21.4.14

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.


"Un libro é o mellor amigo do mundo,
corríxete sen que te avergonces 
e enséñache gratuitamente".

Carmen de Máximo, coas súas palabras anima a todas as persoas a ler, a disfrutar e a aprender cos libros e cos Audiolibros.


O curso pasado, por esta mesma celebración publicamos as vosas respostas á pregunta
Que é para ti un libro?  na  Biblioteca. 

Esta vez,estamos interesados e queremos que fagades as vosas recomendacións. A pregunta é:

Cal é o teu libro favorito e por qué? Que libro recomendarías para a súa lectura?


Para poder contestar é necesario pensar, ir a ese fermoso disco duro que tedes na vosa cabeza e rescatar aquel libro, aquela portada, aquel título, aquela agradable sensación... Seguro que ese libro está na Biblioteca do cole, noutra biblioteca ou na casa.
 Pois, sería interesante que o atopárades, o rescatárades e elaborárades a vosa recomendación.

O Equipo de Biblioteca agarda polas vosas recomendacións para poder publicalas.
Se xa tedes claro cal é o libro que queredes recomendar non tedes máis que dicilo.
  Queremos ver, oír e ler as vosas recomendacións!

Lembrade que non todos os libros son contos. Existen moitos libros diferentes: libros de texto da escola, libros de consulta, libros informativos, Albumes ilustrados, Audiolibros,... Libros!


As familias, desde a casa tamén podedes facernos chegar as vosas recomendacións!

Agradecemos a participación e as vosas achegas!

Galdiño estará agardando a saber cales son os libros favoritos dos lectores da Biblioteca.



3 comentarios:

  1. Ola son Yago de 3º. O libro que máis me gusta é "Luís vai a praia" de Guy Delisle. Gustoume porque é un cómic,e aínda que non ten ningunha palabra enténdese moi ben.E tamén gustoume porque ten moitas cousas graciosas.
    A sí,o temos na biblio do cole!

    ResponderEliminar
  2. Recomendamos como familia, un libro para toda a familia. Chámase "Avós" de Chema Heras e Rosa Osuna. Ed. Kalandraka.
    Todas as súas páxinas están cheas dunha gran ternura reflexadas tanto nas palabras como nos debuxos. Esperamos que vos guste.

    ResponderEliminar
  3. Ola. Eu, que son bastante "león", teño na miña mente moitos libros dignos de recomendar pero hai un que me impresionou enormemente: A HISTORIA INTERMINABLE, de Michael Ende. É un libro moi gordo pero que me enganchou e lino, a primeira vez, cáseque de corrido!
    Despois relino algunha vez mais!

    ResponderEliminar