19.6.20

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Ola peques :)

Rematamos o curso, si , tres meses sen poder vervos pola biblioteca, que triste estou...pero sei que lestes moito durante este tempo, non hai más que ver os vosos traballos de clase, superdocumentados.

Chega o verán, periódo de vacacións para disfrutar coa familia, cos amigos...pero non deixedes de LER, na praia, na casa, no campo, só, soa...ou acompañados...a lectura en familia tamén é maravillosa.

Galdiño déixavos unhas recomendacións lectoras, de xogos, películas e música relacionados co noso proxecto para que  sexades de verdade uns expertos e expertas ACTIVISTAS do coidado dos océanos.

GOZADE COA LECTURA AMIGUIÑ@S! 

12.6.20

ACTIVIDADES DAS NOSAS LETRAS

PARABÉNS RAPAZADA, porque os traballos das NOSAS LETRAS son MARABILLOSOS; Galdiño está moooi contento porque sabe que traballastes un montón dende as vosas casas, fostes por un momento caricaturizadores , plantadores de palabras máxicas, reporteiros da televisión galega e de RADIO GALDO...

Aquí vos deixo o resultado...

INFANTIL e 1º EP:  O alumnado de infantil cóntanos como se planta a palabra favorita deles/as en galego, e o alumnado de 1º son caricaturizadores de Ricardo Carvalho Calero.






RAPAZAS de 2º: Coas pitas como protagonistas, cóntannos un fragmento da súa obra AS PITAS BAIXO A CHOIVA.





ALUMNADO de 3º: COMO CHO CONTO!


 O alumnado de 3º traballou moitísimo para explicarnos algunhas cousiñas da normativa en Galego. No blogue Escoita, mira e comprede, podes ver o resultado.


http://sondelinguaxes.blogspot.com/2020/06/como-cho-conto.html





ALUMNADO DE 5º: Foron os encargados de facer o programa informativo ESPECIAL LETRAS GALEGAS.




ALUMNADO DE 6º

 PODCAST VIDA E OBRA DE CARVALHO CALERO




https://sondelinguaxes.blogspot.com/2020/06/podcast-vida-e-obra-de-carvalho-calero.html


COMO SE RECICLA NUN BARCO?

Ola rapazada de 5º de primaria :)

Lembrades aquela caixiña coa vosa carta de investigación dentro do proxecto SOÑANDO MARES TRANSPARENTES?

 Tiñades que averiguar o seguinte: 
 
1- Que barcos de Celeiro ou Burela reciclan en alta mar? 
2- Que barco foi o primeiro en reciclar? 
3- Que fan con ese lixo? E os que non reciclan? 
4- Cantos barcos galegos reciclan? Averigua a flota galega que agora mesmo existe e calcula o seu tanto por cen, paréceche moito? 




Neste video, A BORDO DO FLECHA, gracias a Tino (fillo do armador do FLECHA) coñecerás como se recicla nun barco.

ESCOITA E REFLEXIONA...



DESPOIS DE ESCOITAR A TINO, GALDIÑO presenta unha novidade da editorial kalandraka: 

PLASTICUS MARITIMUS,UNHA ESPECIE INVANSORA
(Se premes na imaxe poderás ver o libro en formato pdf.)


"Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van dar aos océanos. O equivalente a un camión cheo de plástico por minuto! Porque é artificial, invasora, contaminante e ten unha vida moi longa, esta 'especie' merece ter os días contados".



https://issuu.com/kalandraka.com/docs/plasticus-maritimus-g/2


9.6.20

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Onte, 8 de Xuño, foi o Día Mundial dos Océanos

En decembro de 2008 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas resolveu que a partir de 2009, cada 8 de xuño se celebraría o Día Mundial dos Océanos.

Esta conmemoración ten como propósito concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade HUMANA ten para os océanos e poñer en marcha un movemento mundial cidadán a favor da xestión sostible destes, xa que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera.

Hoxe, se non fora polo covid-19, estariamos celebrando no cole a nosa feira, o final do noso proxecto... convidando a toda a  comunidade educativa.

Como non foi posible, pedímosvos que vós, coas vosas mensaxes, concienciedes a toda a CIDADANÍA, e así foi...o mar xa vos respondeu...  


             

6.6.20

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño, é o DÍA DO MEDIO AMBIENTE; este día debería de servirnos para reflexionar todo o que vimos falando e facendo durante estes cursos. 

Recordades a carta que lle enviastes á terra? Déixovos o  enlace para facer memoria... hoxe recollemos todas as vosas REFLEXIÓNS, fermosas todas elas, e cheas de sentido...pensades cousiñas que si se levaran a cabo, este mundo sería mellor :) 

Este libro recolle os vosos traballos; tamén fixemos un video contando os trociños de cada traballo mandado!

ESCOITADE E DESFRUTADE  :)












5.6.20

RAP DA AUGA

Ola familias :)

  Aquí tedes o resultado dunha actividade que quedou sen finalizar antes do confinamento aló polo mes de marzo. 

    O mes de marzo é o mes da POESÍA e tiñamos pensado levar a cabo un recital poético onde participaría todo o centro. 

   O alumando de 6º ía levar a cabo os raps cos que participaron no concurso que organiza Viaqua, "Galicia, Auga, Literatura e Rap". 

 Presentaron dous poemas de Manuel María, "Biografía do Miño" e "Desacordos contra os contaminadores do río Miño", no que resultaron gañadores da primeira fase do concurso.

Pareceunos unha temática que se axeitaba perfectamente ao noso proxecto. Poesía rapeada no noso entorno próximo: un pracer para os sentidos.

         
Que sorte temos de ter estas paisaxes ao ladiño do cole e poder pasar unha mañá recitando a carón do río Landro.

Este foi o primeiro grupo, formado por: 

Aarón, Daniela Franco, Daniela Sánchez e Pablo

" Desacordos contra os contaminadores do río Miño"



O segundo grupo estaba formado por: 

Daniela Iglesias, Antía e Alicia.

"Biografía do río Miño"