25.4.19

BIBLIO CREATIVA FACEMOS PAPEL RECICLADO 1º

OLA :)
Que aconteceu no CLUB DE CIENCIAS no segundo trimestre?

Despois de que o alumnado de 1º de primaria, recibira unha carta de Galdiño (explicando a súa preocupación polo coidado dos montes, das árbores, do papel) e un libro da nosa biblioteca titulado "SEMENTES DE PAPEL" da editorial BAHÍA EDICIÓNS, os nenos e nenas quedaron moi preocupados, así que, investigaron cómo podían facer papel reciclado. 

E vaia se o fixeron! mirade que VIDEO-TITORIAL máis chulo! só vos tedes que animar a poñelo en práctica.

PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES! 





23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO 2019

Esta semana estamos a celebrar con diversas actividades o #DíadoLibro2019

O martes, tivemos os apadriñamentos lectores onde os maiores do cole leron aos máis pequenos, tivemos a sorte de ter bon tempo para disfrutar da lectura en diversas estancias do cole, mañá e pasado serán os nenos e nenas de 5º, 4º e 3º quenes leerán aos máis peques, esperemos que o tempo no lo permita!




O mércores, tivemos na nosa a biblioteca á escritora MARÍA ROLLE(mestra no CEIP de Covas) e á ilustradora e mestra do noso cole MARÍA PERNAS @maradentro2002 do libro "ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS" @Edicirculorojo para facerlle unha entrevista. O alumnado de 6º foi o encargado de realizar dita actividade.

 Parabéns rapaces, Galdiño quedou abraiado polas vosas preguntas!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR ESTE FERMOSO LIBRO; o alumnado de 6º e 5º xa o leu na HORA DE LER e Galdiño enterouse que tamén os nenos e nenas de 4º o leron nas vacacións.

GRAZAS A MARÍA ROLLE por vir á nosa biblioteca.