21.12.13

PARA CANDO... O COMO CHO CONTO!

O Boletín de novas Como cho conto! Setembro-Decembro 2013 está a puntiño de saír. Pero como queremos incluir o festival do Nadal. e darlle un bo remate..imos tardar un pouquiño en montalo. Non vos preocupedes. Ahora pasade unhas boas festas de Nadal e antes de que remate o ano, o Como cho conto! sorprenderanos a todos cos seus contidos. A verdade é que hai moitas boas cousas que contar do primeiro trimestre do curso. Estade atentos e atentas. Estas vacacións teredes tempo de disfrutalo e comentalo.
BOAS FESTAS!

1.12.13

A FESTA DO MAGOSTO

Hugo Casas, de 3º curso cóntanos como transcurriu a Festa do Magosto no colexio, a tarde do 15 de novembro. Grazas, Hugo polo teu texto e o teu debuxo!



27.11.13

NA BUSCA DE MASCOTA

Ao longo deste trimestre traballamos na busca dunha mascota para a nosa renovada biblioteca. Establecéronse unhas bases e argallouse todo un concurso. Tratábase de buscar unha personaxe imaxinaria , acompañala de nome, lema e dunha historia que explicase a relación desa mascota coa nosa biblioteca. Que bos traballos se fixeron!

 O Trabeliño dos máis pequenos de infantil,


 os Bibliogrifos do 1º curso , gardiáns nocturnos da Biblioteca.




 O Leo Libriño que le un contiño, de 2º curso





E as variadísimas mascotas de 3º, 4º, 5º e 6º curso







 Os traballos estiveron expostos nos rincóns da Biblioteca dende finais do mes de outubro. E...despois de moito estudar todas e cada unha das propostas, un xurado composto por un mestre de cada un dos  ciclos, decidiuse polo traballo de Roque Basanta Núñez, de 4º curso. O coello GALDIÑO ( de Galdo, terra de coellos) é o elexido como mascota oficial da Biblioteca do cole de Galdo. O xurado considerou que o de Roque foi un bo traballo, inédito e feito autónomamente, sen axuda. Mascota, nome, lema e historia correspóndense ca busca e coas bases do concurso. Noraboa, Roque! E Benvido Galdiño, o xa noso coelliño!

Logo, veremos un grande  Galdiño 3D traballando pola e para a nosa Biblioteca. Galdiño na biblioteca, lendo caladiño...


5.11.13

RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO

Que é o Magosto? Como? Cando? Por que a castaña é a protagonista desta Festa?Por que en Novembro?
 Necesitamos estar ben documentados, informarnos e traballar o tema. Aquí temos algunhas recopilacións de recursos e ideas para ir preparando a Nosa Festa.

Castiñeiro,castañas e magosto , do CEIP de Monforte de Lemos
 http://www.xunta.es/linguagalega/o_castineiro_a_castana_e_o_magosto

Recopilación  Recursos para o Magosto dende CEIP Víctor Sáenz, de Mazaricos
https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

Navegamos e investigamos. Logo, deixamos rexistro do que aprendimos. Imos aló! Toma castaña!

17.10.13

A boneca maldita



Gabriel relátamos unha historia arrepiante inventada por el e moi apropiada para as próximas celebracións de Samaín e Halloween.
Disfrutade dela se é que o medo non vos paraliza, ja,ja,ja,....buuuuuuuu!!!!!


Corre,corre cabaciña!




Esta vez é Cristina a que nos conta o relato inventado por ela e ambientado nunha casa da aldea.
Prestade moita atención



11.10.13

UNHA HISTORIA...DE MEDO?



Esta é a primeira das historias feitas e narradas polos nenos e nenas do cole, coa axuda dos nosos profes, en especial, do profe de Música, Marcial.
En concreto, o autor e narrador desta é Xoel Trasancos, de 5º curso.
Para oíla só tedes que clicar no arquivo de audio. Non a perdades!!!!
 
 

25.5.13

Observando polo microscopio

O alumnado do colexio estivo pasando polo Recuncho da Ciencia onde temos os vermes da seda.
Utilizamos un microscopio para poder ver como saían os vermes dos ovos e tamén para ver os Bombyx Mori que aínda son moi pequeniños.
Que ben o pasamos observando a estes animaliños!
Ñam, Ñam..., todo o día papando nas follas de moreira!




24.5.13

O recuncho da ciencia

Desde hai uns días temos aberto no noso colexio un RECUNCHO DA CIENCIA.
Neste recuncho puxemos un criadoiro de vermes da seda. Este vermiño, cientificamente coñecido com Bombyx Mori, é ben curioso e os nenos e nenas que visitamos este espazo apampamos diante do criadoiro vendo como os vermiños--ata agora moi pequenos--comen e comen nas follas de moreira, o único alimento que devoran.
Dentro duns días os vermes medrarán e entón comezarán a facer o seu casulo de seda.
Daquela xa vos teremos informados.

17.5.13

Tod@s somos Roberto Vidal Bolaño






Hoxe tod@s somos Roberto Vidal Bolaño. Roberto foi escritor, actor, cineasta...Nestes días do mes das Letras Galegas estivemos traballando coa súa biografía e coa súa obra.
Nestes días tod@s fomos Roberto Vidal Bolaño.

14.5.13

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS,EXPOSICIÓN NO CONCELLO

Xa están os portadores de poemas no Concello: papaventos da EEI San Roque, paxaros do CEP Lois Tobío e máis do CEIP Pedro Caselles Rollán, flores do CEIP de Covas e do CEIP de Cervo, abellas do IES Vilar Ponte, xoaniñas do IES María Sarmiento e as andoriñas do CEIP Santa Rita. Alí estarán expostos na aula de Usos Múltiples do Concello neste mes de Maio.
 Moitas familias que apadriñaron conocidos e non tan coñecidos poemas. Unha actividade conxunta que quixeron facer os centros da zona.
Hoxe quedará inaugurada a exposición ás 18:30. Poderedes visitala o resto da semana.




5.5.13

MAIO, MES DAS FLORES E TAMÉN DAS LETRAS

Dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización Lingüística do noso centro, propúxose un concurso de cartel anunciador das Letras Galegas 2013. Fixéronse unhas bases escritas a seguir para realizar un bosquexo e un bo cartel. O concurso tivo moito éxito no alumnado de 4º curso de EP.



Xa temos cartel gañador. Noraboa, Cristina González, de 4º curso.

Houbo varios carteis que nos gustaron moito posto que se axustaron ben ás bases escritas e foron moi claros na súa mensaxe.






 
 
A forma de representar a ROBERTO VIDAL BOLAÑO no cartel das Letras Galegas 2013 coincide en lembralo no centro do escenario teatral, co seu sombreiro e a súa nariz de pallaso.


Grazas a todos e todas polos vosos carteis!

 Haberá máis concursos e máis bases escritas coas que iremos aprendendo a mellorar os nosos traballos, a facer planificación, bosquexos e a condensar significados en linguaxe visual misturando texto e imaxe. Esperamos que vos animedes a participar en  novos concursos que se fagan. 




24.4.13

QUEREMOS DAR AS GRAZAS...


"Queremos agradecervos a todos os pais e nais, titores e titoras, que con esta actividade, ao igual que con moitas outras en múltiples ocasións, participastes tan activamente e con tanto interese, demostrando orixinalidade e creatividade, axudando a que a poesía neste caso, e en certa maneira tamén a escola fora máis aló das paredes do propio colexio, tanto, que chegou ás vosas casas, e converteuse nun momento máxico que poidestes compartir grandes e pequenos voltando esta primavera a nós en forma de andoriña.
Dende aquí, un GRAZAS moi merecido."

Así inaugurábamos xa hai case un mes, a exposición que se pode visitar na entrada do noso cole con todos os traballos que fixeron os nenos e nenas coa vosa axuda, a dos adultos.
Xa casi a rematar a exposición no cole, reiteramos as grazas pola vosa colaboración para esta actividade como en moitas outras nas que contamos con vós, e dicirvos que se fará unha exposición conxunta con outros centros nun local cedido polo Concello de Viveiro e posteriormente no de Cervo que poderedes visitar no vindeiro mes.
Gustaríanos tamén agradecer aos centros incluídos no PLAMBE ( Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), que nos ofreceran a oportunidade de formar parte desta actividade conxunta.





23 de abril: Que é para ti un libro ?


Na nosa navegación de hoxe e na  páxina dunha publicación portuguesa ( "Jornalismo antenado" ), atopamos este cartel cun texto do Padre António Vieira, escritor portugués que viveu no século XVII.

" O libro é un mudo que fala, un xordo que responde, un cego que guía, un morto que vive"

E para tí, que é un libro?, pregúntolle aos visitantes da nosa Biblioteca:

"UN LIBRO É DIVERSIÓN" ( MATEO, 4º )
"UN LIBRO É UNHA HISTORIA QUE PODE SER ALEGRE OU TRISTE" ( PATRICIA, 4º )
"UN LIBRO É ALEGRÍA" ( CLARA, 4º )
"UN LIBRO É COMO UN BO AMIGO" ( LUCA, 6º )
"UN LIBRO SON MIL PALABRAS ORDENADAS" ( DAVID FERNÁNDEZ, 6º )
"UN LIBRO É COMO UNHA VIDA" ( ALEX, 6º )
"UN LIBRO É EXPRESIÓN" ( DIEGO, 6º )
"UN LIBRO É COMPATIBLE CONTIGO" ( ANDREA, 6º )
"UN LIBRO NUNCA TE ABANDONARÁ" (ARIADNA, 6º )
"UN LIBRO É ACCIÓN..." ( XOEL, 4º )
"UN LIBRO SEMPRE TE QUERE DOCEMENTE" ( NOA, 6º )
"UN LIBRO É UNHA HISTORIA SIN FIN QUE NUNCA NOS ABANDONARÁ" ( NURIA,4º )
"UN LIBRO É ALGO QUE LEO E ENTÓN MORRE A IGNORANCIA" ( AMANDA, 6º )
"UN LIBRO É RELAXACIÓN E MOITOS SOÑOS" ( ALEJANDRA, 4º )
"UN LIBRO É UN SOÑO ESCRITO" ( SARA BAZ, 4º )
"UN LIBRO É FANTASÍA E DIVERSIÓN"  (CRISTINA, 4º )
"UN LIBRO É INFORMACIÓN"  ( EDGAR, 4º )



20.4.13

Viveiro tiña unha muralla


Viveiro tiña seis portas na súa antiga muralla. Foi pasando o tempo e agora só quedan tres. A máis grande é a de Carlos V, ou Castelo da Ponte.Existían desde o século XIII. As tres portas que aínda se conservan son: a do Valado, a porta da Vila e a do Castelo da Ponte.
Os nenos e as nenas de 3º estamos a construir unha maqueta de Viveiro. Primeiro consultamos un libro, despois fixemos un plano co trazado das rúas e con  terracota moldeamos a muralla coas seis portas.
Tamén, o alumnado de 4º está co mesmo traballo. E aí os tendes mans á obra!.

Fotografías de SAÚL e IZAN


O que vemos desde a aula de 3º



Xa chegou a primavera.  Xa estamos en abril. Todo está de cor verde. Desde a nosa aula vemos os montes alá lonxe. Tamén hai unhas casas e máis preto  o patio dos nenos e nenas de Infantil que ten un bambán, un escorregadoiro...

AS NENAS E OS NENOS DE 3º

19.4.13

O carballo

No cole había un carballo pequeno , sen follas.


Neste comezo da primavera medrou moitísimo
e as follas puxéronselle verdes coma a herba.



Paula, Azucena, Yraya,

Foto: Lucas e Mario

16.4.13

Un cadro

Asomeime á ventá. E a primavera estaba alí.

Anduriña que pasache...

"O meu homiño perdeuse,


ninguén sabe en onde vai...

Anduriña que pasache

con el as ondas do mar;

anduriña, voa, voa,

ven e dime ond'está."

ROSALÍA DE CASTRO





...e un cento de anduriñas entraron no colexio.

Entraron e pousaron na parede azul. E con elas tamén un cento de poemas. Agardan para voar ata outro lugar?

Xa temos aquí a primavera...

Xa a temos aquí. Entrou hai uns días con discreción. E agora cando saímos ao patio notamos o seu agasallo. Esas cores nas árbores...

10.4.13

Un libro chama a nosa atención...

Hai quen di que a nosa BIBLIOTECA é unha biblioteca distinta. E acertan os que así pensan. A nosa non é un local pechado gardado por un bibliotecario que exerce un riguroso labor de vixilancia. Na nosa biblioteca os libros están  á man, en andeis a altura dos usuarios que follean os libros, que os ulen, que os saborean. Non descansan pechados en vitrinas, detrás dunhas paredes de cristal. Os libros están usados e mesmo algúns teñen remendos. A nosa biblioteca é un lugar por onde pasa todo o mundo: o alumnado, o profesorado, as nais e os pais, o conserxe, as limpadoras... Non é preciso pasaporte algún para circular por ela, só si queremos levar un dos libros utilizamos o noso carné para deixar anotado o préstamo. Así de accesible é a nosa BIBLIOTECA.

Mais, ás veces, os encargados da nosa BIBLIOTECA queren chamar a nosa atención e mostran as novidades que chegan no expositor da entrada ao colexio. Tamén alí os podemos follear, ulir, saborear...antes de que pasen a vivir no primeiro andar, no recuncho vermello, ou no azul, ou no amarelo.

Desde hai uns días alguén quixo mostrar os libros dun xeito distinto e atopámonos coa sorpresa de que hai libros para levar no peto...





contos ao teléfono...




e algún que outro libro que chama por nós dun xeito cando menos curioso.

Ou non?











9.4.13

Que branca é a abidueira!

As nenas e os nenos de 3º traballamos na nosa aula co poema de Manuel María titulado "A ABIDUEIRA":

"Que branca é a abidueira!
Cara ao ceo anda a soñar!
Feita zoca, anque non queira,
moita lama ha de tripar! "

Ao traballarmos co poema do poeta da Terra Chá aprendimos moitas cousas desta árbore. Por exemplo que coa súa madeira fanse zocas.

E dándolle voltas ao poema de Manuel María, fixemos nós estes versos:

"Será branca a abidueira
que plantamos na campiña?
Farán zoquiñas con ela
e unha delas será miña."

Ou estes outros:

"Na parroquia hai unha escola,
a escola ten un xardín,
no xardín teñen un bido,
no bido canta un xirín."

Aprendimos que unha mesma árbore pode ter distintos nomes: abidueira, bido, bidueiro...E seguimos escribindo versos:

"Será forte o bidueiro,
o bidueiro marzal?
Ha medrar moi espelido
se non o tratamos mal."

Que ben o pasamos rimando!. E se é "abril", a cousa pode rematar en "mil". Ou non?

"Cando voltemos á escola
polos principios de abril,
ha estar o noso bido
multiplicado por mil."







5.4.13


DÍA DA ÁRBORE

Días atrás chegaron ao cole uns libros cunhas lecturas preciosas sobre paisaxes galegas, "Viaxe polos e ríos e árbores dos Ancares". Lemos, falamos,...aprendemos.





Pero hoxe foi un día moi especial. Tivemos unha celebración na que nos xuntamos todos os nenos e nenas de Primaria no patio porque íamos prantaro "noso bidueiro". E realmente podemos chamalo "noso", porque cada grupo elixiu un nome para el, e de entre todos eles, elixiuse un: PLATERO. Nome suxerido polos nenos e nenas de 1º.
Estando alí todos xuntos, algúns nenos e nenas de 5º e 6º leron os seus traballos. Aquí os tedes:



O BIDUEIRO

Son un bidueiro,
que non un maxadeiro,
e vouvos contar unha historia
que vos quedará na memoria.

Eu fun unha semente
 afeita a ver moita xente.
Mandáronme de Lugo
nun camión moi seguro.

Cando cheguei a Viveiro non sabía
que me ía gustar tanto a ría.
Por fin chegamos a Galdo!
 O camión  xa ía cansado

O mércores cando cheguei
con todo o que vin alucinei!
Chegara ao lugar que quería!

Había moitas árbores... e  nenos,
grandes, medianos  e pequenos!
A ver que nome me van poñer
para que me poidan recoñecer.

Mesmo se me chaman Vicente,
ha ser un nome de orixe inocente.
Non vos esquezades de coidarme,
regarme e aloumiñarme. 

                                                                    Lucas Gómez Pereira

                                          

O SOÑO DA BIDUEIRA

Ola. Son unha bidueira que vén das terras altas de Lugo. Sabede que, aínda que son pequena, teño soños coma vós.
Soñei que me plantaban nun patio grande cheo de nenos e nenas, que me coidaban, que me daban cariño e a tranquilidade que preciso para medrar rexa e forte.
Soñei que estaba rodeada de irmáns da mesma especie máis maiores ca min, así como de castiñeiros, cerdeiras, limoeiros, maceiras, tullas, piñeiros, salgueiros,... e outras árbores que me falaban dos tempos en que o colexio empezara a espreguizarse.
Soñei que arrodeado dun cento de humanos espectantes afincaba na terra e recibía os ánimos precisos para enraizar con forza.
Mentres me regaban as primeiras veces, pensei: para que me botarán auga por riba. Prengunteilles ás outras bidueiras do patio e non me souberon repostar. Non lembraban se a elas as regaran algunha vez.
Pregunteilles a uns piñeiros altos como castelos que estaban un pouco máis lonxe de min e que parecían máis vello e sabios. Respondéronme que sen auga non podería alimentarme e medrar.
Hoxe espertei. Hoxe é o día. Xa sei cal vai ser o soño que quero que se cumpra:
MEDRAR TANTO, TANTO, QUE ALGÚN DÍA CHEGUE A SER TAN ALTA COMA ESES PIÑEIROS QUE ME MIRAN CON CARA DE SORPRESA

                                                             Ivana Polo


Ah, pero aí non quedou a cousa porque os nenos de 3º ademais de facer murais con poemas alusivos e frases, aprenderon e recitáronos un poemiña de Manule María: "A bidueira", que di así:
¡Que branca é a abidueira!
¡Cara ó ceo anda a soñar!
¡Feita zoca, anque non queira,
moita lama ha de tripar!

Por último, prantamos o nosos bidueiro