Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións

22.3.21

POESÍA NO CAMIÑO

 

MADRIGAL Á CIBDÁ DE SANTIAGO. FEDERICO GARCÍA LORCA


 Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.


Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

 

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

García Lorca, Federico (1978) Seis poemas galegos (Madrid: Akal, Col. arealongiña)

 

 

 

Sabedes que os poemas poden ser versionados por cantautores ou grupos? Aquí tedes un exemplo, dúas versións preciosas para ESCOITAR E SENTIR ! 

 

VERSIÓN DE CARLOS DÍAZ do poema de Federico García Lorca

 


 

VERSIÓN DE LUAR NA LUBRE E ISMAEL SERRANO.






30.5.19

VIDEOPOEMAS ALUMNADO DE 3º


Ola rapazas e rapaces, que tal estades?


Continuamos recibindo traballos do noso alumnado. Hoxe os protagonistas son o alumnado de 3º de Educación Primaria, quen coa súa imaxinación e creatividade, inventaron diferentes poemas, todos eles relacionados co noso medioambiente, que como ben sabedes, é o tema principal que levamos traballando durante todo este curso. 










Como vedes, estas nenas e nenos son uns ARTISTAS.


Ata pronto :)



25.10.18

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Como todos os anos, o 24 de outubro, é un día moi especial, xa que celebramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.




Por que é especial? Encántanos ler, polo que todos os anos estamos desexando coñecer o que vamos facer durante este curso.
Hoxe dámoslle a benvida a temática que traballaremos durante todo o curso, que non é outra como a POESÍA.

¡Este ano o noso alumnado serán POETAS!
.
Galdiño tamén nos contou que este ano investigaremos sobre o MEDIOAMBIENTE, onde indagaremos nas diferentes problemáticas que producen que teñamos contaminación no noso entorno. 


 


Ademais de todo o que vos acabamos de contar, tamén levamos a cabo os APADRIÑAMENTOS, onde os de 3º, 4º, 5º e 6º apadriñaron os nenos de Educación Infantil e 1º e 2º.





 












E xa para rematar, o noso Galdiño tamén lles dixo que durante toda a seguinte semana ían RESUCITAR LIBROS, relacionados todos eles coa temática de Samaín.