E seguimos con obradoiros para traballar por unha BIBLIOTECA INCLUSIVA E IGUALITARIA, e que mellor forma que a través dos XOGOS DE MESA, xogos para tódalas idades, pequenos e grandes, nenas e nenos, que divertido xuntarse todos/as na biblioteca, bueno....na LUDOTECA, jajaaja.
Este obradoiro foi impartido polos pais de ROI, (o noso alumno da clase dos verdes), JULIA PEREZ LOUREIRO e IVÁN FERNÁNDEZ FERRO , os cales están a levar un proxecto moi interesante chamado: ESPACIO "ALTERNATIVO" A LAS PANTALLAS.
Dende o equipo de EDNL e Biblioteca pensamos que para poder aprender a xogar con estes xogos a mellor forma era a través de grupos internivel, así os maiores podían ser os monitores dos máis pequenos, e vaia si FUNCIONOU!
A través do ABJ (aprendizaxe basado en xogos) son múltiples os contidos que se adquiren: competencias matemáticas, xa que en moitos xogos teñen que sumar, restar, contar, estimar, agrupar; competencias lingüísticas, con xogos de emocións como o "moustro de cores" onde expresan oralmente o que sinten; nocións espaciais e temporais...xogos que poden acompañar no día a día o currículo das asignaturas que damos.
Por esta razón, dende a biblioteca, iremos mercando ditos xogos para que os #patiosinclusivos sexan moi divertidos.
TEMPORALIZACIÓN
O mércores foi o alumnado de infantil o que probou estes xogos, que atentos e caladiños estaban todos/as!
O xoves, foi o turno para o alumnado de 1º e 2º / 3º e 4º, con xogos máis difíciles e adaptados á súa idade.
O xogo de MONSTER KIT, creado polo mestre @manu_sanchez_montero, tivo moitísimo éxito, eles sumando números e formando sílabas crean os seus monstros disparatados, como mola!
O venres foi o turno do alumnado de 5º e 6º, primeiro aprenderon os xogos impartidos en infantil e 1º /2º ciclo, xa que a idea é que os voluntarios dos #patiosinclusivos sexan monitores e supervisen estes xogos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario