28.5.20

PLANTANDO ESPERANZA

OLA PEQUES :)
A mestra Inés quere mandarvos unha mensaxe dende VOZ NATURA:

Todos os anos, durante a primavera, o alumnado máis pequeno do centro pon en marcha o seu horto e cambia o xardín da entrada. Os tulipáns que plantaron no outono chegan ao seu fin dando paso a unha nova planta que nos acompañará ata final de curso.

 Este ano vimos truncadas estas dúas actividades. Cando marchamos para as nosas casas os tulipáns mostraban a súa mellor cara, foi case coma se estivesen esperando á soidade pa


ra poder murcharse. Por esta razón aínda non fixeramos o cambio. Non iamos cambiar algo tan fermoso.


 A pesar de que esta fermosa imaxe impresa na nosa retina nos leva acompañando todo este tempo, non quería que vos quedarades sen poder plantar o pequeno xardín. Por esta razón,  aí vai a nosa proposta.


Eu plantei ESPERANZA, porque teño a esperanza de que o próximo curso poidamos gozar coas mans na terra. E vós, que ides plantar?

Dende o equipo de BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN queremos propoñervos unha actividade para completar a das LETRAS GALEGAS; o alumnado de INFANTIL tiñades que gravar un video coa vosa palabra favorita en GALEGO, pois ben, podedes facer ese video plantando e dicindo cal é esa palabra e por que é a vosa favorita.

VEÑA, ANIMÁDEVOS!