Amosando publicacións coa etiqueta MES DA POESÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MES DA POESÍA. Amosar todas as publicacións

5.6.20

RAP DA AUGA

Ola familias :)

  Aquí tedes o resultado dunha actividade que quedou sen finalizar antes do confinamento aló polo mes de marzo. 

    O mes de marzo é o mes da POESÍA e tiñamos pensado levar a cabo un recital poético onde participaría todo o centro. 

   O alumando de 6º ía levar a cabo os raps cos que participaron no concurso que organiza Viaqua, "Galicia, Auga, Literatura e Rap". 

 Presentaron dous poemas de Manuel María, "Biografía do Miño" e "Desacordos contra os contaminadores do río Miño", no que resultaron gañadores da primeira fase do concurso.

Pareceunos unha temática que se axeitaba perfectamente ao noso proxecto. Poesía rapeada no noso entorno próximo: un pracer para os sentidos.

         
Que sorte temos de ter estas paisaxes ao ladiño do cole e poder pasar unha mañá recitando a carón do río Landro.

Este foi o primeiro grupo, formado por: 

Aarón, Daniela Franco, Daniela Sánchez e Pablo

" Desacordos contra os contaminadores do río Miño"



O segundo grupo estaba formado por: 

Daniela Iglesias, Antía e Alicia.

"Biografía do río Miño"


9.6.19

VIDEOPOEMAS DO ALUMNADO DE 2ºE.P

Galdiño segue a recibir traballos de POESÍA, ainsss..e que a POESÍA e a  NATUREZA xuntas son taan FERMOSASSSS...

MIRADE QUE BEN RECITAN AS NENAS E NENOS DE 2º

#porfavorlepoesía #rosalíadecastro



20.5.19

VIDEOPOEMA DO ALUMNADO DE 4ºEP, "ACRÓSTICOS MEDIOAMBIENTAIS"

Ola rapazada :)

Seguimos recibindo traballiños do alumnado, Galdiño está tan contento con todos estes recitados! Esta vez tocoulle o turno ao alumnado de 4º de primaria. 

Como estamos traballando co reciclaxe, decidiron facer os seus ACRÓSTICOS sobre o medioambiente.

MIRADE QUE CHULADA ! #poéticasdiversas