28.11.18

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O noso centro tamén se sumou con múltiples actividades para conmemorar este día, e que mellor forma que facendo unha ANIMACIÓN Á LECTURA co conto "ÉRASE DUAS VECES. A RATIÑA PRESUMIDA".


        

Esta animación foi unha sorpresa moi grande, xa que  os mestres do centro son  protagonistas. Aquí deixamos o video. Gozade coa súa interpretación!!





DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, fixemos unha escolla de libros axeitados que tratan diferentes temas para tódalas idades. Durante a semana, na hora de ler, foron elexidos un a un.


                                               #bibliotecainclusiva

Pero non soamente foi isto, senón que tamén o alumnado de sexto curso nos representou o rap que elas e eles fixeron. 



15.11.18

MAGOSTO


Castañeiras e castañeiros, hoxe é o noso día, onde festexamos o Magosto. Castañas asadas, cancións populares....é BAILE...para pasar un día estupendo.
Todas e todos comemos castañas, gracias ao noso CASTAÑEIRO e despois bailamos e cantamos, co acompañamento das gaitas.












Por último, fixemos un gran corro e cantamos a canción desta festa tan popular.

1.11.18

SAMAÍN


Como vos contaba anteriormente, o día 25 de outubro, comezamos a Resucitar libros. Cada día, un curso resucitaba un libro relacionado coa temática de Samaín e despois, o alumnado de 4º,5º e 6 dramatizaba o conto


O día 31 de outubro festexamos o Samaín, onde todo o alumnado e mestres/as nos disfrazamos. 




 






Para festexar este día, todos e todas realizamos unha pócema, onde cada curso inventou o seu esconxuro para recitar neste día tan especial. 




Para rematar este día, todas e todos xuntos bailamos unha canción no pavillón. Así terminamos este día, onde todos e todas desfrutamos un montón.