O titular é o título da nova. Escríbese con letras grandes e destacadas. Serve para chamar a atención e invitarnos a ler máis.
Que titulares chamarán a atención de Saúl?
Páxina L5, é dicir, a páxina 5 dentro das noticias locais. Xornal A voz de Galicia, 9 de abril de 2014.
A nova xa viña anunciada na portada, e entre a xente da foto había cara conocidas por Saúl. Así que quixo ler máis. A linguaxe da prensa non é de fácil lectura pero o interese e a curiosidade fixo a Saúl facer preguntas e pedir explicacións para comprender. Así que, con lectura mediada e acompañamento entendimos mellor a revolución que había no noso colexio a semana do 7 ao 11 de abril.
É dicir, que o colexio de Galdo, a semana do 7 ao 11 de abril, foi anfitrión dun grupo de 10 mestres polacos que viñan a coñecer o Sistema Educativo Español, e Galego, por extensión. Os mestres de aquí e este grupo de mestres polacos puideron comparar Sistemas,para saber como funcionan os colexios nun país e noutro. Aínda que gran parte das actividades foron no CEIP de Galdo, visitaron os centros de Secundaria, a Escola de Idiomas, O Conservatorio,... Cada centro de ensino é distinto segundo o tipo de alumnado que acolle e as ensinanzas que se impartan. Ademáis das visitas directamente relacionadas co seu Proxecto, visitaron lugares interesantes para coñecer mellor a zona da Mariña.
Se che interesa ler a noticia, terás que tirar de hemeroteca ou consultar o xornal online.
Interesante semana de moita actividade! Menos mal que se aveciñaban días de descanso ben merecidos!
Grandes oportunidades para practicar Lingua Extranxeira e coñecer un pouco sobre Polonia. Xusto Polonia é un dos países socios no Proxecto Comenius Shall we dance? que desenvolveremos este e o próximo curso. En Maio teremos visita Comenius e tamén nos toca ser anfitrións. Por iso que, toca decansar e volver a cargarse de enerxía para novas actividades e Proxectos que xa se están "cocendo" no colexio de Galdo.
Viñeta Pinto e Chinto
E tanto que o digas, é un trasiego contínuo de xente, línguas e información. Todos aprendemos de todos.
ResponderEliminarE xa sen falar de todo o traballo de investigación que os nenos e nenas volcán en Agueiro.