23.1.15

ESPECIAL FESTIVAL DE NADAL

No noso  blog de Dinamización da Língua , Con N de Nosa podemos seguir o desenvolvemento do Festival de Nadal: fotos, vídeos e letras das cancións...

O Apalpador e O Festival de Nadal son das últimas entradas.


Visita o blog Con N de Nosa! Entra xa desde os seguintes enlaces.

Enlace a O noso Apalpador





7.1.15

COCORICO, UN DOS FAVORITOS DE GALDIÑO!


Quen non coñece a Cocorico!?
A Galdiño encántalle este conto do Pitiño, a Mamá Galiña, O Gato Pelado...

A nós encántanos o videoconto que armaron no cole de Coirón, Dena,na provincia de Pontevedra. Botádelle unha ollada!



Que opinades desta presentación? Animaríamonos nós a facer videocontos dos nosos favoritos da Biblioteca? Veña! Contádenos...
 Cal é o voso conto favorito? Con cal poderíamos facer un traballo audiovisual?

4.1.15

GALDIÑO CHEGOU...E RECOMENDOU...

Na semana antes das vacacións do Nadal, recibimos en cada clase, por debaixo da porta, unhas pistas que nos deron moito que pensar...


Este...tiña que ser o Galdiño!

O venres á mañá tivemos a visita de un Coello Lector que non era Galdiño pero preguntaba por Galdiño. Aseguraba ser o seu primo e ter certos parecidos, por ser familia.