Amosando publicacións coa etiqueta DIA DA PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DIA DA PAZ. Amosar todas as publicacións

29.1.21

COMO CHO CONTO POLA PAZ!!

Bo día rapazada!! 

Comezamos este novo ano celebrando o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Xaaaaa, xa sei que é mañá 30 de xaneiro, pero como mañá é sábado e hai que descansar, hoxe celebrámolo no cole. E que mellor maneira de facelo que cun programa especial do COMO CHO CONTO!!

Ah, que non coñecedes o noso programa??

Pois escoitade, escoitade... Que de seguro que vos recorda a algún programa que hai na televisión galega. Xa veredes que palabras tan bonitiñas temos na nosa lingua!!