Amosando publicacións coa etiqueta MES DAS LETRAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MES DAS LETRAS. Amosar todas as publicacións

27.5.19

PROGRAMA DA EXPOSICIÓN DA MICRORREDE DA MARIÑA

Olaaaa :)

Xa temos o programa definitivo da vindeira exposición da MICRORREDE DA MARIÑA, mirade cantas cousiñas hai tódolos días !

Os traballos que fixéstedes serán expostos na SALA DE EXPOSICIÓN DO CONCELLO, non dubidedes en vir visitala.


PROGRAMA #Microrrede


18.5.19

XOGO DE FUGA! LIBEREMOS A ANTONIO FRAGUAS

E por fín chegou o gran día, o día da celebración das NOSAS LETRAS GALEGAS, sí, hoxe é un día de FESTA, o día de ANTONIO FRAGUAS, perooo... ONDE SE ATOPA??
só escoitamos berros no ximnasio e é a voz dun home... que ocorre?
Alá imos a averigualo!

O que aconteceu  foi o seguinte: esta semana o EDLG e o equipo de  Biblioteca propuxo unha serie de actividades onde o alumnado tiña que documentarse sobre a biografía do autor, tiñan libros divulgativos e de literatura infantil na sección de novidades da biblioteca e recursos no noso blogue. 

A misión era liberar a Antonio Fraguas dun encarcelamento o cal enviou unha carta pedíndonos a nosa axuda.



A partir de aquí, formáronse os equipos interniveis, como? todas e todos atoparon unha peza dun puzzle debaixo da súa silla de clase, cada unha dunha cor diferente. A pista primeira era xuntarse todos no ximnasio e alí formar cada puzle coas cores e pezas correspondentes.

  
                           

En equipo tiveron que superar sete probas diferentes para conseguir os sete díxitos da  combinación gañadora e poder abrir o cadeado da porta onde está pechado Antonio Fraguas.

As probas versaron sobre a súa vida, con sete temáticas diferentes:

ETNOGRAFÍA: o alumnado tivo que  identificar diferentes traxes rexionais coa axuda dun DOC, elas averiguaron a que tipo de roupa tiñan que chegar.

ANTROPOLOXÍA: afondaron nas antigas civilizacións que invadiron Galiza. Esta proba relacionouse co cálculo ABN
HISTORIA: preguntas de rúas, lugares da vida do autor utilizando competencia dixital.
O ENTROIDO: puxeron a proba os coñecementos sobre esta festa popular centrada en Ourense traballando a competencia lingüística.
XEOGRAFÍA: tiveron que situar xeográficamente diferentes sitios en mapas físicos e políticos de Galicia.


MÚSICA: púxose a proba o oído musical,  mediante a discriminación auditiva de distintos instrumentos tradicionais.

O GALEGO: a través da búsqueda de diferentes pistas na bibliografía do autor, as nenas e nenos atoparon palabras agochadas(con tinta invisible) as cales  revelaron os códigos binarios que precisaban.


Sen dúbida, foi unha xornada moi especial na que coñecemos máis a fondo a figura deste autor onde fomentamos as competencias clave. A diversión estivo asegurada...

SERÁN CAPACES DE LIBERAR A ANTONIO FRAGUAS??

MIRADE, mirade...SIIIIII






16.5.19

ACTIVIDADE DA MICRORREDE. "A POESÍA QUE SENTIMOS"

ATENCIÓN FAMILIAS !

Xa estamos a recibir as BOLSAS DE TEA DECORADAS, PERO QUE MARAVILLA! sodes supercreativos, e as poesías preciosas.

Ainda estades a tempo de enviar as vosas bolsas de tea reutilizables. Deixo o enlace da MICRORREDE onde explicamos todos os actos que acontecerán na semana do 3 ao 6 de Xuño, días da exposición na sala do concello e na sala da Biblioteca municipal de Viveiro.
Este ano haberá recitados polo alumnado que se escoitará polas mañás e pola tarde no fío musical que pon o CCHH de Viveiro. Tamén estamos a escribir os poemas en PEZAS ÚNICAS que serán para agasallar cando merquedes nas tendas do casco histórico.
MIL GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

15.5.19

CANTA, MIÑA PEDRA, CANTA

Comeza a semana das LETRAS GALEGAS e temos un montón de actividades para conmemora a Antonio Fraguas,homenaxeado pola Real Academia Galega, esto é un non parar!

O xoves 8 de maio, o alumnado de 5º e 6º foron ao Teatro Pastor Díaz para disfrutar da actividade promocionada por @Falaredes de política lingüística. Gozamos moito coa actuación de @Xoancuriel e a contadora Charo Pita. 

QUE DIVERTIDO FOI! porque a tracición oral non se debe perder nunca.





8.5.19

OBRADOIRO "O GLOBO DE MARRUÁN O BARBEIRO" #AntonioFraguas #Letragalegas19

Hoxe tivemos a gran sorte de poder levar a cabo un obradoiro ofertado polo CONCELLO DE VIVEIRO E EUREKA ACTIVIDADES xunto con LUCAS REQUEJO. 

Todo comezou na exposición de VIVEMAR, onde Lucas nos explicou a historia do "Barbeiro de MARRUÁN" e o seu globo aereoestático.

Estamos encantados de colaborar con este proxecto educativo, parécenos superimportante concienciar ao alumando sobre o medioambiente e o plástico. Este proxecto terá continuidade o curso que ven, e no #coledegaldo seguiremos con eles xa que o noso proxecto xirará entorno a isto. Gústanos colaborar coas propostas do concello que teñan relación cos nosos proxectos.

ESTAS FORON AS ACTIVIDADES QUE SE PROPUXERON.


MIRADE QUE CHULADA OS GLOBOS FEITOS POLO ALUMNADO DE INFANTIL E O TEATRO DE SOMBRAS sobre a HISTORIA DE MARRUÁN.
O traballo da COMPETENCIA LINGÜÍSTICA unido á creatividade non pode ser mellor!

BIBLIOTECA CREATIVA, BIBLIOTECA INCLUSIVA

A vindeira semana, será o turno para o alumnado de 1º e 2º / 5 e 6º.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 19. #ANTONIO FRAGUAS

COMEZAMOS ESTA SEMANA COAS ACTIVIDADES PARA #díadasletrasgalegas2019. 

Dende BIBLIOGALDO sempre colaboramos coas actividades propostas pola BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VIVEIRO, parécenos importante que a biblioteca escolar do centro teña actividades conxuntas,esto fai que o alumnado se enriqueza. Soemos participar no concuros de NADAL coa actividade "POESÍA DE NADAL" como polas Letras Galegas ( no concurso de relatos). 

Este ano a actividade proposta foi perfecta para seguir desenrolando e consolidando o noso traballo dende o centro. 
Propuxeron un concurso de relatos e debuxos que leva por títalo " A REVOLUCIÓN DO CAMBIO CLIMÁTICO"; a BMP de Viveiro colabora coa AXENDA 2030. OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE #ODS .
Concretamente estes relatos e debuxos, deben basarse no obxectivo nº13 e no nº15: Acción polo clima e Vida de Ecosistemas Terrestres, obxectivos que levamos traballando dous cursos escolares, tanto en medioambiente coma este ano co proxecto VOZ NATURA, "O COIDADO DO NOSO MONTE". O alumnado fixo uns relatos moi chulos e debuxos preciosos, participou todo o centro, dende infantil ata primaria. A verdade que da gusto ver a versión dunha nena e dun neno sobre o cambio climático! 

GALDIÑO deséxavos MOITA SORTE A TODAS e TODOS!

                      SDG15 icon      SDG13 icon

5.5.19

RECURSOS PARA TRABALLAR AS LETRAS GALEGAS, ANTONIO FRAGUAS

GALDIÑO, fixo unha recopilación de recursos para que poidades traballar a biografía de ANTONIO FRAGUAS, xa que a vindeira semana teremos un XOGO MOI ESPECIAL no que teredes que poñer a proba as vosas habilidades mentais.

Dareivos unhas pistas... nestes recursos teredes que atopar datos sobre diferentes disciplinas como a ETNOGRAFÍA, XEOGRAFÍA, O GALEGO, ANTROPOLOXÍA...

QUE PALABRAS MÁIS RARAS VERDADE? pois investigade nos seguintes recursos, xa veredes o que atopades