29.11.16

SAMAÍN ´16

E chegou Samaín! Neste mes de novembro o colexio de Galdo encheuse de medo e misterio. Para comezar deixamos un vídeo onde aparecen algúns alumnos/as preparando as cabazas nas súas casas.! Logo estas cabazas e unha morea máis, adornaron os corredores do noso colexio.





caba - Kizoa Editar Videos - Movie Maker




Ademáis, as portas das aulas e a entrada do colexio estaban terroríficamente divertidas!                                                  

Tamén nos convertemos en grandes cociñeiros preparando unhas receitas de medo que logo compartimos cos nosos compañeiro na festa de Samaín!
                     

Galdiño púxonos no expositor, unhas recomendacións de libros de medo apropiados para estas datas.

                        


No blogue de N de NOSA tamén podedes atopar unha entrada desta festa: http://con-n-de-nosa.blogspot.com.es/2017/01/cabazas-no-samain.html

28.11.16

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA

"TI IGUAL CA MIN"

Neste día que se celebra o Día internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre isto,e, un xeito de facelo é a través dos CONTOS,que nos contan historias de cada día,nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá,moitas veces sen nos decatar. 

Por iso decidimos facer unha sesión contacontos,na que os protagonistas foran os nenos e nenas de 6º curso e 4º curso. Na  sesión da mañá, o alumnado de 6º curso elixiu o libro de ROSA CARAMELO, da editorial Kalandraka, para leerlles aos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º curso. Fixérono xenial, Julen e Fátima metéronse no papel de Rosa Caramelo e os seus pais.

Pola tarde, o alumnado de 4º curso fixo unha "performance" do conto ARTUR E CLEMENTINA,tamén da autora Adela Turín, mentras que o papel de Artur foi representado por Brais, Bruno e Iago, Clementina foi interpretada por María. As súas compañeiras Mara,Shaila,Lucía,Andrea e Paula coa cara cuberta,representaban os diferentes sentimentos a través de palabras...palabras FEAS...que se deberían convertir en palabras BONITAS... esta era a forma de ver que tiveron os nosos alumn@s.

Para rematar a sesión, o mestre Marcial e a mestra Rebeca tamén fixeron unha sesión de contacontos co libro O PAÍS DOS MANDÓNS.

Rematamos o día cun photocoll e cantando todo o colexio, xunto coa comunidade educativa, a canción de Malú e Manuel Carrasco "QUE NADIE".









22.11.16

MOCHILAS VIAXEIRAS DE INFANTIL

Este curso está en marcha a mochila viaxeira!Esta, é unha experiencia pensada para o fomento e disfrute da lectura en familia.
É o soporte que nos permitirá levar á casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos.
Nestas mochilas incluímos unha gran variedade de libros: contos, libros de receitas, adiviñas, libros-CD libros para as familias e un caderno viaxeiro no que se convida ás familias a valorar esta experiencia. Nel pódese pegar fotos, comentar, debuxar...
·
Cada luns realizamos o sorteo da mochila. Poderemos disfrutar dela unha semana (de luns a luns).

Estamos desexando que nos toque!