron no ordenador como era a sua apariencia cando estaban minúsculos... déronlle de comer MOREIRA e foron medrando dunha forma espectacular en pouco tempo. 

Ademáis de aprender a coidar e respectar a natureza, tamén traballamos a competencia matemática( xa que foron medindo coa regra os cm. que crecían por semana) e a competencia dixital ( aprenderon a usar o microscopio dixital).

Como a profe Cintia era a encargada de traer as follas de moreira tódolos días, decidiron plantar unha árbore no patio, agora xa temos comida no noso cole, que maravilla ! 

Nestas fotos podedes ver como medraron, xa temos dous gusanos fora do nido empezando a súa METAMORFOSE... 

XA VOS IREMOS CONTANDO...



THE MBOT PROJECT, proxecto ARDUINO...

OLA RAPAZADA ROBÓTICA !!

Xa fai tempo que tiñamos preparada esta película, concretamente o curso pasado co mestre MARCIAL, encargado de dar a ROBÓTICA na clase de 6º.

Todo comezou cun MBOOT... o alumnado tiña que programalo...pero para que??


 QUEREDES SABER QUE OCORREU???

MIRADE....esta peli é digna dun ÓSCAR, non si???




GUSTOUVOS?? POIS VELAQUÍ TENDES A SEGUNDA PARTE...

"CAPÍTULO II , OPERACIÓN ARDUINO"







VIDEOPOEMAS DO ALUMNADO DE 2ºE.P

Galdiño segue a recibir traballos de POESÍA, ainsss..e que a POESÍA e a  NATUREZA xuntas son taan FERMOSASSSS...

MIRADE QUE BEN RECITAN AS NENAS E NENOS DE 2º

#porfavorlepoesía #rosalíadecastro



APRENDEMOS MEDIDAS DE LONGITUD NA CLASE DE MATEMÁTICAS 5ºEP

OLA RAPAZADA :)

Sabedes o que é o FLIPPED CLASSROOM ou clase invertida?? neste ENLACE explica moi ben o que é.

Este método está funcionando xenial  nas clases de MATEMÁTICAS DE 5ºEP onde o alumnado, unha vez explicados os contidos do día polo seu mestre, REALIZAN UN VIDEO EXPLICATIVO (coa mestra Inés) que posteriormente será colgado no tema en E-DIXGAL para que os compañeiros/as nas súas casas o visualicen e traian as dudas para a seguinte clase. 

É un método efectivo, xa que, o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe ademáis de MOTIVADOR. 

Estamos experimentando esta metodoloxía INNOVADORA, pouco a pouco, nas clases de matemáticas. Xa fixeron algo nas clases de lingua castelá co libro de lectura WONDER... imos por bo camiño !

MIRADE QUE BEN EXPLICADIÑO !




GAÑADORES DO CONCURSO LETRAS GALEGAS 2019 DA BPM DE VIVEIRO

OLA RAPAZADA!!

Galdiño está supercontento! chegounos un comunicado da BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL do #concellodeviveiro, temos  NOVE GAÑADORES nas diferentes categorías, bravooooo!! sodes uns artistas. 

A entrega de premios tivo lugar o día 8 de xuño ás 13:00h no local da biblioteca municipal.

GAÑADORES

NA CATEGORÍA DE NARRACIÓN:
  1. ANTÍA ROUCO FERRO, 4º E.P
  2. INÉS BEN OROSA, 4º E.P.
  3. PABLO GALLEGO GOLPE, 5º E.P
  4. PAULA DA SILVA PAJÓN, 6º E.P
  5. ANDREA FERREIRO BASANTA, 6º E.P
NA CATEGORÍA DE DEBUXO:

  1. LARA VÁZQUEZ ADRIO
  2. MARÍA REGUEIRA DÍAZ
  3. MARA ESPIÑA BLANCO

BRAVO RAPAZAS e RAPACES, Galdiño está moi orgulloso de vós, soubéstedes plasmar de forma escrita e artística todo o traballiño que estamos a facer no #coledegaldo polo medio ambiente, hoxe DÍA DOS OCÉANOS...

NORABOA ! #concellodeviveiro #bibliotecapúblicamunicipal







CLUB DE CIENCIAS: ALUMNADO DE 4º FORMA UN TORNADO

BOAS RAPAZADA :)

O alumnado de 4ºEP estivo experimentando como se forma un TORNADO, xa que participan no programa METEOESCOLAS. 

Despois deste temporal pasado chamado "Miguel", querían saber como se podía formar un tornado, menos mal que en Viveiro non houbo ningún, jajajaja.

Primeiro estiveron documentándose na biblioteca cos libros científicos que Galdiño mercou para o Club de Ciencias e recolleron ditos datos nun caderno de campo moi chulo feitos por eles mesmos.

MIRADE QUE TRABALLO DE INVESTIGACIÓN MÁIS INTERESANTE...



ESTA É A FOLLA DE REXISTRO DOS EXPERIMENTOS FEITOS NO CLUB DE CIENCIAS :)





6.6.19

MERCADIÑO INFANTIL NO I MERCADO VIVEMAR

OLA RAPAZADA :)


Dende o Concello estase a organizar para este sábado o I Mercado VIVEMAR, no que se realizará un mercadiño infantil.

O sábado día 8 de xuño, é o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS, así que animádevos a levar xoguetes de material de refugallo ou aquelas cousiñas que xan non utilicedes, xa sabedes que dende o #coledegaldo ensinamos a :


REDUCIR,RECICLAR E REUTILIZAR


#senplásticomellor,#concellodeviveiro, #maressenplástico


ESTE É O PROGRAMA :)


DÍA DO MEDIO AMBIENTE #5dejunio

Ola rapazada :)

Hoxe celébrase o día do MEDIO AMBIENTE, ainda que no cole xa levamos a cabo diferentes actividades durante todo o curso para coidar o noso medio, hoxe puidemos ver un VIDEO feito polo alumnado de 6º de EP onde os nenos e nenas de infantil foron os protagonistas.


MIRADE QUE RESPOSTAS MÁIS INTERESANTES...

#ocoidadodomonte