23.4.15

DÍA DO LIBRO, TODOS OS DÍAS!

Cervantes e Shakespeare, protagonistas do Día do Libro, o 23 de Abril.

 Mes de abril é mes do LIBRO!


 En Galdo queremos celebrar o día do libro lembrando unha gran obra española e literaria, de Cervantes: O Quixote!

 Un libro e moitas versións do mesmo conto! Para grandes e para  pequenos. Que todo o mundo mundial poda escoitar e ler as aventuras e desventuras dun cabaleiro da Mancha, loitando con muiños e con muiñeiras!un heroe digno da súa Dulcinea!

.Libros, libros, libros, liiiibrooos, máis libros por favor, que nesta vida o libro máis que libro, LIBRO é! Escoita, mira, le e disfruta!

"Ler é o camiño para coñecer o mundo. Nos contos está toda a sabedoría do mundo", palabras de Xabier P. Docampo, para o Telexornal.
Ler como alimento diario para nutrirse de Cultura, de Saber... É necesario, día a día!

Feiras do Libro. Comezou Pontevedra e agora en Ferrol. Casetas repletas de libros. Con desconto!É para visitalas e mercar un libro, non si? Estamos coa celebración do LIBRO!O agasallo perfecto.

Coñece as novidades, libro CD, libros informativos, álbum ilustrado,...
Para ollar e para mercar! Familias, é necesario arrolar aos novos membros da familia desde meniños.

Non hai berce coma o colo, Gaturux@!

17.4.15

LIBROS E LECTURAS...ONDE ÍA LENDO...

Para que non te perdas en ningunha das lecturas.... marca a páxina!
Palabra composta!

marcar + páxina =  marcapáxinas.

Para ser un bo marcapáxinas da Biblioteca...o Galdiño... cenorias, a quen tanto lle gustan as historias!

O Equipo de Biblioteca está moi orgulloso ao saber que ninguén perde as súas páxinas e as súas historias!

Marcapáxinas do coello Galdiño...atréveste a poñerlle cor e tamén texto?

Leva gratuitamente un marcapáxinas de Galdiño e píntao, con sentido cromático, ou non, baixo o teu criterio,... O que sí, pola parte de atrás escribe un texto, unha parte dunha lectura favorita, un lema, algo bonito, para a celebración do Día do Libro.

15.4.15

SABES MANEXARTE NA NOSA BIBLIOTECA? SITUÉMONOS!

Antes de buscar calquera cousiña na Biblioteca, debemos situarnos sobre o plano.
Como está organizado o espazo de biblioteca?
A nosa biblioteca abrangue tantos espacios diferentes que...precisamos deixar moi clariños os planos para todo usuario. Na Planta Baixa e no Primeiro Andar.

PLANTA BAIXA.
Ocupando grande parte da Aula de Usos Múltiples, ZONA DE MARGARIDA E DOCUMENTACIÓN. Ordenadores, libros de consulta e mesas de traballo. Aproveitando tamén o espazo  e a PDI como  pantalla de proxección interactiva e de exposición de traballos e postas en común. Revisión dos artigos dos blogs,redación conxunta,...


A nosa Margarida lembranos o sistema de clasificación por CDU.


Ainda que sexa un marrón... é moi útil esta zona dedicada sobretodo a consulta e documentación. Para facer calquera dos nosos traballos, é a primeira parada. CONSULTA  e DOCUMENTACIÓN. Xa sexa nos ordenadores, na rede ou nas enciclopedias, tanto xeral como temáticas ou máis específicas.BUSCA!
Mesas de traballo para adicarlle tempo ás procuras, Dicionarios ilustrados e bilingües, Enciclopedias e Diciopedias. Un sitio onde cada vez nos sentimos con máis comodidade. Moito aprendemos documentándonos!

Máis , no PRIMEIRO ANDAR...temos moitos contos e moitos libros informativos!A zona preferida para perderse, andar á busca de aventuras e realidades  e facer os préstamos. Levar á casa aprendizaxes de todas as cores e formas.


Unha xeral clasificación por cores indicativas para cada ciclo.
Cada zona conta cunha confortable estructura de sillóns e coxíns , as súas librerías e unha corcheira para publicar distintos traballos que se fan nas aulas.

ZONA VERMELLA. 1º CICLO. Alí atoparemos moito Album ilustrado, algúns libros CD, moitos contos e moita poesía ilustrada. Onomatopeias, Rimas e Animaliños como protagonistas. Primeiros lectores.

ZONA AZUL. 2º CICLO. Un pouquiño máis de texto pero segue a haber moito album ilustrado, moito libro informativo e temático. En Galego, en Español e ata podemos atopar algúns libros bilingües ( os mesmos títulos en Español e en Inglés). Poesía máis pullida.

ZONA AMARELA.3º CICLO. Máis texto e menos ilustracións ou ilustracións máis complexas ou máis abstractas. Moito libro de poesía, dos grandes como Rosalía de Castro, Manuel nMaría ou Celso Emilio. Libros informativos con vocabularios dos traballados en Coñecemento do Medio, Sociales e Naturales. Diarios de rapaces e rapazas que contan as súas inquedanzas, moitos en primeira persoa do singular. Como nos gusta ler os diarios de xente allea, onde encontramos moita identificación e sentimentos moi parecidos aos nosos!

Neste Andar tamén temos a Zona de Préstamos e Xestión, a Consulta dos Mestres ( Espazo de Prensa e Hemeroteca) e unha zona especial, a zona preferida por todos nós. AUTOPRODUCIÓNS. Os nosos Libros e traballos partindo e acabando na Biblioteca Escolar.
Os traballos de Comenius, Dinamización da Lingua, Voz Natura, Plan Proxecta, Consumo, Microrrede de Bibliotecas Escolares e a tendencia a traballar por Proxectos interesantes...deixan pegada na Nosa Biblioteca en forma de Libros artesáns de Producción Propia. Elaborados artesalmente por nós. Moi consultada esta zona, posto que todos os anos temos que facer algo polo Magosto, o Nadal A Paz, o Entroido....polas letras Galegas. Recurrimos a esta zona para saber...qué se fixo!


EN OBRAS...

O Equipo da Biblioteca está a preparar e activa dúas zonas importantes na Biblioteca: a Zona de Infantil, independentemente das boas Bibliotecas de Aula de Infantil.  Unha Zona común de Infantil preparada con divertidos mobles de IKEA...cadeiras e mesas infantís de vivas cores.

Tamén estamos a activar, na zona que precede ao Patio de Recreo da Primaria, unha ZONA DE LECER E DE LECTURA. Os responsables serán alumnado axudante de 6º curso da Primaria. Librerías e ...mesas de traballo...para cando chova, que é a maioría das veces na Mariña de Lugo.

Pero...que Lecturas introducir nesta Zona de Lecer e disfrute?

Instrucións dos Xogos de Mesa. Chistes, Adiviñas, Xogos,...Banda Deseñada.
A idea sempre é a mesma: que se lea! Non importa o momento, o lugar , a idade. Ler é importante!

Na casa, no coche, na escola, no patio, no parque, no prado. Ler é máis que un pracer. Ler é aprendizaxe!

Tan importante como é comer. Necesario todos os días. LER! Alimento diario.
Aliméntate de lecturas, de buscas, de investigacións. Todo é aprendizaxe! LE!

6.4.15

EN ABRIL...LIBROS E LECTURAS MIL

O refraneiro dinos: En Abril, augas mil!. Advírtenos de que pola época de Abril chove. Normal, hai que regar os prados para que en Maio poda ser o mes das flores!

Pois...se chove que chova...
Nós dicimos: EN ABRIL LIBROS E LECTURAS MIL.
En Abril concéntranse varias celebracións relacionadas co Libro e a Lectura.

Día 2 de abril: Día Internacional do libro Infantil.


Desde 1967 celébrase o 2 de abril con actividades dirixidas a fomentar os bos libros infantiles e xuveniles e a lectura entre o público de menor idade.
En Galicia temos moi boa Literatura Infantil e Xuvenil. Álbumes ilustrados, Libro-discos e tamén versións dos clásicos. Moitas son as editoriais adicadas á LIX (Literatura Infantil e Xuvenil). Agora tamén se adican a libros informativos moi diversos.

Esta efemérides, conmemorada polo IBBY (International Board on Books for Young People) lembra o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de algúns dos contos infantís máis célebres da historia.
Cada ano é un país membro de dita Organización o encargado de editar o cartaz anunciador e a mensaxe dirixida a os nenos e nenas  do mundo.



Prema en Ler máis e entérate ademais do cartaz deste ano, o pais e a mensaxe para os nenos e nenas do mundo mundial.



1.4.15

GALDIÑO XA ESTÁ NAS VOSAS CARTOLINAS!



Deseño do adhesivo por María Pernas

Para identificar as cartolinas da Biblioteca escolar de Galdo no Refraneiro de Cervo a Viveiro ... Galdiño xa está nas vosas cartolinas! 

O coello é testigo dos refráns da zona e da súa interpretación!

Despois das vacacións...xa poderemos ver e ler os vosos refráns no corredor principal, na entrada do colexio. Ainda estades a tempo as familias e o alumnado  que queirades completar a Exposición coas vosas cartolinas.


Entroido na casa, Semana Santa na Plaza...ou xusto ao revés...Entroido na Plaza e Semana Santa na Plaza? Un refrán dos favoritos, elexido para a actividade do Refraneiro...Refrán coñecido polas familias de Viveiro.

Haberá que ir á Plaza, se non chove... Que tempo tivemos no Entroido? 

Na Plaza Maior de Viveiro, onde a estatua de Nicomedes Pastor Díaz, a Casa do Concello, a Biblioteca Municipal e camiño do Teatro do mesmo nome do escritor Teatro Pastor Díaz. No centro da vila! Onde ten lugar a maioría das actividades e celebracións que reunen á xente. 

Ás veces a Plaza Maior quédase pequena. É o que está ocurrindo esta Semana de múltiples actividades adicadas ao turismo, actividades culturais e relixiosas. Exposicións de cantería e imaxinería, Exposicións na Sala de Usos Múltiples e na Biblioteca Municipal. Concertos e Axenda cultural no Teatro. Procesións de Semana Santa... 

Tempo para pasear, conversar, disfrutar. Non quededes na casa se non chove. Haberá que ir á Plaza!


A Praza Maior de Viveiro. Cadro de Hipólito Xeada Pena. H-XEADA.