Unha axenda cultural moi diversa, que reúne nunha actividade conxunta ás bibliotecas escolares da zona.
Os contos clásicos, referente básico nas lecturas ,pero con novos finais adaptados aos tempos actuais. As Comunidades Educativas , alumnado, mestres e familias fixeron posible esta cita cos Contos.
Na Praza Maior, na Sala de Usos Múltiples do Concello, o Martes 13 de maio inagurouse oficialmente a Exposición e o Programa de Actos.
Cartolinas de cores portadoras de contos traballados polos nenos e nenas e polas súas familias.
As golosas e simpáticas cartolinas azuis da EEI San Roque
As cartolinas verdes do IES Vilar Ponte
O libro morado do CEIP de Cervo e
o libro en grande formato do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.
Moradas tamén eran as cartolinas do CEIP de Covas.
As cartolinas vermellas do IES María Sarmiento
Cartolinas blancas do CEP Lois Tobío
E...coincidindo na cor laranxa, as cartolinas do CEIP Pedro Caselles Rollán, de Xove
e as do CEIP Plurilíngüe Santa Rita de Galdo.
Fotos tomadas antes da inaguración e apertura da exposición, mentras as rapazas do grupo de teatro do IES Vilar ponte ensaiaban os seus fabulosos contos musicados.
MARTES 13 DE MAIO
Abríronse as portas ao público para facer a Inaguración oficial. Acto coa presenza das responsables de bibliotecas escolares de cada un dos colexios participantes e a Concelleira de Cultura do Concello, Covadonga. Palabras de agradecemento ás familias e ao alumnado polo esforzo e traballo feito e ao Concello, por facilitar o local toda a semana. Covadonga dixo unhas palabras para animar a seguir facendo este tipo de actividades conxuntas tan importantes e animando tamén a utilizar a nova e reformada Biblioteca Municipal, no edificio onde era antiguamente o Concello.
Entón agora, de cara a un numeroso público, Contos musicados do IES Vilar Ponte: "La ratita presumida"que remata acaramelada co rato logo dun desfile de repoludos animaliños que queren casar coa ratiña e "Los 7 cabritillos", que pasan do : "No,no, no eres nuestra mamá" a ser enganados polo lobo , "Si,Sí eres nuestra mamá". Sabio consello con música: Facede caso da vosa mamá!
Vaia!, co público ainda expectante, chegou a hora do Telexornal Como cho conto!, Especial Biblioteca. Desde o CEIP Plurilíngüe Santa Rita, é dicir, dende o noso colexio, os presentadores Xoel e Paula dan conta das noividades en torno á Biblioteca: entrevista á responsable Rebeca e os cambios realizados na Biblioteca escolar, Concurso da Mascota, a evolución e experimentación desde o audio Podcast e os contos con efectos sonoros ao audiovisual, videocontos, recomendacións de libros e lecturas, até contar cadros de H. Xeada. Unha ollada ao noso quefacer diario conxugando imaxes e palabras. Desde a nosa Biblioteca, centro de recursos!
Así, ainda deu tempo para ler e mirar con detenimento os orixinais e inéditos finais das cabezas máis novas da zona.
A bruxa Winnie chamaba a atención!
Contamos con libro de visitas chulísimo, elaborado polo CEIP de Covas. Que cousiñas atoparemos escritas?
MÉRCORES 14 DE MAIO
Unha simpática Carapuchiña de Cores, con carapuchas de Outono ou de Primavera, desde o CEIP Antonio Pedrosa Latas, de Celeiro e un lobo, para nós coñecido, que intenta prepararse para levar unha vida máis sana: facendo exercicio, aprendendo modales,aprendendo idiomas,...
Grazas, ás mestras Angélica e Virginia, que nos fixeron pasar tan bo rato!
XOVES 15 DE MAIO
O monólogo de Claudia Casal sobre agasallar un libro,
a orixinal posta en escena e con instrumentos da canción:" Porque ler un liiibroo, sempre é divertiiidoo..." (Adaptación dunha canción de The Queen),
e a traballosa curta de animación que levaron a cabo o alumnado de 2º de Primaria do CEIP de Covas. Plastilina, moitas fotos e o Stop Motion como editor de video. Noraboa ás mestras, canto tempo e canto traballiño empregado...
_ Ramón, que será iso? Será un rato?
_Será, Ramona...
Outra curtametraxe de animación nos chega desde o CEIP Pedro Caselles Rollán, de Xove. Que é o amor? nos explican os rapaces e rapazas. Debuxos, montaxe, guión, ...propio dunha montaxe de alfombra vermella. Noraboa pequenos armantes do cinema, levando á pantalla grande uns dos libros favoritos da Biblioteca.
VENRES 16 DE MAIO. Clausura e Día de Coros.
Uniron forzas os coros do CEP Lois Tobío e o coro do CEIP Antonio Pedrosa Latas, de Celeiro.
Coa "roja" comezou o CEIP Antonio Pedrosa Latas cantando os contos traballados: Os tres porquiños, Carapuchiña, Hansel e Gretel,...
O CEP Lois Tobío trasladou á Sala de Usos Múltiples do Concello todo un escenario do medievo para ambientar e deleitarnos cun fabuloso Romance.
Logo, animouse o coro a ofrecer un popurrí de cancións infantís de contos e xogos.
E...así finalizou a semana de Actividades de Bibliotecas Escolares, para ir coa música e cos contos a outras e a todas partes!
Con tristeza pero tamén con orgullo tocou desmontar a Exposición : gardar os contos e os novos finais en cadansúa Biblioteca, ler con detenimento o Libro de Visitas e comezar a xornada de Reflexión sobre o que foi esta semana de Actividades e de Exposición.
Aprendemos para artellar novas experiencias, non si?