21.4.14

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.


"Un libro é o mellor amigo do mundo,
corríxete sen que te avergonces 
e enséñache gratuitamente".

Carmen de Máximo, coas súas palabras anima a todas as persoas a ler, a disfrutar e a aprender cos libros e cos Audiolibros.


O curso pasado, por esta mesma celebración publicamos as vosas respostas á pregunta
Que é para ti un libro?  na  Biblioteca. 

Esta vez,estamos interesados e queremos que fagades as vosas recomendacións. A pregunta é:

Cal é o teu libro favorito e por qué? Que libro recomendarías para a súa lectura?


Para poder contestar é necesario pensar, ir a ese fermoso disco duro que tedes na vosa cabeza e rescatar aquel libro, aquela portada, aquel título, aquela agradable sensación... Seguro que ese libro está na Biblioteca do cole, noutra biblioteca ou na casa.
 Pois, sería interesante que o atopárades, o rescatárades e elaborárades a vosa recomendación.

O Equipo de Biblioteca agarda polas vosas recomendacións para poder publicalas.
Se xa tedes claro cal é o libro que queredes recomendar non tedes máis que dicilo.
  Queremos ver, oír e ler as vosas recomendacións!

Lembrade que non todos os libros son contos. Existen moitos libros diferentes: libros de texto da escola, libros de consulta, libros informativos, Albumes ilustrados, Audiolibros,... Libros!


As familias, desde a casa tamén podedes facernos chegar as vosas recomendacións!

Agradecemos a participación e as vosas achegas!

Galdiño estará agardando a saber cales son os libros favoritos dos lectores da Biblioteca.



NOVAS MOI INTERESANTES

Para coñecer as novas actividades nas que estamos a punto de embarcarnos desde o colexio de Galdo tes que visitar o blog Con N de Nosa
Alí atoparás:

  •  Información sobre as novas actividades e tarefas que pretendemos  levar a cabo e nas que é preciso que participes.

  •  Novas entradas que poden ser do teu interese, sobre o Entroido, festa importante en Italia, Obradoiro de traxes rexionais, Romaría das Tortillas ou Semana Santa de Interese Turístico Internacional, Semana Santa dos Nenos con moitas fotos e datos que deberás estudar para facer bos traballos posteriores.  
Que estás agardando?! Vai xa directamente dende aquí! Colle vuelo directo e unha vez no Blog, navega sen presa e engánchate nas diversas aventuras que se presentan como oportunidades de disfrutar e aprender. Mira ben, le, pensa, investiga, toma nota e logo conta!

Enlace directo:         http://con-n-de-nosa.blogspot.com.es/

20.4.14

A VOZ. PORTADA DO 9 DE ABRIL.

Pés de fotos, titulares, portada,...estamos falando de prensa, de xornais. Outro tipo de texto que non é conto nin poesía. Son novas que lemos e que se escriben dun xeito determinado.

O titular é o título da nova. Escríbese con letras grandes e destacadas. Serve para chamar a atención e invitarnos a ler máis. 

Que titulares chamarán a atención de Saúl?


Páxina  L5, é dicir, a páxina 5 dentro das noticias locais. Xornal A voz de Galicia, 9 de abril de 2014.

A nova xa viña anunciada na portada, e entre a xente da foto había cara conocidas por Saúl. Así que quixo ler máis. A linguaxe da prensa non é de fácil lectura pero o interese e a curiosidade fixo a Saúl facer preguntas e pedir explicacións para comprender. Así que, con lectura mediada e acompañamento entendimos mellor a revolución que había no noso colexio a semana do 7 ao 11 de abril.



 Vaia, os nosos mestres e o nome de Viveiro compartindo portada co presidente do goberno! Evidentemente o "noso" titular é o que vai debaixo da foto en letras menos destacadas que o titular de arriba, pertenecente á noticia de Rajoy .




É dicir, que o colexio de Galdo, a semana do 7 ao 11 de abril, foi anfitrión dun grupo de 10 mestres polacos que viñan a coñecer o Sistema Educativo Español, e Galego, por extensión. Os mestres de aquí e este grupo de mestres polacos puideron comparar Sistemas,para saber como funcionan os colexios nun país e noutro. Aínda que gran parte das actividades foron no CEIP de Galdo, visitaron os centros de Secundaria, a Escola de Idiomas, O Conservatorio,... Cada centro de ensino é distinto segundo o tipo de alumnado que acolle e as ensinanzas que se impartan. Ademáis das visitas directamente relacionadas co seu Proxecto, visitaron lugares interesantes para coñecer mellor a zona da Mariña.

Se che interesa ler a noticia, terás que tirar de hemeroteca ou consultar o xornal online.



Interesante semana de moita actividade! Menos mal que se aveciñaban días de descanso ben merecidos!
Grandes oportunidades para practicar Lingua Extranxeira e coñecer un pouco sobre Polonia. Xusto Polonia é un dos países socios no Proxecto Comenius Shall we dance? que desenvolveremos este e o próximo curso. En Maio teremos visita Comenius e tamén nos toca ser anfitrións. Por iso que, toca decansar e volver a cargarse de enerxía para novas actividades e Proxectos que xa se están "cocendo" no colexio de Galdo.


Viñeta Pinto e Chinto




MÁIS CONTOS E CARTOLINAS LARANXAS.

Parece ser que o noso muro laranxa de contos gusta moito...
Algunhas instantáneas... ou  "fotos roubadas"!






















Ás entradas, ás saídas, ao baixar ou ao subir do patio, antes de baizxar á clase de E. Física, antes ou despois do comedor, despois das clases, mentres unha visita ao cole,... calquera momento é bo para deterse un ratiño a ver, ler, disfrutar e aprender.

Como nos gusta ver a nais, a colaboradoras do comedor, a exalumnas,...ademais do noso alumnado e mestres ollando entre contos de personaxes coñecidos interpretando novos finais.

Grazas unha vez máis ás familias pola participación masiva,  nas andoriñas de poesía do curso pasado e nos contos con novos finais deste ano! Así, continuamos aprendendo en Comunidade.
As cartolinas laranxas, en Maio tamén estarán no Concello, xunto a cartolinas doutras cores, doutros colexios da zona. As bibliotecas escolares da zona teremos unha semana de Exposición e moitas actividades culturais que se realizarán desde os distintos colexios e institutos que participamos.
Dende Galdo tamén estamos argallando algo moi especial...en forma de Telexornal. Bibliogaldo, Biblio do Galdiño. Como cho conto! 
Esperamos que as distintas actividades que se fagan sexan de moito interese para grandes e pequenos. Máis contos, máis finais, máis disfrute! Máis de todo.


Ollade ben as fotos desta entrada posto que...esta entrada tamén terá un novo final con vós como protagonistas. Actualizarase á volta das vacacións cos vosos pés de foto e cos vosos comentarios. Búscanse palabras para acompañar as imaxes. Atrevémonos, non?

7.4.14

PÓDESE LER BEN O MEU CONTO?


Os contos expostos...lense ben, sen esforzo ? Puxémolo fácil?

Que escribimos e Para que ou para quen escribimos?
Se é para publicar ou expoñer, o que escribimos ten que lerse ben e fácil. Texto atractivo.

Existen algunhas recomendacións para facer os textos escritos máis fáciles de ler.

Todo inflúe:
  • tamaño e tipo da letra.É mellor unha que se lea ben, sen moita floritura.
  • contraste texto-fondo. O máis lexible é tinta negra sobre fondo blanco.
  • Situación do texto. É mellor dende a parte esquerda á dereita.
  • Letra á man ben feitiña, amodiño, como debuxando as letras. Non hai presa. Masticando cada letra.
  • A cartolina é o soporte para o traballo final. Mellor escribir o texto nun folio por separado.
Procedemento, nun folio.
  1. Empregar unha plantilla con líneas rectas a lápiz sen calcar.
  2. Escribir a lapis o texto. Boa letra.
  3.  Revisar 3 veces o texto para que non leve erros.
  4.  Logo pasar a tinta só a letra. Deixar secar e borrar o lápiz.
Evita os rotuladores para escribir ,polo xeral escriben groso. Mellor cun bolígrafo negro que escriba ben e de punta máis ben fina. E...non fagas tachóns!


O RESUMO
Escribir  o resumo do conto non é facil e leva o seu tempo. Implica facer frases contando o máis importante do conto e respetando a forma de escribir os contos, en 3 partes:
1. Presentación dos personaxes
2. Que ocorre? Situacións
3. Final

O NOVO FINAL
O novo final..ainda pode ser máis dificil, posto que é algo máis espontáneo, máis creativo e que non ven dado de antemán. Témolo que traballar se queremos que o noso final guste, incluso máis que o final orixinal do conto. Convencer de que o noso final é mellor!

Por iso a axuda do acompañamento da obra plástica, como reclamo para ser leidos.
Os pequenos e pequenas manéxanse mellor cos debuxos e coas imaxes. Non manexan textos longos pero sí desenvolvense coas mans, exercitando destrezas, trazando letras na medida do posible, pintando, recortando, pegando, picando, rasgando,..
Dependendo do nivel e das aprendizaxes acadadas , pódesa participan dun xeito ou outro. A medida que se vai subindo de nivel, o traballo debe de ser máis autónomo no traballo final.

Velaquí algúns exemplos dos textos dos nosos contos:














Grazas polos vosos textos, polos vosos contos e polos novos finais!
Grazas polo voso traballo!

ILUSTRADOS. AS IMAXES NOS CONTOS

Día 2 de abril. Día do libro infantil e xuvenil.
Gustan os contos  e atraen as imaxes que teñen; as ilustracións. As imaxes son moi importantes nunha sociedade cada vez máis visual.

Estamos en pleno boom do Album Ilustrado. Nun álbum ilustrado texto e imaxe compleméntanse, aportando significados. Trátase dun formato máis visual. Libros atractivos para os nenos e nenas.
A obra artística, plástica que acompaña o texto é o reclamo a meterse na historia que se conta. 
Moitos dos libros e contos para nenos e nenas están escritos por dúas persoas: a autora e a ilustradora. Algúns libros están escritos so pola persoa ilustradora.
Entón, o traballo das persoas ilustradoras e cada vez máis importante recientemente.


Moito traballo de planificación e bosquexos a partir do texto, ata chegar á ilustración final.

Na época dos nosos avós os libros tiñan moi poucas iluatracións ou ningunha, so letra. As ilustracións foron evolucinando dente o debuxo a tinta en blanco e negro, logo a color. Hoxe existen moitas técnicas e moitos materiais para dotar de imaxes un conto. A televisión e o mundo da Publicidade influiron para desenvolver unha linguaxe máis visual, condensando rápidamente moito significado coa imaxe. Despertando a atención do público. Xogando con imaxes e texto atractivos. Narrando.

IMAXES. ILUSTRACIÓNS

Existen moitas maneiras de ilustrar un conto:

  • A dúas tintas, empregando branco e negro e outra cor.
  • Collage de diferentes materiais.
  • A base de fotografías con composicións.
  • Feitos de diferentes elementos.
  • Ilustracións 3D, por ordenador.
  • Plastilina ou obxectos reais.
  • Ilustracións por ordenador, (con programas específicos, Photoshop, Ilustrator,... combinación de debuxos previamente escaneados, fotomontaxes,...).
As boas ilustracións son valoradas na súa orixinalidade e creatividade, no uso dos materiais e no traballoso da montaxe e da técnica ou técnicas artísticas.O detalle coidado. Estilo e creación propias.
Gústanos, por exemplo as simpáticas ilustracións de Guridi...
Raúl Nieto Guridi, interpretando aos clásicos. Ilustracións sencillas,con espazosbrancos e moito significado condensado.

http://guridi.blogspot.com.es/















En Galdo e na actividade dos contos nótase a importancia que lle dan á obra plástica, as enerxías postas en facer atractivo o seu conto entre moitos, reclamando atención para ser vistos, (ainda que non sexan lidos de primeiras). Moita arte, posto que hai entre alumnado e familias verdadeiros artistas ilustradores.
Algúns exemplos:



O flautista de Mateo Rubal,5º, empregando materiais básicos e conseguindo unha presentación maxestuosa.
Ademáis, ofrece unha boa composición pop-up, que  fai un conto ainda máis atractivo.


A carapuchiña vermella de Ainé, 3º, empregando pasta, da de comer.


As texturas e a demostración gráfica das casas dos tres porquiños, de Santi,1ºEP


A Carapuchiña de fieltro de Nuria Veiga, 5º, nun traballoso bosque de árbores frondosos de boliñas verdes.


A montaxe por capas para o parrulo de Hollywood de Xosé Ramallal, de  5º.


Grazas polas vosas ilustracións! Hai moitas e de moi variadas técnicas: texturas, collage, plastilina con alkil,...

Recomendamos vir a velas ao colexio, en versión orixinal para apreciar mellor o traballo e a técnica.

As mestras de E.Artística, orgullosas de ver como se aplicou algunha das técnicas das vistas nas clases, este ano ou os anteriores.

Pero ollo, advertencia! Non é o mesmo pintar ,que  ilustrar poesía e  que ilustrar a actividade "DAQUELES CONTOS...A NOVOS FINAIS".  O texto, neste caso, é moi importante e previo á obra plástica que o complementa.
O texto tamén se pode traballar para facelo máis atractivo de ler, ou non?
Que se poda ler e que apeteza lelo!

2.4.14

ABRIL, DE LIBROS E CONTOS

O curso pasado, por esta época da chegada da Primavera , tamén chegou unha tremenda bandada de andoriñas mensaxeiras de poemas. Andoriñas que, logo de expoñérense no colexio, tomaron rumbo ao Concello para reunirse con outros e outras mensaxeiras primaverais portadoras de poesías.

Tratábase dunha actividade conxunta proposta polas Bibliotecas escolares da zona "Apadriña unha poesía".

Este ano , a actividade conxunta de bibliotecas escolares da zona leva por título "DAQUELES CONTOS ...A NOVOS FINAIS".

Pasamos das poesía aos contos, o tipo de texto é moi distinto, pero a actividade é moi parecida.
O traballo final, para expoñer  consiste na conxugación de texto escrito e obra plástica. Un traballo final que pode reflexar todo un traballo previo no que as familias poden axudar aos seus nenos e nenas.

O máis importante destas tarefas é o aprender xuntos, compartir o momento e disfrutar facendo xuntos: falar dos contos, contarse os contos, ler os contos, elexir un, buscar o xeito de que o alumno ou alumna poida facer o máximo posible... Deste xeito os pequenos e pequenas poñen en práctica o que aprenderon e aprenden na escola, sobre ler e sobre escribir distintos textos. Cos libros e na casa, con tempo e tranquilidade para ir pasiño a pasiño ata chegar á montaxe final.

As primeiras cartolinas laranxas en chegar:


María Maragoto, de 2º de E:P propón un final moi amoroso para Os tres porquiños. O terceiro porquiño era unha fermosa porquiña. Entón, o lobo namorouse e non foi capaz de comela. Claro, pois...quedaría sen ela!


 Noa, de 4anos sorpréndenos escribindo unha Carapuchiña Vermella na que neta, avoa e lobo comparten o pastel de merenda.









Yago Cerdeira, de 3º de EP preséntanos un traballo en formato comic, cuns simpáticos bocadillos que acompañan a narración. "La tortuga y la liebre". Unha fábula moi contada e lida pero...de seguro que non desta singular maneira.





Outra de porquiños! Sen dúbida Os tres porquiños é o conto preferido de moitos rapaces e rapazas.
Velaquí o conto de Martín Dovale, de 1ºEP coa axuda da súa nai. Martín repasou un contiño rimado que remata en  alegre susto.O  lobo non era tal lobo, era a Mamá porquiña disfrazada!


Grazas rapaces e rapazas, polos vosos contos e os vosos ocorrentes finais!
Grazas familias pola vosa colaboración! GRAZAS!

Se queredes máis contos e novos finais, vinde a velos e a lelos. Estarán este mes expostos no colexio, no corredor principal da entrada.


No recuncho de Infantil da Bibllioteca do noso colexio hai un curioso mural. Unha nena ten o conto de Carapuchiña Vermella aberto nas mans e dille a un neno que se atopa ao seu  carón:

_ Leoche un conto?
_ Vale, pois eu fágoche un debuxo!_ respóndelle o rapaz xa co lapis na man.

Iso é! Compartir o momento e aprender xuntos dos libros e dos contos!
  

PRIMAVERA E... DÍA DA ÁRBORE CON AUGA!

Unha vez máis , os tulipáns do xardín da entrada, plantados no outono, anuncian a chegada da Primavera.



Este ano son vermellos, color de enerxía. Vermellos, a xogo coa entrada principal ainda adornada de corazóns e sentimentos. 
Coa chegada da Primavera,temos triloxía de celebracións.
21 de marzo. Día da Poesía, Día da Árbore e Día da Auga.
Preparamos a triple celebración lendo, sentindo e ilustrando sentimentos e poesía.

Que é a poesía senón sentimento?
A poesía é a arte de xogar e combinar palabras para reflexar de xeito bonito sentimentos que  doutra maneira serían dificiles de expresar.
Moita poesía xurde na primavera, coa paisaxe, as flores, os paxaros e as tardes máis longas. Alegría e sentimento que nos  trasmite a chegada da primavera!
Moitos e moitas poetas escribíronlle á Primavera e á Natureza ou encontraron nela a fonte de inspiración.
Calquera de nós pode encontrar a inspiración e facer poemas seducidos e seducidas pola beleza das paisaxes en Primavera. 
Proba a ler, a sentir e a escribir poesía!  
Contempla a paisaxe, ponlle palabras ao que ves e xoga coas palabras. Verás como unhas palabras chaman por outras e o teu poema vai xurdindo...

Nos libros de Coñecemento do Medio xusto estamos traballando coas distintas paisaxes, coñecendo a flora e a fauna do entorno e  de Galicia.
O noso colexio está situado en zona rural. Temos moita sorte de ter moita zona verde dentro e fóra do recinto escolar. Temos árbores, plantas e tamén flores. Pero...sabemos o nome das distintas  árbores que temos e que vemos todos os días? Sabemos distinguir unha cerdeira dun bidueiro ou dun loureiro?
O bidueiro coñecémolo ben, posto que o ano pasado plantamos un no cole, Platero.
Este ano, polo Día da árbore plantamos un loureiro.



A semana do 17 ao 21 estuvemos informándonos e documentándonos. A Deputación de Lugo mandounos uns libriños sobre as árbores. Buscamos na rede, para saber máis. Observamos e dibuxamos!



Pensamos un nome para a nosa nova árbore...

A cita de plantación foi o venres 21 de marzo, antes do recreo.  Mollámonos os pés para plantar a árbore!
Pois chovera toda a noite anterior e ainda caían pingas. 



Baixou toda Primaria. Presidiu o Acto o noso director Luis.



Elixiuse unha  parella que representase a sexto na plantación da árbore. 
Os de sexto acaban en xuño  a súa etapa no colexio e queren deixar un legado con vida e con raíces.


Gabriel e Sara foron os encargados de plantar a árbore.

Juan colleu un papeliño entre as propostas de nomes para a árbore.




O nome "Brother" resultou ser a proposta tamén de 6º curso. Brother, din eles e máis elas, porque é un ser vivo e queren que se lle trate como a un irmán, neste colexio plurilíngüe.



Pois, así o noso loureiro queda plantado, bautizado como Brother e tamén regado. Longa vida para o noso loureiro!

Rematamos esta múltiple celebración con versos do poeta Antonio Noriega Varela:

Merlo, que Dios bendiga e ti recollas,
Maga dos ollos verdes! Entre as follas
sempre verdes do máis xentil loureiro.

(Poema titulado Primavera,   , A. Noriega Varela)