11.12.14

TAMÉN EN VIVEIRO ..MAGÍN BLANCO. GATUXO, GATUXA!


Un bo agasallo para Nadal ! Un agasallo para bebés e familias!


O novo libro-disco de MAGIN BLANCO. Se xa nos conquistara con " A Nena e o Grilo nun Barquiño", esta nova obra non nos deixará indiferentes.

Con xeniales ilustracións da artista brasileira ERICA MARADONA.

Cancións pausadas, alegres e tranquilas, ben coidadas, incluíndo onomatopeas e sons propios de bebés.
Un libro para ver xuntos, comentar as fantásticas ilustracións e  compartir momentos agradables en familia.
Estímulos auditivos e visuais moi aproveitables para un bo desenvolvemento da escoita e da fala. Unha magnífica voz feminina para a Gatuxa e a voz de Magín Blanco para o Gatuxo.


Non vos perdades o Espectáculo, en Viveiro! A cita é o sábado día 13 de decembro, no Teatro Pastor Díaz, ás 18:00h.

Un pequeno adianto do Espectáculo...




Haberá que velo en directo, non si?

BRINCA VAI! PACO NOGUEIRAS EN VIVEIRO

É unha sorte ter un Teatro en Viveiro e contar con un Concello que aposta pola Cultura, o Teatro e polos nenos e nenas!

No Teatro Pastor Díaz, dirixido a nenos e nenas de 6 a 8 anos.
Programa FalarRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O venres 5 de decembro nenos e nenas disfrutaron con Paco Nogueiras.

Non vos soa esta cara, ese libro, as lentes e o chapeu azul?


Pois claro, témolo no cole e escoitamos moitas veces as súas cancións!


BRINCA VAI!O libro-CD  do autor Paco Nogueiras.
 Ilustracións David Pintor. Editorial Kalandraka 2014.






Imos lembrar ao Paco Nogueiras que hai dos anos mandaba esta canción para celebrar as Letras 2013.
Nesta versión podemos seguir a canción e ver a letra en pantalla... Lembramos...






O Rap do Magosto, No Samaín, O Apalpador e outras cancións sobre o noso calendario de Festas.

Para escoitar, cantar, bailar, disfrutar!  ( Jumping Go! Shall we dance?)

ENTRE FROITAS E FROITOS...

Entre froitas e froitos...o Outono vaille deixando o sitio ao Inverno.

 Laranxas laranxas e... castañas castañas!

O Magosto, a festa da castaña, celebrámolo dende a recollida deste froito.
Así conta e ilustra a recollida da castaña Saúl Prado no seu Obradoiro de Escritura en Lingua Castelá.


SALIDA A LAS CASTAÑAS

El lunes día 10 de noviembre por la tarde ,los niños y niñas de 1º, 2º y 3º , acompañados de las profesoras Cristina, Laura ,Ana y Conchita. También fue Olga. Fuimos a Magazos al castañal de Puri. Llegamos allí en autobús. Llevamos botas y cestos. Cogimos muchas castañas.
Ahora los profes, con cuchillos, tendrán que prepararlas para asar, quitándoles una esquinita para que no estallen en el momento de asarlas.
¡Ya tenemos castañas para la fiesta del Magosto!



Moito soubemos sobre castañas e castñeiros! Pois claro que a castaña é moi importante para nós!
Limos moito para saber e facer uns bos traballos,  recollimos ditos, adiviñas, fixemos viñetas e contos,...

Un libro de Toma castaña! 


O alumnado de 2º fachendoso do seu libro de ditos, adiviñas e versos coa castaña como protagonista.
Os cursos de 3º e 4º tamén se documentaron e traballaron arreo. Achegan receitas,refráns e curiosidades.


2.12.14

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS...

Neste mes de novembro, cheiño de visitas e saídas, haberá que destacar a SAÍDA AO TEATRO.
"As Laranxas máis laranxas de todas as laranxas" a obra de Carlos Casares interpretada polo Centro Dramático Galego e no noso Teatro Pastor Díaz. Iso...é para velo!


Antes da Función, documentámonos!
Toda a información no seguinte enlace ao blog:

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS




Buscamos o texto na nosa Biblioteca e lembramos a Carlos Casares.

Deste xeito, xa puidemos ir informados ao Teatro.



Foto de Maria Pernas no Teatro Pastor Pastor Díaz. Personaxes en escena cos instrumentos. En sombra, as cabezas dos nenos e nenas do cole que asistiron á función.

De volta ás aulas, traballamos sobre os personaxes e deixamos as nosas expresivas laranxas...


24.11.14

SEN FOTOS! NECESITAMOS DA VOSA COLABORACIÓN!


Ola, a toda a Comunidade Educativa de Galdo!

Ainda que non houbera moita actividade neste blog últimamente, non quere dicir que non pasasen cousiñas do máis interesantes.
Durante este tempo estuvemos moi ocupados, con moitas actividades diferentes. Así é o primeiro trimestre ,de festa en festa e de actividade en actividade: Principio de curso e novidades, Samaín de medo, Recollida de castañas e Magosto…e un novembro despois de Defuntos cunha axenda do máis apretadiña. Moitos obradoiros e actividades diversas en relación aos Proxectos que traballamos no noso cole. Un ritmo frenético coa Radio, as Festas de Outono, posta en marcha do  invernadoiro e VozNatura, os Obradoiros do Eroski, ADEGA, o Teatro ,visita da artista mariñana Cristina Basanta polos Dereitos da Infancia, a viaxe  Comenius do alumnado de 6º a Morteu, a Francia…
 Case nos quedamos sen profesorado para poder atender a todo!

Fixemos moitísimas fotos que ilustrarían tan interesantes actividades. Aprendemos moito. O Día 20 de novembro foi moi especial. Pola mañá os obradoiros ADEGa e pola tarde a visita de Cristina Basanta e celebración dos Dereitos da Infancia. Día en que a cámara de fotos non parou de retratar cada momento e cada detalle. Pero…por un erro mistura de humano e tecnolóxico, perdímos todas esas fotos que axudarían a describir as actividades! Menudo disgusto!

Entón, facemos un chamamento. Ti, alumno ou alumna que participache nalgún dos Obradoiros, atrévete a ser xornalista! Conta e Ilustra!
Este tamén é un chamamento ás familias para animar aos seus fillos e fillas a colaborar.
E o chamamento exténdese a mestras e mestres que participaron da actividade. Poden ser de grande axuda!

Describindo as actividades das que participamos axudaranos a aprender moito escribindo e elixindo as imaxes que acompañarán os nosos escritos, os nosos artigos xornalísticos.

Que fixemos? A onde fumos? En que consistía a actividade? Se nos gustou, por que sí ou por que non?
Mais importante, xa que perdimos as fotos é ILUSTRAR! Ilustrar o momento cun debuxo, un comic, un croquis…

Necesitámolo! Necesitamos da vosa valiosísima colaboración con texto e imaxes.
Xa empezou Saúl de 3º, que nos aporta dous textos informativos:
Salida a las castañas e Salida al Teatro .Artigos que tivo que construir para Lengua Castelá e que quere compartir con nós.


3.11.14

SEGUIMOS A TRABALLAR A ESCOITA

Como nos gustan os libros CD-DVD! Claro, que son caros. Na Biblioteca temos algún pero queremos ter máis.


Neste tempo de outono e de millo, traballamos coas cancións de Migallas...



Xa tiñamos gana de ter este libro de Paco Nogueiras que traballa as festas do calendario escolar!
No noso caso foi un agasallo da mestra Conchita á Biblioteca do cole.



Outra aportación á Biblioteca, a da mestra Ermi con Alegríia,yes!

Deste xeito, con aportacións imos tendo un material xeitoso para traballar a escoita con alegría,facer "Listenings, prestar máis atención, axudando a transformar o son en palabriñas.

Por exemplo...

Hugo, de 1º traballa o son correspondente á letra l (ele) coa "abuela Manuela" do Pan de Millo, ainda que  súa avoa sexa Felisa, que tamén leva o son do ele.


Seguiremos a formar a nosa Bibliografía de libros CD...Xa temos en mente



Xa que o tema vai de baile e de folclore, xusto o tema do Proxecto Comenius...Shall we dance?
Agardamos a chegada deste e doutros libros para escoitar e bailar , para a Nosa Biblioteca.
                                         

2.11.14

AUDIO SEN PANTALLA. RADIO GALDO!

Escoitar con atención é moi importante para a linguaxe e para as linguas.
Fascinados por un mundo visual e de pantalla, cada vez escoitamos menos. Para que non esquezamos a importancia da ESCOITA, arrancámonos cunha interesante aventura...


  
Fotografía artística creada por Clara Martinez, de 6º curso.

A idea da radio parte dunha iniciativa conxunta entre o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca.

O grupo Editorial Como cho conto! Son os rapaces de 6º curso que dan comezo a este Proxecto.
Dirixindo o estudo de gravación, o mestre de música e titor de 6º, Marcial Miramontes.


7.6.14

TELEXORNAL "COMO CHO CONTO"

Si, amigos e amigas deste recuncho, xa había tempo que tiñamos pensado poñer esta edición especial do noso xornal á vosa disposición. Sabemos o moito que vos gustou na sesión de animación á lectura incluída na Exposición de Bibliotecas no Concello de Viveiro. Disfrutade do voso traballo!

6.6.14

CONCURSO LETRAS GALEGAS. BIBLIOTECA MUNICIPAL.

Onte, ás 17:00h  tivo lugar a entrega de premios do Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2014 da Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro.


 Na entrega dos premios estiveron a alcaldesa María Loureiro e a Concelleira de Cultura Covadonga Viamonte.

Entre os gañadores, catro alumnos de 4º curso do noso colexio:
Izan Fra
Pablo Dablanca
Andrea Dovale
Brianda Insua

Noraboa polas vosas narracións e polos vosos debuxos!
O mellor agasallo: un libro! Para seguir lendo, ilustrando, disfrutando e "cociñando contos".

5.6.14

UNA VISITA EN ASPANAES.



  
Saúl

REFLEXIÓNS DA EXPOSICIÓN...


Con esta e con outras exposicións que se aveciñan entrenámonos como público respectuoso. Aprendemos a comportarnos nas visitas e nas Exposicións. Pois, nunha exposición móstranse obras feitas polas persoas autoras. Iso ten un valor importante e merecen todo o respecto. Ver... pero non tocar! Como se do Museo do Prado se tratase!
Claro que ás veces é unha tentación moi grande o querer sentir e tocar... É o caso da nosa bruxa Winnie e a tentación de pisala ou meterlle a man nos petos da chaqueta, ou..."chocarlle as  cinco" coa man aberta!




Tamén resultaban moi tentadoras as casiñas golosas da EEI San Roque...



Aprendimos a tratar con moito cariño os libros de grande formato!




A pasar as follas con coidadiño...

LIBRO DE VISITAS. PARA QUE? Que escribimos?

Ao comezo só firmábamos pero non nos atrevíamos a poñer nada máis. logo, as nais deron exemplo e...comezaron as auténticas expresións!






Mensaxes de agradecemento, de animación a seguir facendo deste tipo de actividades conxuntas. Unhas nenas "anónimas" que se preguntan Por qué O  Landro non participa? Felicitacións, opinións e simples firmas. Estamos moi agradecidos por tanta e tan boa participación!

ACTIVIDADES CONXUNTAS. Aprendendo en Comunidades.

Desde o  CEIP Plurilíngüe Santa Rita de Galdo agradecemos moitísimo o ser convidados a participar destas actividades conxuntas. A pesares de non ser Biblioteca Escolar pertenecente ao PLAMBE, os colexios da zona sempre se acordan de nós para facer actividades conxuntas , compartir e aprender xuntando as nosas comunidades nunha Comunidade máis grande na que cada centro aporta os seus puntos fortes, as súas fortalezas: Arte, Música e Canto, Contos, Teatro, textos, Curtametraxes, Ilusións e Documentacións. Como base, as Bibliotecas Escolares.

QUE É O PLAMBE?

O PLAMBE é o Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Non todas as Bibliotecas Escolares teñen concedido ese  Plan de Mellora. É necesario facer un Proxecto-solicitude e logo , se se aproba ese Proxecto , temos dereito a un orzamento en condicións para poder xestionar e mellorar a Biblioteca Escolar. De feito, na nosa zona, somos dos poucos Centros escolares que non damos entrado a formar parte do PLAMBE. 
Esperemos que este ano nos aproben o Plan, pois...a pesares das nosas limitacións, cremos que o esforzo desde as familias é merecedor  da aprobación dun Plan de Mellora das Biblioteca Escolar para seguir , lendo, disfrutando e aprendendo dentro da Nosa Comunidade Escolar, do noso entorno e das nosas circunstancias.
Necesitamos un Plan que nos incluia e nos valore como Comunidade que quere medrar en Cultura e en Coñecementos. Só necesitamos o empuxe necesario..! non si?


20.5.14

EXPOSICIÓN E ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS.

"DAQUELES CONTOS....A NOVOS FINAIS". Catro días moi intensos de Exposición de traballos e Actividades de Animación e Fomento da lectura.
Unha axenda cultural moi diversa, que reúne nunha actividade conxunta ás bibliotecas escolares da zona.

Os contos clásicos, referente básico nas lecturas ,pero con novos finais adaptados aos tempos actuais. As Comunidades Educativas , alumnado, mestres e familias fixeron posible esta cita cos Contos.
Na Praza Maior, na Sala de Usos Múltiples do Concello, o Martes 13 de maio inagurouse oficialmente a Exposición e o Programa de Actos.



Cartolinas de cores portadoras de contos traballados polos nenos e nenas e polas súas  familias.



As golosas e simpáticas cartolinas azuis da EEI San Roque


As cartolinas verdes do IES Vilar Ponte



O libro morado do CEIP de Cervo e
 o libro en grande formato do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.

Moradas tamén eran as cartolinas do CEIP de Covas.






As cartolinas vermellas do IES María Sarmiento


Cartolinas blancas do CEP Lois Tobío


E...coincidindo na cor laranxa, as cartolinas do CEIP Pedro Caselles Rollán, de Xove 





e as  do CEIP Plurilíngüe Santa Rita de Galdo.


Fotos tomadas antes da inaguración e apertura da exposición, mentras as rapazas do grupo de teatro do IES Vilar ponte ensaiaban os seus fabulosos  contos musicados.





MARTES 13 DE MAIO

Abríronse as portas ao público para facer a Inaguración oficial. Acto coa presenza das responsables de bibliotecas escolares de cada un dos colexios participantes e a Concelleira de Cultura do Concello, Covadonga. Palabras de agradecemento ás familias e ao alumnado polo esforzo e traballo feito e  ao Concello, por facilitar o local toda a semana. Covadonga dixo unhas palabras para  animar a seguir  facendo este tipo de actividades conxuntas tan importantes e animando tamén a utilizar a nova e reformada Biblioteca Municipal, no edificio onde era antiguamente o Concello.


Entón agora, de cara a un numeroso público, Contos musicados do IES Vilar Ponte: "La ratita presumida"que remata acaramelada co rato logo dun desfile de repoludos animaliños que queren casar coa ratiña  e "Los 7 cabritillos", que pasan do : "No,no, no eres nuestra mamá" a ser enganados polo lobo , "Si,Sí eres nuestra mamá". Sabio consello con música: Facede caso da vosa mamá!





Vaia!, co público ainda expectante, chegou a hora do Telexornal Como cho conto!, Especial Biblioteca. Desde o CEIP Plurilíngüe Santa Rita, é dicir, dende o noso colexio, os presentadores Xoel e Paula dan conta das noividades en torno á Biblioteca:  entrevista á responsable Rebeca e os cambios realizados na Biblioteca escolar, Concurso da Mascota, a evolución e experimentación desde o audio  Podcast e os contos con efectos sonoros ao audiovisual, videocontos, recomendacións de libros e lecturas, até  contar  cadros de H. Xeada. Unha ollada ao noso quefacer  diario conxugando imaxes e palabras. Desde a nosa Biblioteca, centro de recursos!







Así, ainda deu tempo para ler e mirar con detenimento os orixinais e inéditos finais das cabezas máis novas da zona.


A bruxa Winnie chamaba a atención!

Contamos con libro de visitas chulísimo, elaborado polo CEIP de Covas. Que cousiñas atoparemos escritas?



MÉRCORES 14 DE MAIO

Unha simpática  Carapuchiña de Cores, con carapuchas de Outono ou de Primavera, desde o CEIP Antonio Pedrosa Latas, de Celeiro e un lobo, para nós coñecido, que intenta prepararse para levar unha vida máis sana: facendo exercicio, aprendendo modales,aprendendo idiomas,...








Grazas, ás mestras Angélica e Virginia, que nos fixeron pasar tan bo rato!

XOVES 15 DE MAIO

O CEIP de Covas veu cargadiño de actividades de Animación e fomento da lectura.
O monólogo de Claudia Casal sobre agasallar un libro,


a orixinal posta en escena e con instrumentos da  canción:" Porque ler un liiibroo, sempre é divertiiidoo..." (Adaptación dunha canción de The Queen),






e a traballosa curta de animación que levaron a cabo o alumnado de 2º de Primaria do CEIP de Covas. Plastilina, moitas fotos e o Stop Motion como editor de video. Noraboa ás mestras, canto tempo e canto traballiño empregado...
_ Ramón, que será iso? Será un rato?
_Será, Ramona...







Outra curtametraxe de animación nos chega desde o CEIP Pedro Caselles Rollán, de Xove. Que é o amor? nos explican os rapaces e rapazas. Debuxos, montaxe, guión, ...propio dunha montaxe de alfombra vermella. Noraboa pequenos armantes do cinema, levando á pantalla grande uns dos libros favoritos da Biblioteca.




 VENRES 16 DE MAIO. Clausura e Día de Coros.
Uniron forzas os coros do CEP Lois Tobío e o coro do CEIP Antonio Pedrosa Latas, de Celeiro.
Coa "roja" comezou o CEIP Antonio Pedrosa Latas cantando os contos traballados: Os tres porquiños, Carapuchiña, Hansel e Gretel,...




O CEP Lois Tobío trasladou á Sala de Usos Múltiples do Concello todo un escenario do medievo para ambientar e deleitarnos cun fabuloso Romance.












Logo, animouse o coro a ofrecer un popurrí de cancións infantís de contos e xogos.

E...así finalizou a semana de Actividades de Bibliotecas Escolares, para ir coa música e cos contos  a outras e a todas partes!

Con tristeza pero tamén con orgullo tocou desmontar a Exposición : gardar os contos e os novos finais en cadansúa Biblioteca, ler con detenimento o Libro de Visitas e comezar a xornada de Reflexión sobre o que foi  esta semana de Actividades e de Exposición.
Aprendemos para artellar novas experiencias, non si?