4.1.15

GALDIÑO CHEGOU...E RECOMENDOU...

Na semana antes das vacacións do Nadal, recibimos en cada clase, por debaixo da porta, unhas pistas que nos deron moito que pensar...


Este...tiña que ser o Galdiño!

O venres á mañá tivemos a visita de un Coello Lector que non era Galdiño pero preguntaba por Galdiño. Aseguraba ser o seu primo e ter certos parecidos, por ser familia.



Encántannos as visitas, ainda que non estamos afeitos a visitas de animais que len!


 Pois sí que tiña certo parecido a Galdiño, este coello...Traía mochila de ler, coma as nosas, e o seu libro favorito...Cocorico!


Os nenos e nenas trataban de axudalo e mandáronno visitar a nosa Biblioteca. Seguro que alí estaría Galdiño ainda que eles e elas...non o viran ainda!..

Entón, cando estábamos acabando o Festival de Nadal...apareceu Galdiño para deixarnos a todos coa boca aberta!


Tremenda fofucha de Galdiño nas mans da mestra Rebeca!

De onde salíu esa artistada?

A mestra Ana Blanco, con moitísima paciencia foi moldeando a goma Eva ata lograr un detalladísimo Galdiño, fiel ao deseño de Roque Basanta.
Lembramos a historia que creara Roque para o Concurso de Mascota da Biblioteca. A Roque encantoulle ver o seu deseño con ese acabado.

Na foto, Galdiño, Roque Basanta e a mestra Ana Blanco


Galdiño veu, a desexarnos un Bo Nadal e a traballar axudándonos na nosa Biblioteca!



Así, pola tarde, cando foi hora de entregar as notas,...Galdiño estaba dentro delas!





Galdiño ofreceunos a todos e a cada un de nós unha guía de lectura con moita temática de sentimentos e  emocións. Agora que temos algúns días de vacacións...podemos aproveitar!





1 comentario:

  1. Noraboa a mestra Ana polo fermoso e laborioso traballo que fixo para conseguir a figura de Galdiño. Noraboa tamén a Roque por ser o seu diseñador.

    ResponderEliminar