27.4.19

EXPERIMENTO: DESCUBRINDO AS MIÑOCAS NA CLASE DE 4 ANOS

O ALUMNADO DE 4 ANOS, TAMÉN FIXO O SEU PROPIO EXPERIMENTO no CLUB DE CIENCIAS.

Galdiño propúxolles que investigaran sobre as miñocas, xa que no seu patio de infantil hai UN  MONTÓN!

MIRADE QUE DESCUBRIRON! o mellor de todo poder observar coa súa LUPA cómo son as miñocas!

PARABÉNS pequenos, ides ser GRANDES INVESTIGADOR@S!


EXPERIMENTO DE ARQUÍMIDES NA CLASE DE 1º

OLA :)

O CLUB DE CIENCIAS está que arde! As nenas e nenos de 1º de primaria, estiveron experimentando no primeiro trimestre a flotabilidade, e que mellor que coñecer a ARQUÍMIDES (proposta feita dende o  PORTAL DA LINGUA GALEGA para traballar a CIENCIA EN GALEGO)

Despois de consultar os libros na biblioteca e experimentar de forma CREATIVA en que consistía este principio, fixeron un fermoso video.

MIRADE, MIRADE.....o mellor de todo...as tomas falsas :)




25.4.19

BIBLIO CREATIVA FACEMOS PAPEL RECICLADO 1º

OLA :)
Que aconteceu no CLUB DE CIENCIAS no segundo trimestre?

Despois de que o alumnado de 1º de primaria, recibira unha carta de Galdiño (explicando a súa preocupación polo coidado dos montes, das árbores, do papel) e un libro da nosa biblioteca titulado "SEMENTES DE PAPEL" da editorial BAHÍA EDICIÓNS, os nenos e nenas quedaron moi preocupados, así que, investigaron cómo podían facer papel reciclado. 

E vaia se o fixeron! mirade que VIDEO-TITORIAL máis chulo! só vos tedes que animar a poñelo en práctica.

PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES! 





23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO 2019

Esta semana estamos a celebrar con diversas actividades o #DíadoLibro2019

O martes, tivemos os apadriñamentos lectores onde os maiores do cole leron aos máis pequenos, tivemos a sorte de ter bon tempo para disfrutar da lectura en diversas estancias do cole, mañá e pasado serán os nenos e nenas de 5º, 4º e 3º quenes leerán aos máis peques, esperemos que o tempo no lo permita!




O mércores, tivemos na nosa a biblioteca á escritora MARÍA ROLLE(mestra no CEIP de Covas) e á ilustradora e mestra do noso cole MARÍA PERNAS @maradentro2002 do libro "ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS" @Edicirculorojo para facerlle unha entrevista. O alumnado de 6º foi o encargado de realizar dita actividade.

 Parabéns rapaces, Galdiño quedou abraiado polas vosas preguntas!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR ESTE FERMOSO LIBRO; o alumnado de 6º e 5º xa o leu na HORA DE LER e Galdiño enterouse que tamén os nenos e nenas de 4º o leron nas vacacións.

GRAZAS A MARÍA ROLLE por vir á nosa biblioteca.

 



5.4.19

ACTUACIÓN MUSICAL DE SUSA HERRERA

Boas tardes compañeiras e compañeiros, durante a tarde de hoxe tivemos unha convidada moi especial, como é SUSA HERRERA. 

Dende o Equipo de actividades extraescolares, Equipo de Dinamización da lingua galega e o Equipo de biblioteca escolares, Susa Herrera, cantautora, con máis de 700 actuacións en Europa e Latinoamérica, acudiu ao noso centro cunha actuación musical do máis sorprendente e onde nos fixo pasar unha tarde do máis divertida. 

Que decir de Susa Herrera? Ademáis de cantautora, é profesora de Didáctica da Expresión Musical, pedagoga, con formación internacional en educación musical e danza, entre outras titulacións.

A continuación podedes observar como o alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º nivel de Educación Primaria gozaron desta actuación musical:






Moitas grazas Susa Herrera, por ensinarnos tanto e facernos pasar unha tarde moi entretida.