16.3.19

SEMANA DA PRENSA #fridayforfuture

Nesta semana da prensa, vimos como as clases se enchían de periódicos, tanto en papel como dixitais. 

O periódico é unha ferramenta moi boa coa que traballar diariamente, o máis pequenos aprenderon a identificar as diferentes partes dun periódico ( titular, subtitular, pe de fotos, seccións) .

Nas clases de E-dixgal lemos e buscamos noticias diarias, artículos de opinión, cartas ao director, etc xa que trabállase a competencia lingüística e dixital con noticias reais do día a día.

Esta semana traballamos cunha noticia que tiña moito que ver co noso proxecto deste ano, FACER ALGO POLO MEDIO AMBIENTE, xa comezamos dende o curso pasado coa recollida de lixo nas praias, co reciclaxe no centro,tanto no comedor escolar coma no patio e nas aulas, e este ano comprometímonos de fondo no ENTROIDO, facendo os nosos disfraces sen plástico,facendo un guiño ao NOSO MONTE, para traballar co proxecto de @VozNatura.

Hoxe, #15M, en todo o mundo, fixéronse paróns escolares polo #cambioclimático, e o noso cole aportou o seu graniño de area, porque educar no medio ambiente É A NOSA OBRIGA!



                           


OBRADOIROS: XOGOS DE MESA

E seguimos con obradoiros para traballar por unha BIBLIOTECA INCLUSIVA E IGUALITARIA, e que mellor forma que a través dos XOGOS DE MESA, xogos para tódalas idades, pequenos e grandes, nenas e nenos, que divertido xuntarse todos/as na biblioteca, bueno....na LUDOTECA, jajaaja.

Este obradoiro foi impartido polos pais de ROI, (o noso alumno da clase dos verdes), JULIA PEREZ LOUREIRO e IVÁN FERNÁNDEZ FERRO  , os cales  están a levar un proxecto moi interesante chamado: ESPACIO "ALTERNATIVO" A LAS PANTALLAS. 

Dende o equipo de  EDNL e Biblioteca pensamos que para poder aprender a xogar con estes  xogos a mellor forma era a través de grupos internivel, así os maiores podían ser os monitores dos máis pequenos, e vaia si FUNCIONOU!

A través do ABJ (aprendizaxe basado en xogos) son múltiples os contidos que se adquiren: competencias matemáticas, xa que en moitos xogos teñen que sumar, restar, contar, estimar, agrupar; competencias lingüísticas, con xogos de emocións como o "moustro de cores" onde expresan oralmente o que sinten; nocións espaciais e temporais...xogos que poden acompañar  no día a día o currículo das asignaturas que damos.

Por esta razón, dende a biblioteca, iremos mercando ditos xogos para que os #patiosinclusivos sexan moi divertidos.

TEMPORALIZACIÓN

O mércores foi o alumnado de infantil o que probou estes xogos, que atentos e caladiños estaban todos/as!


                               

O xoves, foi o turno para o alumnado de 1º e 2º / 3º e 4º, con xogos máis difíciles e adaptados á súa idade.
                           


O xogo de MONSTER KIT, creado polo mestre @manu_sanchez_montero, tivo moitísimo éxito, eles sumando números e formando sílabas crean os seus monstros disparatados, como mola!

O venres foi o turno do alumnado de 5º e 6º, primeiro aprenderon os xogos impartidos en infantil e 1º /2º ciclo, xa que a idea é que os voluntarios dos #patiosinclusivos sexan monitores e supervisen estes xogos.

Tamén tiveron o seu momento de diversión! Aproveitamos para traballar os textos instructivos (REGLAS dos xogos),expresar EMOCIÓNS,e conceptos matemáticos.