3.12.17

CONTOS CONTRA A VIOLENCIA 4

Co libro "A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES" da editorial Kalandra rematamos estas sesións de contacontos contra a violencia de xénero,libros que nos fixeron reflexionar sobre a labor da muller e incluso de animais, coma este libro, onde os monos ían de viaxe e pasábano xenial mentras as monas quedaban na selva recollendo comida para os seus fillos.

Moitas grazas pola túa colaboración Iván!



ESTÁ BEN SER DIFERENTE

O domingo 3 DE DECEMBRO celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE,

Dende o CEIP DE CERVO, chegounos unha proposta moi apetecible para traballar de forma conxunta e coma sempre en equipo. Tratábase de facer,en colaboración con 20 centros máis de Galicia,as ilustracións dun libro que se titula:
  " ESTÁ BEN SER DIFERENTE",do autor Todd Parr.


GALDIÑO e o alumnado de 5º curso, decidiu participar sen pensalo.. as ilustracións que nos tocaron foron:

"ESTÁ BEN TER AMIGOS DIFERENTES"

"ESTÁ BEN TER VARIAS MAMÁS, ESTÁ BEN TER VARIOS PAPÁS"

E cómo se traballou? pois na biblioteca había un libro perfecto para este tema,un libro que se titula "EN FAMILIA",cuxa autora é Alexandra Maxeiner,da editorial Hércules. Neste libro cóntanos as diferentes clases de familia que existen hoxe en día...observando..encontramos algo parecido á ilustración, onde nos explicaba que este tipo de familias lle chamaban "familias do arco da vella".
Os nenos tiveron unhas ideas xeniais!!!!! XA VEREDES O RESULTADO!!!

AGORA DÉIXOVOS ALGUNHA FOTO PARA QUE VEXADES O PROCESO, SON UNS AUTÉNTICOS ACTORES E ACTRICES!!! DE AQUÍ AOS ÓSCAR!!




E AQUÍ ESTÁ O RESULTADO FINAL,A REALIZACIÓN DE DÚAS CURTAS QUE VISIONAREMOS O VINDEIRO LUNS NO CENTRO.
UNHA CURTA É : " ESTÁ BEN SER DIFERENTE"




E OUTRA CURTA: " ESTÁ BEN TER AMIGOS DIFERENTES"





RECREOS DE CIENCIA

Esta semana, os nenos e nenas do cole estamos aprendendo moito sobre ciencia. Informámonos,investigamos e preparamos experimentos para compartílos co resto dos compañeiros e compañeiras que veñen a vernos durante os recreos.

Neste caso tocounos expoñer dous dos experimentos realizados na aula!


NON É MAXIA,É CIENCIA