5.4.13


DÍA DA ÁRBORE

Días atrás chegaron ao cole uns libros cunhas lecturas preciosas sobre paisaxes galegas, "Viaxe polos e ríos e árbores dos Ancares". Lemos, falamos,...aprendemos.





Pero hoxe foi un día moi especial. Tivemos unha celebración na que nos xuntamos todos os nenos e nenas de Primaria no patio porque íamos prantaro "noso bidueiro". E realmente podemos chamalo "noso", porque cada grupo elixiu un nome para el, e de entre todos eles, elixiuse un: PLATERO. Nome suxerido polos nenos e nenas de 1º.
Estando alí todos xuntos, algúns nenos e nenas de 5º e 6º leron os seus traballos. Aquí os tedes:



O BIDUEIRO

Son un bidueiro,
que non un maxadeiro,
e vouvos contar unha historia
que vos quedará na memoria.

Eu fun unha semente
 afeita a ver moita xente.
Mandáronme de Lugo
nun camión moi seguro.

Cando cheguei a Viveiro non sabía
que me ía gustar tanto a ría.
Por fin chegamos a Galdo!
 O camión  xa ía cansado

O mércores cando cheguei
con todo o que vin alucinei!
Chegara ao lugar que quería!

Había moitas árbores... e  nenos,
grandes, medianos  e pequenos!
A ver que nome me van poñer
para que me poidan recoñecer.

Mesmo se me chaman Vicente,
ha ser un nome de orixe inocente.
Non vos esquezades de coidarme,
regarme e aloumiñarme. 

                                                                    Lucas Gómez Pereira

                                          

O SOÑO DA BIDUEIRA

Ola. Son unha bidueira que vén das terras altas de Lugo. Sabede que, aínda que son pequena, teño soños coma vós.
Soñei que me plantaban nun patio grande cheo de nenos e nenas, que me coidaban, que me daban cariño e a tranquilidade que preciso para medrar rexa e forte.
Soñei que estaba rodeada de irmáns da mesma especie máis maiores ca min, así como de castiñeiros, cerdeiras, limoeiros, maceiras, tullas, piñeiros, salgueiros,... e outras árbores que me falaban dos tempos en que o colexio empezara a espreguizarse.
Soñei que arrodeado dun cento de humanos espectantes afincaba na terra e recibía os ánimos precisos para enraizar con forza.
Mentres me regaban as primeiras veces, pensei: para que me botarán auga por riba. Prengunteilles ás outras bidueiras do patio e non me souberon repostar. Non lembraban se a elas as regaran algunha vez.
Pregunteilles a uns piñeiros altos como castelos que estaban un pouco máis lonxe de min e que parecían máis vello e sabios. Respondéronme que sen auga non podería alimentarme e medrar.
Hoxe espertei. Hoxe é o día. Xa sei cal vai ser o soño que quero que se cumpra:
MEDRAR TANTO, TANTO, QUE ALGÚN DÍA CHEGUE A SER TAN ALTA COMA ESES PIÑEIROS QUE ME MIRAN CON CARA DE SORPRESA

                                                             Ivana Polo


Ah, pero aí non quedou a cousa porque os nenos de 3º ademais de facer murais con poemas alusivos e frases, aprenderon e recitáronos un poemiña de Manule María: "A bidueira", que di así:
¡Que branca é a abidueira!
¡Cara ó ceo anda a soñar!
¡Feita zoca, anque non queira,
moita lama ha de tripar!

Por último, prantamos o nosos bidueiro




DÍA DA PAZ

   Este ano, coma en anos anteriores, fixemos varias actividades relacionadas como fomento da tolerancia e da paz, precisamente coa intención de conmemorar este día.
Pegamos as nosas mensaxes na pomba
Lemos os nosos manifestos en varias linguas


Ademáis das que cada grupo traballou a nivel de aula durante as dúas semanas previas, organizáronse unhas en común. Desgraciadamente o día non acompañaba como para poder facelas no exterior, así que contentámonos con facelas no ximnasio, neste caso, o importante é o fin, non os medios ;)
 Así que cada grupo, logo de actividades de aula, postas en común, debates,... escribiu a súa mensaxe nunha tira de papel, e cada neno/a a súa propia na silueta da súa propia man; e poñendo todas as mans unidas nun xesto simbólico, cubrimos o mural dunha pomba que aínda a día de hoxe temos exposta na entrada. Durante o acto común léronse manifestos dos distintos grupos, cantáronse cancións, recitáronse poemas en todas as linguas que traballamos, incluso linguaxe de signos e colgáronse da nosa pomba todas as tiras coas mensaxes.


Xuntámonos no ximnasio
Lemos os nosos manifestos




Por último, saímos todos os grupos ao patio  cuns globos coas nosas mensaxes, e soltámolos para facer partícipes do noso pensar ao resto do MUNDO.