29.5.17

TALLER DE MAQUILLAXE DE CÓMIC

A semana do Entroido, realizamos un taller de maquillaxe de cómic. Para iso, contamos coa colaboración de nais que se prestaron a colaborar para que esta actividade se puidera realizar con todo o alumnado do centro.
Nais e mestres/as maquillaron ao alumnado, o cal, tamén puido sacar unha foto no "fotocall" elaborado para a ocasión!

Deixámosvos un vídeo do taller!


E aquí os resultados finais!



Moitas grazas a todos!

23.5.17

CONCURSO VIDEOS VOZ NATURA

Xa está en marcha o concurso de vídeos de Voz Natura. O noso centro participa cun video sobre o traballo realizado no invernadoiro e no patio.
Deixamos o enlace ao blog de Voz Natura do colexio premendo na imaxe.


Para poder votar por el, facilitámosvos o enlace premendo na imaxe.

Moitas grazas!

15.5.17

INFANCIAS DE CINE

MICROREDE

Este foi o noso proxecto, dentro do título "A MARIÑA CON MOITA ARTE",o cine...pero non calquera película,senon a máis importante para as nais e pais do noso alumnado,aquelas películas que marcaron a súa infancia. Para iso,un ano máis,vos pedimos a vosa colaboración e como non,de novo,felicitarvos dende aquí, xa que, neste centro participa o 100% das familias.
O equipo de biblioteca preparou unha carta coa seguinte información:



Pouco a pouco foron chegando os traballos....e púxemonos a pensar que formato elixiríamos para expoñer todo isto. Para isto sempre temos as PEDAZO IDEAS da mestra Mari,a expresión plástica é o séu....así que recreo un recanto de cine...con rolos de películas,tickets de entradas,unha claqueta e como non,as palomitas...

Podedes imaxinar cal foron as películas que máis se viron??..pois E.T, MERY POPINNS,e a serie de VERANO AZUL. Os nenos e nenas estiveron moi interesados nisto,paraban a mirar, ainda que non eran películas que eles e elas viran...gústáballes investigar...un éxito total.

Logo de estar 10 días no centro,mudamos para EXPOÑER NO CONCELLO (dende o 8 ao 11 de maio) ,xunto con 10 centros máis, e facer a exposición conxunta da MICRORREDE.

Neste blog tedes toda a información do traballo conxunto coas outras bibliotecas.

                                 http://microrredeamarina.blogspot.com.es/





7.5.17

INFANCIAS DE CINE

Aquí vos deixamos unha mostra do que nos traemos entre máns estas últimas semanas.
Trátase dun vídeo da exposición de traballos que fixemos coas nosas familias todos os nenos e nenas do cole. Neles representamos  aquelas películas que os nosos pais e nais lebran con especial cariño e viron cando tiñan a nosa idade, e que dun ou outro xeito marcaron a súa infanciia. É algo máis que podemos compartir con eles, e encantounos facer este traballo. Quedou bonito, non si?
No vídeo podedes ver a exposición que fixemos no cole, pero si queredes vela vós mesmos xunto cos traballos doutros dos nosos compas dos outros coles da Microrrede, só tedes que pasarvos calquer día da semana que vén polo  Concello  e a Biblioteca Municipal de Viveiro.
Que o disfrutedes !!!! :)

4.5.17

EXPOSICIÓN DA MICROREDE


"A MARIÑA CON MOITA ARTE"


Este é o cartaz deste ano, realizado polo profesor do IES MARÍA SARMIENTO, Primitivo.







EMOCIONARIO VIAXEIRO

Fai uns días chegou ao noso colexio "Emocionario viaxeiro" con traballos feitos por outros nenos e nenas doutros colexios sobre as emocións. Este libro partiu de Monforte e viaxou por varios colexios durante este curso escolar. 



Para participar nesta experiencia pedíannos que escolleramos unha emoción e que compartíramos con eles  un pequeno traballo sobre ela.

E así foi!

















Grazas por esta fermosa experiencia!