3.2.18

O MECO MANDA...

Co Entroido chega tamén o Meco! A partir de hoxe e, durante a vindeira semana, o Meco daranos unha consigna a cal debemos traer posta á escola. Esta orde é acumulativa, é dicir, o martes traeremos posto o que nos mande, máis o que xa nos mandou traer o luns, e así sucesivamente.
Así que...preparados...listos...XA! COMEZA O ENTROIDO!


CONSIGNA PARA O LUNS!



ENTREVISTA A SOFÍA ESPIÑEIRA EN RADIOGALDO!

Premendo na imaxe podedes acceder ao blogue RADIOGALDO para escoitar a entrevista realizada á nosa artista convidada polo día da Paz: SOFÍA ESPIÑEIRA!