6.7.15

MANUEL MARÍA NAS LETRAS 2016!

Unha das novas que saía en prensa e en televisión este fin de semana foi que o presidente da Real Academia Galega RAG ,Xesús Alonso Montero ,anunciou que o homenaxeado das Letras Galegas 2016 será o poeta lucense da Terra Chá...MANUEL MARÍA.

Para nós...unha alegría! Pois...gústanos a súa poesía!
Ademáis, a Real Academia de Galdo considera esta figura idonea para traballar no eido escolar polo seu grande valor didáctico . Ideal para traballar coa xente menuda!

Temos moitos recursos e o respaldo da Fundación que leva o seu nome

Ligazón á Fundación Manuel María


Un clásico da nosa literatura infantil... OS SOÑOS NA GAIOLA. (1ª edición no 1968) Existe o libro disco, proxecto de Suso Vaamonde 2006 a partir dos poemas.
Poemas que falan....do noso e da nosa!




O primeiro poema leva por título GALIZA e di así:

GALIZA

Galiza docemente 
está ollando ao mar;
¡ten vales e montanas
e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros
cidades e labregos
¡cargados de traballos
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai 
velliña, soñadora
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento.
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e máis a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!