Estamos a poucos días das merecidas vacacións de Nadal, nótase na decoración que empeza a verse no cole; e estamos cada vez máis nerviosos e nerviosas, non só porque nos portamos moi ben e, de seguro, o Apalpador nos traerá algo (ata pode que tamén Papá Noel e os Reis) senón tamén porque estamos preparando as nosas actuacións para o festival que teremos o xoves 21.
Amosando publicacións coa etiqueta Normalización b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Normalización b>. Amosar todas as publicacións
19.12.17
15.5.17
INFANCIAS DE CINE
MICROREDE
Este foi o noso proxecto, dentro do título "A MARIÑA CON MOITA ARTE",o cine...pero non calquera película,senon a máis importante para as nais e pais do noso alumnado,aquelas películas que marcaron a súa infancia. Para iso,un ano máis,vos pedimos a vosa colaboración e como non,de novo,felicitarvos dende aquí, xa que, neste centro participa o 100% das familias.
O equipo de biblioteca preparou unha carta coa seguinte información:
Pouco a pouco foron chegando os traballos....e púxemonos a pensar que formato elixiríamos para expoñer todo isto. Para isto sempre temos as PEDAZO IDEAS da mestra Mari,a expresión plástica é o séu....así que recreo un recanto de cine...con rolos de películas,tickets de entradas,unha claqueta e como non,as palomitas...
Podedes imaxinar cal foron as películas que máis se viron??..pois E.T, MERY POPINNS,e a serie de VERANO AZUL. Os nenos e nenas estiveron moi interesados nisto,paraban a mirar, ainda que non eran películas que eles e elas viran...gústáballes investigar...un éxito total.
Logo de estar 10 días no centro,mudamos para EXPOÑER NO CONCELLO (dende o 8 ao 11 de maio) ,xunto con 10 centros máis, e facer a exposición conxunta da MICRORREDE.
Neste blog tedes toda a información do traballo conxunto coas outras bibliotecas.
http://microrredeamarina.blogspot.com.es/
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
Microrrede,
Normalización
7.5.17
INFANCIAS DE CINE
Aquí vos deixamos unha mostra do que nos traemos entre máns estas últimas semanas.
Trátase dun vídeo da exposición de traballos que fixemos coas nosas familias todos os nenos e nenas do cole. Neles representamos aquelas películas que os nosos pais e nais lebran con especial cariño e viron cando tiñan a nosa idade, e que dun ou outro xeito marcaron a súa infanciia. É algo máis que podemos compartir con eles, e encantounos facer este traballo. Quedou bonito, non si?
No vídeo podedes ver a exposición que fixemos no cole, pero si queredes vela vós mesmos xunto cos traballos doutros dos nosos compas dos outros coles da Microrrede, só tedes que pasarvos calquer día da semana que vén polo Concello e a Biblioteca Municipal de Viveiro.
Que o disfrutedes !!!! :)
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
Microrrede,
Normalización
4.5.17
EXPOSICIÓN DA MICROREDE
"A MARIÑA CON MOITA ARTE"
Este é o cartaz deste ano, realizado polo profesor do IES MARÍA SARMIENTO, Primitivo.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
Microrrede,
Normalización
14.3.17
6.3.17
EU SON ROSALÍA
O día 24 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro. Para iso, durante as semanas anteriores e posteriores traballouse, dende todo o colexio, a esta famosa escritora galega.
Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega e dende o equipo de Biblioteca do colexio, elaborouse un "photocall" e realizouse esta fermosa exposición cos traballos realizados.Xa que estabamos traballando o cómic,contouse a súa vida neste formato. O alumnado de 4º curso traballou o poema PARA A HABANA,que logo de maduralo,entendelo....fixeron algo distinto...un RAP,onde a música foi feita polo mestre Marcial,uns auténticos raperos rapaces!!!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
Normalización,
Rosalia
23.2.17
ENTROIDO CÓMICO
Nesta ocasión e para seguir coas actividades enmarcadas no Proxecto Europeo Erasmus +, "JUST READ!" e relacionadas tanto con Biblioteca como con Normalización, os distintos grupos quixeron representar algúns dos cómics e bandas deseñadas máis populares de todos os tempos. É así que os de 3 anos foron Mafaldas, os de 4 e 5 anos foron Zipi e Zape; 1º e 2º os Bolechas; 3º e 4º Popeye e 5º e 6º foron Asterix.
Durante as semanas previas ao desfile do día 24 polas rúas de Viveiro, os distintos grupos leron, visionaron, fixeron murais e aprenderon sobre o cómic e banda deseñada, e en especial, do cómic que ían representar, asi como confeccionaron os disfraces correspondentes.
Dende as clases de Ed. Fisica e Música, preparouse a posta en escena como toque final: as coreografías,cancións e representacións dramatizadas dos distintos grupos.
Para ver as fotos só tes que ir á Galería ou ben clicar aquí.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CÓMIC,
Entroido,
EXTRAESCOLARES,
Normalización
11.1.17
FESTIVAL DE NADAL E ENTREGA DE PREMIOS
No mes de decembro celebramos o festival de Nadal. Nel participou todo o alumnado do colexio realizando unha canción típica destas datas. Deixo o enlace da galería da páxina web do colexio onde podedes ver todas as fotografías:
Aproveitamos a ocasión para dar os premios ós gañadores dos concursos "Decora o teu peón" e "Relatos de medo".
Noraboa aos gañadores!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EXTRAESCOLARES,
Nadal,
Normalización
5.12.16
MAGOSTO 2016!
No blogue "Con N de Nosa" podedes ver a celebración do Magosto!
Premede na imaxe e poderedes ver a recollida de castañas, os xogos populares e a desgustación das castañas asadas!
Premede na imaxe e poderedes ver a recollida de castañas, os xogos populares e a desgustación das castañas asadas!
Etiquetas:
EXTRAESCOLARES,
MAGOSTO,
Normalización
19.9.16
CURSO 2016-2017
Aquí estamos un ano máis. Neste blogue poderedes ver parte das actividades realizadas no CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo no curso 2016-2017.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EXTRAESCOLARES,
Normalización
23.5.16
LETRAS GALEGAS 2016
Ola queridos seguidores,
Xa sabemos que non foi sen tempo, pero por fin a temos lista para que a vexades!
Referímonos á nosa actuación da pasada celebración das Letras Galegas en honra a Manuel María.
Nesta actuación quixemos dar a coñecer o máis significativo da súa vida e sobre todo da súa obra a xeito de historia. Unha historia na que un neno, Manuel María, soña... e os seus soños están engailados ata que el mesmo os libera.
Parte das narracións están recollidas dos textos orixinais do autor, e as cancións son versións cantadas dos seus poemas.
Esperamos que vos guste!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
Letras Galegas,
Normalización
6.7.15
MANUEL MARÍA NAS LETRAS 2016!
Unha das novas que saía en prensa e en televisión este fin de semana foi que o presidente da Real Academia Galega RAG ,Xesús Alonso Montero ,anunciou que o homenaxeado das Letras Galegas 2016 será o poeta lucense da Terra Chá...MANUEL MARÍA.
Para nós...unha alegría! Pois...gústanos a súa poesía!
Ademáis, a Real Academia de Galdo considera esta figura idonea para traballar no eido escolar polo seu grande valor didáctico . Ideal para traballar coa xente menuda!
Temos moitos recursos e o respaldo da Fundación que leva o seu nome
Ligazón á Fundación Manuel María
Un clásico da nosa literatura infantil... OS SOÑOS NA GAIOLA. (1ª edición no 1968) Existe o libro disco, proxecto de Suso Vaamonde 2006 a partir dos poemas.
Poemas que falan....do noso e da nosa!
O primeiro poema leva por título GALIZA e di así:

GALIZA
Galiza docemente
está ollando ao mar;
¡ten vales e montanas
e terras para labrar!
Ten portos, mariñeiros
cidades e labregos
¡cargados de traballos
cargados de trafegos!
Galiza é unha nai
velliña, soñadora
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento.
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!
Galiza somos nós:
a xente e máis a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
Letras Galegas,
Normalización
3.6.15
CONCURSO LETRAS GALEGAS. PREMIADAS EN NARRATIVA E DEBUXO!
Tres alumnas de 4º de Primaria do noso colexio resultaron premiadas no Concurso Letras Galegas, iniciativa da Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro.
Sara Díaz,
Diana Fernández
e Ángela López
Este luns, 1 de xuño de 2015, tivo lugar na Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro a entrega de diplomas e premios. O acto estivo presidido pola nosa alcaldesa María Loureiro. Asistiron responsables de Bibliotecas Escolares dos centros da zona, familias e os e as protagonistas das narraccións e debuxos premiados.
Noraboa a todos e a todas! Se non é doado escribir sobre a realidade, menos doado resulta representar o que non o é, a ficción, o futuro, galaxias imaxinarias,...historias de outros planetas!
Os e as xoves promesas da narración e debuxo resultan caras coñecidas...O colexio de Covas tamén conta con varios premios entre esta ducia de afortunados que soupo conquistarnos coas súas historias!
Entrevistaremos a Sara, Ángela e Diana para que nos informen máis polo miúdo das súas historias contadas en texto e en imaxes. Así, iremos completando esta entrada!
Sara Díaz,
Diana Fernández
e Ángela López
"Da Ciencia á ficción,: o home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc..." ese era o tema que narraron e ilustraron esta xove rapacería. No seu maxín misturaron planetas existentes e inventados, historias de aventuras e tamén de amizade, viaxes ao descoñecido, novas e futuras conquistas e convivencias...
La Voz de Galicia 2/6/2015
Este luns, 1 de xuño de 2015, tivo lugar na Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro a entrega de diplomas e premios. O acto estivo presidido pola nosa alcaldesa María Loureiro. Asistiron responsables de Bibliotecas Escolares dos centros da zona, familias e os e as protagonistas das narraccións e debuxos premiados.
Noraboa a todos e a todas! Se non é doado escribir sobre a realidade, menos doado resulta representar o que non o é, a ficción, o futuro, galaxias imaxinarias,...historias de outros planetas!
Os e as xoves promesas da narración e debuxo resultan caras coñecidas...O colexio de Covas tamén conta con varios premios entre esta ducia de afortunados que soupo conquistarnos coas súas historias!
Entrevistaremos a Sara, Ángela e Diana para que nos informen máis polo miúdo das súas historias contadas en texto e en imaxes. Así, iremos completando esta entrada!
18.5.15
EXPOSICIÓN NO COLE....."OS SOÑOS NON PODEN ESTAR ENGAIOLADOS"
Ola a tod@s!!! por fin o noso corredor está cheo dos traballos do noso alumado,pero QUE PRECIOSIDADES!!!
Como dixemos na entrada anterior, este ano no cole de Galdo decidimos traballar dende infantil ata 6º de primaria o libro de Manuel María, "OS SOÑOS NA GAIOLA"
Como dixemos na entrada anterior, este ano no cole de Galdo decidimos traballar dende infantil ata 6º de primaria o libro de Manuel María, "OS SOÑOS NA GAIOLA"
Xa que o produto final de todo este traballo será facer uns lilbros por ciclo, este ano ían cun formato determinado para cada curso, xa veremos o resultado final. O equipo de Biblioteca decidíu repartir o traballo da seguinte forma:
Os nenos e nenas de 3,4 e 5 anos decidiron traballar os poemas relacionados co MUNDO: O SOL,A LÚA,O ARCO DA VELLA,O VENTO,O RÍO, O MAR,A ESTRELA SEN NOME.....
No primeiro ciclo, os cursos de 2º e 3º traballaron AS COUSAS.....AS CAMPÁS,O MEU BARCO,O MUIÑO,O OURIZO,A FOUCE,O FOGUETE,O ARADO,O CARRO,O BOLO...
No segundo ciclo,3º e 4º elixiron GALIZA...coa súa MUIÑEIRA e os séus animais..O SEÑOR GATO,O LOBO,O AÑO,A BOLBORETA,A PITA CHOCA,A VACA,O MEU BURRIÑO,O GALO,O LOBO..
E no tercer ciclo, 5º e 6º quixeron coñecer os PAXAROS....O CUCO,O PARDAL....e todas aquelas cousas que se refiren ao mundo dos HOMES, NENOS E NENAS....así que viñeron poemas ilustrados do LABREGO,A FESTA DO PATRÓN,XOGOS,O LUME NOVO, A BONECA ( feita cunha caroza de verdade...que prediosidade..) A RODA RODA,.....
QUE VOS PODO CONTAR!!!!
POIS PARA QUE VEXADES A MARABILLA DE TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS....AQUÍ TEDES UN VIDEO RESUME DA NOSA EXPOSICIÓN., PERO NON DEIXEDES DE VIR A VELOS EN PERSOA...:)
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EXTRAESCOLARES,
Letras Galegas,
Normalización
13.5.15
MICRORREDE. ACTIVIDADES DE BIBLIOTECAS ESCOLARES!
Hoxe temos unha cita ás 18:00h na Sala de Usos Múltiples do Concello, na Plaza Maior.
Inagúrase a Exposición conxunta de traballos das Bibliotecas Escolares da Microrrede da Mariña "O Refraneiro de Cervo a Viveiro".
Hoxe da comezo o Programa de Actividades
18:00h
Inagúrase a Exposición conxunta de traballos das Bibliotecas Escolares da Microrrede da Mariña "O Refraneiro de Cervo a Viveiro".
Cartel feito por María Pernas para o evento.
Unha Semana importante onde se realizarán actividades dinamizadoras de Fomento da Lectura e das funcións das Bibliotecas Escolares de Galicia, neste caso concretada na zona da Mariña nun gran esforzo de coordinación entre Equipos de Biblioteca dos centros participantes.Hoxe da comezo o Programa de Actividades
18:00h
Logo dun Acto de Inaguración da Exposición e a un elaborado discurso escrito por Mari Luz de Xove, a EEI San Roque, de Viveiro fará un teatro de títeres para representar un dos contos máis coñecido e dos favoritos da poboación Infantil: Cocorico!
A continuación o noso cole de Galdo desenvolverá unha actividade integradora que trata de fomentar a lectura e xuntar xeracións: Hai libros para todos!
Non sabemos como nos irá neste comezo, baixas de última hora, nervios, sen tempo a ensaiar...
Seguro que é un exitazo! Prometemos que , en canto podamos, contaremos como foi!
Non se pode estar ao mesmo tempo na misa e máis repenicando!-di o refraneiro. Pero de seguro que haberá fotos e moito que contar...
Vide e disfrutade, se podedes! En vivo e en directo...actuacións, moito que ver e moito que ler!
O NOSO REFRANEIRO, da zona! Animádevos, familias!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EXTRAESCOLARES,
Microrrede,
Normalización
23.4.15
DÍA DO LIBRO, TODOS OS DÍAS!
Cervantes e Shakespeare, protagonistas do Día do Libro, o 23 de Abril.
Mes de abril é mes do LIBRO!
En Galdo queremos celebrar o día do libro lembrando unha gran obra española e literaria, de Cervantes: O Quixote!
Un libro e moitas versións do mesmo conto! Para grandes e para pequenos. Que todo o mundo mundial poda escoitar e ler as aventuras e desventuras dun cabaleiro da Mancha, loitando con muiños e con muiñeiras!un heroe digno da súa Dulcinea!
.Libros, libros, libros, liiiibrooos, máis libros por favor, que nesta vida o libro máis que libro, LIBRO é! Escoita, mira, le e disfruta!
"Ler é o camiño para coñecer o mundo. Nos contos está toda a sabedoría do mundo", palabras de Xabier P. Docampo, para o Telexornal.
Ler como alimento diario para nutrirse de Cultura, de Saber... É necesario, día a día!
Feiras do Libro. Comezou Pontevedra e agora en Ferrol. Casetas repletas de libros. Con desconto!É para visitalas e mercar un libro, non si? Estamos coa celebración do LIBRO!O agasallo perfecto.
Coñece as novidades, libro CD, libros informativos, álbum ilustrado,...
Para ollar e para mercar! Familias, é necesario arrolar aos novos membros da familia desde meniños.
Non hai berce coma o colo, Gaturux@!
En Galdo queremos celebrar o día do libro lembrando unha gran obra española e literaria, de Cervantes: O Quixote!
.Libros, libros, libros, liiiibrooos, máis libros por favor, que nesta vida o libro máis que libro, LIBRO é! Escoita, mira, le e disfruta!
"Ler é o camiño para coñecer o mundo. Nos contos está toda a sabedoría do mundo", palabras de Xabier P. Docampo, para o Telexornal.
Ler como alimento diario para nutrirse de Cultura, de Saber... É necesario, día a día!
Feiras do Libro. Comezou Pontevedra e agora en Ferrol. Casetas repletas de libros. Con desconto!É para visitalas e mercar un libro, non si? Estamos coa celebración do LIBRO!O agasallo perfecto.
Coñece as novidades, libro CD, libros informativos, álbum ilustrado,...
Para ollar e para mercar! Familias, é necesario arrolar aos novos membros da familia desde meniños.
Non hai berce coma o colo, Gaturux@!
16.3.15
O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO
Actividade da Microrrede de Bibliotecas Escolares dos centros públicos da nosa comarca, concellos de Cervo, Xove e Viveiro. Nun esforzo conxunto polo Fomento da Lectura e a coordinación de Bibliotecas.
O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO.
EN QUE CONSISTE?
Logotipo da Microrrede da Mariña. Creado por María Rolle
O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO.
EN QUE CONSISTE?
Lectura e traballo compartido, nas casas, coa axuda das familias.
Busca dun refrán popular , a ser posible da zona, para escribilo de xeito moi clariño nunha cartolina DIN3 (tamaño doble folio), da cor que se queira.
Representalo de forma plástica/artística. Pódese utilizar todo o que se queira: debuxo, collage, recortes e composición, fotos,...
NA CASA.Por familias ,onde o neno ou nena sexa protagonista da actividade.
COMO? Con moito cariño e como máis nos guste! Imaxinación e Creatividade.
Ao igual que en cursos anteriores vaise facer unha exposición dos traballos na entrada do colexio e posteriormente unha exposición conxunta cos outros centros da Microrrede de Bibliotecas Escolares no Concello de Viveiro.
Durante a semana de Exposición no Concello, haberá actividades varias de fomento da lectura, organizadas e realizadas polos centros participantes.
Case a totalidade das nosas familias coñece este tipo de actividades: Andoriñas, contos con novos finais e Refraneiro, desta volta.
Grazas pola vosa colaboración! Grazas polos vosos traballos conxuntos, desde a familia! Sempre foron traballos boísimos!
Animádevos a participar. Compartide momentos, lede, facede xuntos e vide cos vosos pequenos á Exposición. Disfrutade do Refraneiro e das actividades organizadas por esta Microrrede de bibliotecas.
ALGÚNS CONSELLOS PARA FACER OS VOSOS TRABALLOS MÁIS LEXIBLES E LUCIDOS.
Queredes sabelos? Pois... picade para Ler máis e enriquecede os vosos traballos.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
Microrrede,
Normalización
16.2.15
ENTROIDO DOCUMENTADO! SOROLLA E VISIÓN DE ESPAÑA.
No CEIP Plurilíngüe Santa Rita adoitamos facer os Entroidos temáticos. Verdadeiros Proxectos Integrados e integradores.Para iso unha parte moi importante e previa á preparación do Entroido é a documentación.
O curso pasado, aproveitando a temática do baile do Proxecto Comenius ,montamos unha Mostra Internacional cos Nosos Países, os dos socios comenius ( España , Francia, Rumanía e Polonia) aos que engadimos outros países e culturas implicadas no noso colexio (Italia e EE.UU) e Galicia, claro!
Lembremos como o fixemos para logo entender mellor a temática deste ano e todo o proceso de preparación.
Enlace a Entroido 2014. Con N de Nosa
COMO NOS DOCUMENTAMOS
Documentación directa: Lisa Saponara, auxiliar italiana, Katie, auxiliar americana, colexios socios Comenius, comunidade de romaneses e romanesas da zona, Asociación Bagoas da Terra, responsables da Mostra folclórica Internacional en Viveiro. Ás persoas que saben e que temos ao alcance.
Documentación en libros: destacamos o máis importante, no que nos basamos para preparar os bailes. Bibliografía temática específica que buscamos na Biblioteca ou mercamos para o Proxecto.
Documentación na rede: Para ver os detalles dos traxes e poder plasmalos nas nosas creacións, para estudar e completar as coreografías e os bailes. Google imaxes, festival Martisor no youtube, debuxos e bailes no blog Danzas del mundo...
Canto máis traballemos na fase de documentación, mellor sairá o traballo final. Hai que facelo ben desde o comenzo. Documentarse! Saber do tema para logo poder representalo da mellor maneira.
Valoramos moi positivamente o traballo do ano anterior e este ano quixémoslle dar continuidade.
Sabedes como fixemos? Cal é a temática e por que?
Pois "en breve"... engadiremos un ler máis a esta entrada onde teredes que pinchar para informarvos de todo o relativo ao ENTROIDO 2015.
Mostra folclórica Rexional. Sorolla. Visión de España.
Necesitamos tempo para preparar e publicar a entrada. Mentres, podedes mirar algunhas fotos na Galería de imaxes do cole para facerse unha idea .
Enlace directo á Galería de imaxes. Entroido 2015
Queremos que sexa o propio alumnado o que explique ...
Quen era Joaquín Sorolla?
En que consistía o Proxecto Visión de España?
Como o Ballet Nacional de España plasmou en escena o Espectáculo Sorolla? En que consiste o Espectáculo Sorolla, Siente el vestuario e Bailando a Sorolla?
Por que eleximos esta temática e como nos repartimos o traballo?
Como nos documentamos desta volta?
Estade atentos e atentas á actualización da entrada, á volta do Entroido! No blog Con N de nosa tamén atoparemos máis información sobre esta festa.
Para ter unha idea xeral do tema, consultamos o blog de Ermiclase SON DE LINGUAXES. Escoita, mira e comprende, na etiqueta de Baile...
Enlace ao blog SON DE LINGUAXES

23.1.15
ESPECIAL FESTIVAL DE NADAL
No noso blog de Dinamización da Língua , Con N de Nosa podemos seguir o desenvolvemento do Festival de Nadal: fotos, vídeos e letras das cancións...
O Apalpador e O Festival de Nadal son das últimas entradas.
Visita o blog Con N de Nosa! Entra xa desde os seguintes enlaces.
Enlace a O noso Apalpador
O Apalpador e O Festival de Nadal son das últimas entradas.
Enlace a O noso Apalpador
Etiquetas:
EXTRAESCOLARES,
Nadal,
Normalización
11.12.14
TAMÉN EN VIVEIRO ..MAGÍN BLANCO. GATUXO, GATUXA!
Un bo agasallo para Nadal ! Un agasallo para bebés e familias!
O novo libro-disco de MAGIN BLANCO. Se xa nos conquistara con " A Nena e o Grilo nun Barquiño", esta nova obra non nos deixará indiferentes.
Con xeniales ilustracións da artista brasileira ERICA MARADONA.
Cancións pausadas, alegres e tranquilas, ben coidadas, incluíndo onomatopeas e sons propios de bebés.
Un libro para ver xuntos, comentar as fantásticas ilustracións e compartir momentos agradables en familia.
Estímulos auditivos e visuais moi aproveitables para un bo desenvolvemento da escoita e da fala. Unha magnífica voz feminina para a Gatuxa e a voz de Magín Blanco para o Gatuxo.
Non vos perdades o Espectáculo, en Viveiro! A cita é o sábado día 13 de decembro, no Teatro Pastor Díaz, ás 18:00h.
Un pequeno adianto do Espectáculo...
Haberá que velo en directo, non si?
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EXTRAESCOLARES,
Normalización
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)