8.5.19

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 19. #ANTONIO FRAGUAS

COMEZAMOS ESTA SEMANA COAS ACTIVIDADES PARA #díadasletrasgalegas2019. 

Dende BIBLIOGALDO sempre colaboramos coas actividades propostas pola BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VIVEIRO, parécenos importante que a biblioteca escolar do centro teña actividades conxuntas,esto fai que o alumnado se enriqueza. Soemos participar no concuros de NADAL coa actividade "POESÍA DE NADAL" como polas Letras Galegas ( no concurso de relatos). 

Este ano a actividade proposta foi perfecta para seguir desenrolando e consolidando o noso traballo dende o centro. 
Propuxeron un concurso de relatos e debuxos que leva por títalo " A REVOLUCIÓN DO CAMBIO CLIMÁTICO"; a BMP de Viveiro colabora coa AXENDA 2030. OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE #ODS .
Concretamente estes relatos e debuxos, deben basarse no obxectivo nº13 e no nº15: Acción polo clima e Vida de Ecosistemas Terrestres, obxectivos que levamos traballando dous cursos escolares, tanto en medioambiente coma este ano co proxecto VOZ NATURA, "O COIDADO DO NOSO MONTE". O alumnado fixo uns relatos moi chulos e debuxos preciosos, participou todo o centro, dende infantil ata primaria. A verdade que da gusto ver a versión dunha nena e dun neno sobre o cambio climático! 

GALDIÑO deséxavos MOITA SORTE A TODAS e TODOS!

                      SDG15 icon      SDG13 icon

Ningún comentario:

Publicar un comentario