24.11.08

Estamos a traballar na BIBLIOTECA


...e axiña teremos un día para os préstamos de libros. Será o LUNS. Que vos parece?

Temos interese por coñecer a vosa opinión.

Escribide! Comentade!

17.11.08


O ESCRITOR QUE ESCOITA O RUÍDO DO MUNDO
A Academia sueca, nunha sorprendente decisión, premia co Nobel de Literatura ao francés Jean-Marie Gustave Le-Clézio, que reaccionou "con incredulidade"
Aínda que nos últimos días o nome do novelista francés Jean-Marie Gustave Le-Clézio soaba -sobre todo, nos círculos literarios suecos- como posible gañador do Premio Nobel de Literatura 2008, o resultado non deixa de resultar unha sorpresa. Nado en Niza, de nai francesa e pai británico, Le Clézio recibiu a noticia do galardón en París, lonxe de onde vive na actualidade, Albuquerque, no estado nortamericano de Novo México. A súa reacción ao coñecer a decisión da Academia sueca foi de "certa incredulidade, certa esperanza e certa felicidade", segundo dixo en inglés na sede de Gallimard, a editorial que acaba de publicar o seu último libro, Ritournelle de la faim. Pero tamén tivo tempo de falar en castelán, da lingua e a cultura españolas en Novo México e do seu amor polo hispanoamericano e as culturas indíxenas.
Asegurou non incluírse a si mesmo en corrente literaria ningunha aínda que a Academia sueca definiuno como "o escritor da ruptura, da aventura poética e da sensibilidade extasiada, investigador dunha humanidade fóra e debaixo da civilización reinante". E tampouco lle invade o medo que atacou a súa predecesora no Nobel, a británica Doris Lessing, que lle impedía iniciar a súa seguinte novela. Le Clézio non pensa parar por recibir o premio.
Sabiades que na BIBLIOTECA ESCOLAR temos un libro deste autor?
Premio para o primeiro que o localice!

O noso Colexio estrena BLOG


Saúdos desde a Biblioteca Escolar
Como xa sabedes este curso estamos traballando para instalar a Biblioteca Escolar no corredor de entrada ás aulas de Primaria. Neste lugar contaremos con andeis para os vosos libros distribuidos en tres espazos identificados por tres cores: vermello, azul e amarelo.
No sinalado coa cor vermella estarán os libros adecuados para o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria. No espazo central-o marcado coa cor azul-ordénanse os libros do 3º e 4º e no da moqueta amarela están ordenados os libros de 5º e 6º de Primaria.
Nos vindeiros días estableceremos un horario para que todos e todas poidades achegarvos á Biblioteca Escolar e solicitar o préstamo do libro que vos interese levar para a vosa casa. Levalo para ler no voso tempo libre e sempre tendo en conta que tendes 15 días para devolvelo en perfecto estado á Biblioteca Escolar.