5.12.16

MAGOSTO 2016!

No blogue "Con N de Nosa" podedes ver a celebración do Magosto!
Premede na imaxe e poderedes ver a recollida de castañas, os xogos populares e a desgustación das castañas asadas!






29.11.16

SAMAÍN ´16

E chegou Samaín! Neste mes de novembro o colexio de Galdo encheuse de medo e misterio. Para comezar deixamos un vídeo onde aparecen algúns alumnos/as preparando as cabazas nas súas casas.! Logo estas cabazas e unha morea máis, adornaron os corredores do noso colexio.





caba - Kizoa Editar Videos - Movie Maker




Ademáis, as portas das aulas e a entrada do colexio estaban terroríficamente divertidas!                                                  

Tamén nos convertemos en grandes cociñeiros preparando unhas receitas de medo que logo compartimos cos nosos compañeiro na festa de Samaín!
                     

Galdiño púxonos no expositor, unhas recomendacións de libros de medo apropiados para estas datas.

                        


No blogue de N de NOSA tamén podedes atopar unha entrada desta festa: http://con-n-de-nosa.blogspot.com.es/2017/01/cabazas-no-samain.html

28.11.16

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA

"TI IGUAL CA MIN"

Neste día que se celebra o Día internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre isto,e, un xeito de facelo é a través dos CONTOS,que nos contan historias de cada día,nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá,moitas veces sen nos decatar. 

Por iso decidimos facer unha sesión contacontos,na que os protagonistas foran os nenos e nenas de 6º curso e 4º curso. Na  sesión da mañá, o alumnado de 6º curso elixiu o libro de ROSA CARAMELO, da editorial Kalandraka, para leerlles aos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º curso. Fixérono xenial, Julen e Fátima metéronse no papel de Rosa Caramelo e os seus pais.

Pola tarde, o alumnado de 4º curso fixo unha "performance" do conto ARTUR E CLEMENTINA,tamén da autora Adela Turín, mentras que o papel de Artur foi representado por Brais, Bruno e Iago, Clementina foi interpretada por María. As súas compañeiras Mara,Shaila,Lucía,Andrea e Paula coa cara cuberta,representaban os diferentes sentimentos a través de palabras...palabras FEAS...que se deberían convertir en palabras BONITAS... esta era a forma de ver que tiveron os nosos alumn@s.

Para rematar a sesión, o mestre Marcial e a mestra Rebeca tamén fixeron unha sesión de contacontos co libro O PAÍS DOS MANDÓNS.

Rematamos o día cun photocoll e cantando todo o colexio, xunto coa comunidade educativa, a canción de Malú e Manuel Carrasco "QUE NADIE".









22.11.16

MOCHILAS VIAXEIRAS DE INFANTIL

Este curso está en marcha a mochila viaxeira!Esta, é unha experiencia pensada para o fomento e disfrute da lectura en familia.
É o soporte que nos permitirá levar á casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos.
Nestas mochilas incluímos unha gran variedade de libros: contos, libros de receitas, adiviñas, libros-CD libros para as familias e un caderno viaxeiro no que se convida ás familias a valorar esta experiencia. Nel pódese pegar fotos, comentar, debuxar...
·
Cada luns realizamos o sorteo da mochila. Poderemos disfrutar dela unha semana (de luns a luns).

Estamos desexando que nos toque!






31.10.16

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017

O pasado día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares.
No noso colexio temos unha biblioteca e nela atópase un bibliotecario un pouco especial. Aos nenos e nenas de 4 anos chegoulles unha carta na que os mandaba seguir unhas cenorias que estaban tiradas no chan  e así  descubrir quen era ese bibliotecario .

Pois si! É o coello GALDIÑO!

19.9.16

CURSO 2016-2017

Aquí estamos un ano máis. Neste blogue poderedes ver parte das actividades realizadas no CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo no curso 2016-2017.

23.5.16

LETRAS GALEGAS 2016

Ola queridos seguidores,
Xa sabemos que non foi sen tempo, pero por fin a temos lista para que a vexades!
Referímonos á nosa actuación da pasada celebración das Letras Galegas en honra a Manuel María.
Nesta actuación quixemos dar a coñecer o máis significativo da súa vida e sobre todo da súa obra a xeito de historia. Unha historia na que un neno, Manuel María, soña... e os seus soños están engailados ata que el mesmo os libera.

              
Parte das narracións están recollidas dos textos orixinais do autor, e as cancións son versións cantadas dos seus poemas.
Esperamos que vos guste!