Como dixemos na entrada anterior, este ano no cole de Galdo decidimos traballar dende infantil ata 6º de primaria o libro de Manuel María, "OS SOÑOS NA GAIOLA"
Xa que o produto final de todo este traballo será facer uns lilbros por ciclo, este ano ían cun formato determinado para cada curso, xa veremos o resultado final. O equipo de Biblioteca decidíu repartir o traballo da seguinte forma:
Os nenos e nenas de 3,4 e 5 anos decidiron traballar os poemas relacionados co MUNDO: O SOL,A LÚA,O ARCO DA VELLA,O VENTO,O RÍO, O MAR,A ESTRELA SEN NOME.....
No primeiro ciclo, os cursos de 2º e 3º traballaron AS COUSAS.....AS CAMPÁS,O MEU BARCO,O MUIÑO,O OURIZO,A FOUCE,O FOGUETE,O ARADO,O CARRO,O BOLO...
No segundo ciclo,3º e 4º elixiron GALIZA...coa súa MUIÑEIRA e os séus animais..O SEÑOR GATO,O LOBO,O AÑO,A BOLBORETA,A PITA CHOCA,A VACA,O MEU BURRIÑO,O GALO,O LOBO..
E no tercer ciclo, 5º e 6º quixeron coñecer os PAXAROS....O CUCO,O PARDAL....e todas aquelas cousas que se refiren ao mundo dos HOMES, NENOS E NENAS....así que viñeron poemas ilustrados do LABREGO,A FESTA DO PATRÓN,XOGOS,O LUME NOVO, A BONECA ( feita cunha caroza de verdade...que prediosidade..) A RODA RODA,.....
QUE VOS PODO CONTAR!!!!
POIS PARA QUE VEXADES A MARABILLA DE TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS....AQUÍ TEDES UN VIDEO RESUME DA NOSA EXPOSICIÓN., PERO NON DEIXEDES DE VIR A VELOS EN PERSOA...:)
Q chulada!!! Noraboa a todos!
ResponderEliminarQue traballos mais orixinais estes nenos son uns artistas
ResponderEliminarXenial! Da gusto ver como as familias participan e cada ano, conxuntamente cos seus nenos e nenas, fan preciosísimos traballos. PARABÉNS ás familias e parabéns ao profesorado implicado. Unha boa exposición e presentación da actividade e un magnífico video. Impresionante! Canto traballiño e canto aprendizaxe! NORABOA!
ResponderEliminarAcabo de ver un por un os traballos de 5º sobre Manuel María. ARTISTAS todos e todas, incluido o mestre!
ResponderEliminarPreciosos todos os traballos dos nenos. Noraboa a profesores e pais que sempre están dispostos a colaborar para conseguir uns resultados tan bonitos.
ResponderEliminarNoraboa a todos. Grazas por amosarnos os traballos dos nosos peques.
ResponderEliminar