29.3.18

DÍA DA ÁRBORE E A AUGA

Ao longo desta semana, como cada curso por estas datas, preparamos varias actividades para celebrar a Semana da Árbore e a Auga.
Entre elas, a lectura dos libros  enviados pola Deputación e actividades sobre os mesmos. Tamén enviaron un salgueiro que prantamos xunto con 3 árbores máis nas zonas de Infantil e Primaria do noso patio. Durante a prantación, os nenos e nenas de 5º e 6º leron varios poemas en Galego e Inglés.
Agora, xa só queda poñerlles nome, o que faremos á volta das vacacións. Ah, e por suposto, coidalas moito :)







 



 

















8.3.18

Érase unha vez... Rosalía.

OLA RAPAZADA :)
Esta semana ímola dedicar á nosa PREZADA ROSALÍA, cada día, na HORA DE LER, teremos diversas actividades de dinamización á lectura,todas elas relacionadas coa vida e obra de dita escritora.

O luns, foi o turno de 5º e 6º curso, fixeron á ESCENIFICACIÓN DA "CRONOLOXÍA ROSALIANA" (contar de forma amena a súa vida e obras) e unha PERFORMANCE  do poema "NEGRA SOMBRA" coa canción de Luz Casal e Carlos Núñez. Para isto documentámonos co libro de "MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA,ROSALÍA DE CASTRO"da editorial URCO.

Este é o video,espero que vos guste.



O martes,foi o turno de 3º e 4º curso,esta vez decidiron utilizar a música dunha maneira moi orixinal. O curso de 3º,traballou co libro-disco "UXÍA,ROSALÍA PEQUENIÑA",da editorial Galaxia,e cantaron "HAS DE CANTAR". O curso de 4º, decidiron rapear; buscando información sobre Rosalía atoparon as WIKIROSALÍAS, unhas nenas que rapean poemas desta autora; elixiron "ALBORADA" porque este poema representa a chegada da primavera que o día 21 de marzo dará comezo coincidindo co Día Internacional da Poesía.

MIRADE QUE BEN O FIXERON!



O xoves, foi o turno de 1º e 4º de infantil; tamén traballaron co libro-disco de "UXÍA, ROSALÍA PEQUENIÑA"; 1º CURSO,recita e canta "ROSALÍA PEQUENIÑA",e as nenas e nenos de 4º de infantil, recitaron unha estrofa do poema "ALBORADA".






E o venres foi  o turno do alumnado de Infantil e 1º curso, que fixeron diferentes recitados:
  • As nenas e nenos de 6º de infantil,traballaron co libro dos BOLECHAS, AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS, ROSALÍA, da editorial Bahía, recitando "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES".
  • As nenas e nenos de 5º de infantil, traballaron co libro de "ROSALÍA PEQUENIÑA" e fixeron "MAIO LONGO",pero unha versión coa música de Carlos Núñez".


  • 2º curso "XAN", unha poesía que nos fai reflexionar neste día da MULLER TRABALLADORA, un Xan que facía tódalas cousas dentro e fóra da casa,vamos ,como di Rosalía, un Xan moi compreto.
PRONTO PODEREMOS VER QUE BEN O FAN !


        

3.3.18

A ANSIADA VISITA DE SOFÍA ESPIÑEIRA


Alá polo mes de novembro, para celebrar o 25N, Día contra a Violencia de Xénero, comezamos a coñecer a Sofía Espiñeira e o seu traballo discográfico "Alá onde agroman as herbas". Gustounos especialmente a súa canción "NON TEÑO MEDO" coa que fixemos un vídeo no que participou toda a comunidade educativa.





Esta canción converteuse nun himno para o noso colexio e todos e todas disfrutamos diariamente ao escoitala. Por iso os nenos e nenas de Galdo non o pensaron dúas veces e pedíronlle a Sofía que nos viñera a facer unha visita.





"SOFÍA VÉN UN DÍA, SOFÍA VÉN UN DÍA..."





E CONSEGUÍMOLO... Sofía visitounos coincidindo coa celebración do Día da Paz. Preparámoslle un escenario chulísimo, cheo de globos con mensaxes de paz. E é que no cole de Galdo NON TEMOS MEDO... a ser felices, a loitar polo que queremos, a compartir, a ser nós mesmos...


La imagen puede contener: interior



Sofía estivo unha tarde enteira con nós e pasámolo xenial!!!

Fixémoslle unha entrevista que podedes escoitar en RADIOGALDO (preme na imaxe).




E despois escoitamos o seu concerto en vivo e en directo. Queredes escoitalo?? 



1.3.18

A TERRIÑA DE GALDO

Novas actualizacións no blogue de Voz Natura!

http://blogs.voznatura.es/ceipsantarita/