1.11.18

SAMAÍN


Como vos contaba anteriormente, o día 25 de outubro, comezamos a Resucitar libros. Cada día, un curso resucitaba un libro relacionado coa temática de Samaín e despois, o alumnado de 4º,5º e 6 dramatizaba o conto


O día 31 de outubro festexamos o Samaín, onde todo o alumnado e mestres/as nos disfrazamos. 




 






Para festexar este día, todos e todas realizamos unha pócema, onde cada curso inventou o seu esconxuro para recitar neste día tan especial. 




Para rematar este día, todas e todos xuntos bailamos unha canción no pavillón. Así terminamos este día, onde todos e todas desfrutamos un montón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario