24.4.13

QUEREMOS DAR AS GRAZAS...


"Queremos agradecervos a todos os pais e nais, titores e titoras, que con esta actividade, ao igual que con moitas outras en múltiples ocasións, participastes tan activamente e con tanto interese, demostrando orixinalidade e creatividade, axudando a que a poesía neste caso, e en certa maneira tamén a escola fora máis aló das paredes do propio colexio, tanto, que chegou ás vosas casas, e converteuse nun momento máxico que poidestes compartir grandes e pequenos voltando esta primavera a nós en forma de andoriña.
Dende aquí, un GRAZAS moi merecido."

Así inaugurábamos xa hai case un mes, a exposición que se pode visitar na entrada do noso cole con todos os traballos que fixeron os nenos e nenas coa vosa axuda, a dos adultos.
Xa casi a rematar a exposición no cole, reiteramos as grazas pola vosa colaboración para esta actividade como en moitas outras nas que contamos con vós, e dicirvos que se fará unha exposición conxunta con outros centros nun local cedido polo Concello de Viveiro e posteriormente no de Cervo que poderedes visitar no vindeiro mes.
Gustaríanos tamén agradecer aos centros incluídos no PLAMBE ( Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), que nos ofreceran a oportunidade de formar parte desta actividade conxunta.





23 de abril: Que é para ti un libro ?


Na nosa navegación de hoxe e na  páxina dunha publicación portuguesa ( "Jornalismo antenado" ), atopamos este cartel cun texto do Padre António Vieira, escritor portugués que viveu no século XVII.

" O libro é un mudo que fala, un xordo que responde, un cego que guía, un morto que vive"

E para tí, que é un libro?, pregúntolle aos visitantes da nosa Biblioteca:

"UN LIBRO É DIVERSIÓN" ( MATEO, 4º )
"UN LIBRO É UNHA HISTORIA QUE PODE SER ALEGRE OU TRISTE" ( PATRICIA, 4º )
"UN LIBRO É ALEGRÍA" ( CLARA, 4º )
"UN LIBRO É COMO UN BO AMIGO" ( LUCA, 6º )
"UN LIBRO SON MIL PALABRAS ORDENADAS" ( DAVID FERNÁNDEZ, 6º )
"UN LIBRO É COMO UNHA VIDA" ( ALEX, 6º )
"UN LIBRO É EXPRESIÓN" ( DIEGO, 6º )
"UN LIBRO É COMPATIBLE CONTIGO" ( ANDREA, 6º )
"UN LIBRO NUNCA TE ABANDONARÁ" (ARIADNA, 6º )
"UN LIBRO É ACCIÓN..." ( XOEL, 4º )
"UN LIBRO SEMPRE TE QUERE DOCEMENTE" ( NOA, 6º )
"UN LIBRO É UNHA HISTORIA SIN FIN QUE NUNCA NOS ABANDONARÁ" ( NURIA,4º )
"UN LIBRO É ALGO QUE LEO E ENTÓN MORRE A IGNORANCIA" ( AMANDA, 6º )
"UN LIBRO É RELAXACIÓN E MOITOS SOÑOS" ( ALEJANDRA, 4º )
"UN LIBRO É UN SOÑO ESCRITO" ( SARA BAZ, 4º )
"UN LIBRO É FANTASÍA E DIVERSIÓN"  (CRISTINA, 4º )
"UN LIBRO É INFORMACIÓN"  ( EDGAR, 4º )