O PATIO INSPIRA ! Se queremos facer proxectos de investigación non hai mellor que sair ao patio a buscar posibles temáticas.
O equipo de Voz Natura, Biblioteca e Dinamización da Lingua propuxo facer unha "GUÍA DAS ÁRBORES do noso patio" como proxecto para traballar no contexto científico, cuxo título era "AS ÁRBORES DA VIDA"
Este foi o plan de traballo:
En breve, daremos a coñecer a "GUÍA DAS ÁRBORES"
Na semana do libro , e aproveitando o " DÍA DA POESÍA" , o alumnado de 6º de E.P fixo un poemario precioso, feito por elas e eles mesmos, sobre as árbores que lles tocou investigar.
O resto dos compañeiros/as do centro puideron ESCOITALOS en cada árbore, xa que fixeron un "ROTEIRO ARBO-LITERARIO" Ahhh! aproveitamos a charla do mestre Luis para dar a clase de naturais...
Ningún comentario:
Publicar un comentario