24.11.17

TRABALLANDO PARA MELLORAR O MUNDO

Xa conseguimos as bolsas de tela, que cada un decorará co seu propio deseño e que usaremos e regalaremos para concienciar e evitar as de plástico.
Son varios os grupos implicados e todos e todas se esmeran no deseño de logos e eslogans. A causa o merece.


MENSAXE NUNHA BOTELLA


Esta historia empezou cunha botella...

Unha botella cunha mensaxe de auxilio! 
Nada menos que os mares e océanos necesitaban da nosa axuda para desfacer aquelo que non fomos capaces de ver. Quéixanse, e con motivo, do pouco conscientes e respectuosos que somos con eles, co medioambente. 
Non somos conscientes do problema, cremos que esa masa case infinita é capaz de soportalo todo, de agochar, de tragar todo o lixo que nel botamos. Que o que facemos non afecta a outros...
Nada máis lonxe da realidade!