20.4.14

A VOZ. PORTADA DO 9 DE ABRIL.

Pés de fotos, titulares, portada,...estamos falando de prensa, de xornais. Outro tipo de texto que non é conto nin poesía. Son novas que lemos e que se escriben dun xeito determinado.

O titular é o título da nova. Escríbese con letras grandes e destacadas. Serve para chamar a atención e invitarnos a ler máis. 

Que titulares chamarán a atención de Saúl?


Páxina  L5, é dicir, a páxina 5 dentro das noticias locais. Xornal A voz de Galicia, 9 de abril de 2014.

A nova xa viña anunciada na portada, e entre a xente da foto había cara conocidas por Saúl. Así que quixo ler máis. A linguaxe da prensa non é de fácil lectura pero o interese e a curiosidade fixo a Saúl facer preguntas e pedir explicacións para comprender. Así que, con lectura mediada e acompañamento entendimos mellor a revolución que había no noso colexio a semana do 7 ao 11 de abril.



 Vaia, os nosos mestres e o nome de Viveiro compartindo portada co presidente do goberno! Evidentemente o "noso" titular é o que vai debaixo da foto en letras menos destacadas que o titular de arriba, pertenecente á noticia de Rajoy .




É dicir, que o colexio de Galdo, a semana do 7 ao 11 de abril, foi anfitrión dun grupo de 10 mestres polacos que viñan a coñecer o Sistema Educativo Español, e Galego, por extensión. Os mestres de aquí e este grupo de mestres polacos puideron comparar Sistemas,para saber como funcionan os colexios nun país e noutro. Aínda que gran parte das actividades foron no CEIP de Galdo, visitaron os centros de Secundaria, a Escola de Idiomas, O Conservatorio,... Cada centro de ensino é distinto segundo o tipo de alumnado que acolle e as ensinanzas que se impartan. Ademáis das visitas directamente relacionadas co seu Proxecto, visitaron lugares interesantes para coñecer mellor a zona da Mariña.

Se che interesa ler a noticia, terás que tirar de hemeroteca ou consultar o xornal online.



Interesante semana de moita actividade! Menos mal que se aveciñaban días de descanso ben merecidos!
Grandes oportunidades para practicar Lingua Extranxeira e coñecer un pouco sobre Polonia. Xusto Polonia é un dos países socios no Proxecto Comenius Shall we dance? que desenvolveremos este e o próximo curso. En Maio teremos visita Comenius e tamén nos toca ser anfitrións. Por iso que, toca decansar e volver a cargarse de enerxía para novas actividades e Proxectos que xa se están "cocendo" no colexio de Galdo.


Viñeta Pinto e Chinto




MÁIS CONTOS E CARTOLINAS LARANXAS.

Parece ser que o noso muro laranxa de contos gusta moito...
Algunhas instantáneas... ou  "fotos roubadas"!






















Ás entradas, ás saídas, ao baixar ou ao subir do patio, antes de baizxar á clase de E. Física, antes ou despois do comedor, despois das clases, mentres unha visita ao cole,... calquera momento é bo para deterse un ratiño a ver, ler, disfrutar e aprender.

Como nos gusta ver a nais, a colaboradoras do comedor, a exalumnas,...ademais do noso alumnado e mestres ollando entre contos de personaxes coñecidos interpretando novos finais.

Grazas unha vez máis ás familias pola participación masiva,  nas andoriñas de poesía do curso pasado e nos contos con novos finais deste ano! Así, continuamos aprendendo en Comunidade.
As cartolinas laranxas, en Maio tamén estarán no Concello, xunto a cartolinas doutras cores, doutros colexios da zona. As bibliotecas escolares da zona teremos unha semana de Exposición e moitas actividades culturais que se realizarán desde os distintos colexios e institutos que participamos.
Dende Galdo tamén estamos argallando algo moi especial...en forma de Telexornal. Bibliogaldo, Biblio do Galdiño. Como cho conto! 
Esperamos que as distintas actividades que se fagan sexan de moito interese para grandes e pequenos. Máis contos, máis finais, máis disfrute! Máis de todo.


Ollade ben as fotos desta entrada posto que...esta entrada tamén terá un novo final con vós como protagonistas. Actualizarase á volta das vacacións cos vosos pés de foto e cos vosos comentarios. Búscanse palabras para acompañar as imaxes. Atrevémonos, non?