O domingo 3 DE DECEMBRO celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE,
Dende o CEIP DE CERVO, chegounos unha proposta moi apetecible para traballar de forma conxunta e coma sempre en equipo. Tratábase de facer,en colaboración con 20 centros máis de Galicia,as ilustracións dun libro que se titula:
" ESTÁ BEN SER DIFERENTE",do autor Todd Parr.
GALDIÑO e o alumnado de 5º curso, decidiu participar sen pensalo.. as ilustracións que nos tocaron foron:
"ESTÁ BEN TER AMIGOS DIFERENTES"
"ESTÁ BEN TER VARIAS MAMÁS, ESTÁ BEN TER VARIOS PAPÁS"
E cómo se traballou? pois na biblioteca había un libro perfecto para este tema,un libro que se titula "EN FAMILIA",cuxa autora é Alexandra Maxeiner,da editorial Hércules. Neste libro cóntanos as diferentes clases de familia que existen hoxe en día...observando..encontramos algo parecido á ilustración, onde nos explicaba que este tipo de familias lle chamaban "familias do arco da vella".
Os nenos tiveron unhas ideas xeniais!!!!! XA VEREDES O RESULTADO!!!
AGORA DÉIXOVOS ALGUNHA FOTO PARA QUE VEXADES O PROCESO, SON UNS AUTÉNTICOS ACTORES E ACTRICES!!! DE AQUÍ AOS ÓSCAR!!
E AQUÍ ESTÁ O RESULTADO FINAL,A REALIZACIÓN DE DÚAS CURTAS QUE VISIONAREMOS O VINDEIRO LUNS NO CENTRO.
UNHA CURTA É : " ESTÁ BEN SER DIFERENTE"
E OUTRA CURTA: " ESTÁ BEN TER AMIGOS DIFERENTES"
Ningún comentario:
Publicar un comentario