24.6.15

MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA!

Queridas familias e Comunidade Educativa:

As nosas disculpas por ir con tanto retraso nas publicacións deste e doutros blogs do cole...
Non se pode estar na misa e máis repicando ao mesmo tempo!... 

Este terceiro trimestre...foi un pouco atropelado...cheo de moitas actividades variadas e moitos Proxectos ao mesmo tempo...Moitos frontes aos que atender... O que moito abarca....

Tempo e tranquilidade sería o necesario para poñer en orde e ir publicando as interesantes actividades froito de moito traballo en conxunto entre alumnado e profesorado.

Pois ben, como Nunca choveu que non escampara... e agora só chove miudiño... como miudiño chove...xa están algunhas entradas no borrador do blog faltándolles un pouquichiño pouco para publicárense.

 As ACTIVIDADES  DA MICRORREDE DE BIBLIOTECAS da Mariña na semana de Exposición conxunta do Refraneiro de Cervo a Viveiro...será a seguinte entrada. O prometido é deuda!

Moitísimas enerxías invertidas desde cada un dos centros participantes da Microrrede para obter un magnífico resultado rico e variado: monólogos, teatro, teatro lido para radio, Monicreques, coro, recitado, rap, poesía, Rosalía, contos, libros...

Na próxima entrada e en breve contamos como se foron sucedendo as actividades...

3.6.15

CONCURSO LETRAS GALEGAS. PREMIADAS EN NARRATIVA E DEBUXO!

Tres alumnas de 4º de Primaria do noso colexio resultaron premiadas no Concurso Letras Galegas, iniciativa da Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro.

Sara Díaz,
Diana Fernández
e Ángela López


"Da Ciencia á ficción,: o home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc..." ese era o tema que narraron e ilustraron esta xove rapacería. No seu maxín misturaron planetas existentes e inventados, historias de aventuras e tamén de amizade, viaxes ao descoñecido, novas e futuras conquistas e convivencias...


La Voz de Galicia 2/6/2015



Este luns, 1 de xuño de 2015, tivo lugar na Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro a entrega de diplomas e premios. O acto estivo presidido pola nosa alcaldesa María Loureiro. Asistiron responsables de Bibliotecas Escolares dos centros da zona, familias e os e as protagonistas das narraccións e debuxos premiados.

Noraboa a todos e a todas! Se non é doado escribir sobre a realidade, menos doado resulta representar o que non o é, a ficción, o futuro, galaxias imaxinarias,...historias de outros planetas!

Os e as xoves promesas da narración e debuxo resultan caras coñecidas...O colexio de Covas tamén conta con varios premios entre esta ducia de afortunados que soupo conquistarnos coas súas historias!

Entrevistaremos a Sara, Ángela e Diana para que nos informen máis polo miúdo das súas historias contadas en texto e en imaxes. Así, iremos completando esta entrada!