31.10.17

ENTREGA DE PREMIOS SAMAÍN 2017

EXPOSICIÓN DE CABAZAS.








     


ENTREGA DE PREMIOS PARA OS RELATOS DE MEDO E CABAZAS.

E chegou o día...todos e todas estabades esperando este momento...a entrega de premios. A mestra Rebeca,fixo a entrega dos premios RELATOS DE MEDO,en varias categorías:

A)2º, 3º e 4º CURSO:

PREMIO AO RELATO MÁIS TERRORÍFICO:  NOEMÍ MOGO ARCA,de 2º curso.

PREMIO AO RELATO MÁIS ORIXINAL: INÉS BEN OROSA. de 3º curso. 

PREMIO AO RELATO MELLOR REDACTADO:  NOA SUÁREZ RIVEIRA,3ºcurso.



B)5º e 6º CURSO:

PREMIO AO RELATO MÁIS TERRORÍFICO: IRENE PERNAS COBAS,5º curso.

PREMIO AO RELATO MÁIS ORIXINAL:  ALICIA RÍOS LOZANO,de 4º curso.

PREMIO AO RELATO MELLOR REDACTADO: LUCÍA GACIO HERMIDA,5º curso.


E A MESTRA BEVERLY ENTREGOU OS PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS.

FINALISTAS DO CONCURSO DE CABAZAS: 

- 3 ANOS: JULIA E ROI.
- 4 ANOS: CLARA,VALERIA E FÉLIX.
- 5 ANOS: EMMA,BLANCA E CARLA.
-1º CURSO: LAURA E DIEGO ALEMPARTE.
-2º CURSO: ALONSO,DANIEL,EMMA FERREIRO E SARA PÉREZ.
-3º CURSO: NOA E XAVI.
-5º CURSO: MARÍA,IAGO.






GAÑADORES/AS: 

-CABAZA MÁIS TERRORÍFICA: BRAIS MARTÍNEZ ATADELL,5º CURSO.

-CABAZA MÁIS ORIXINAL: EMMA PITA,2º CURSO.

-CABAZA MÁIS CREATIVA: UXÍA BLANCO,1º CURSO.









27.10.17

SAMAÍN 2017

Comezan os preparativos para festexar o día máis terrorífico do ano, O Samaín. Para iso, no noso colexio preparamos unha exposición de libros e contos de medo que podemos utilizar durante esta semana e a vindeira, pois dedicaremos a hora de ler ao medo. E decoramos as portas das aulas!
Ademais disto, xa estamos repletos de cabazas terroríficas, orixinais e creativas!
         




24.10.17

24 de OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a  Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía.

Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial.

Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. 

Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa. 

ESTE É O CARTAZ:




Dende o colexio ,preparamos unha serie de actividades para traballar durante o mes de outubro,mes da BIBLIOTECA. Entre elas:
  • Formación de usuarios,para tódolos cursos
  • Carnets novos, para os nenos e nenas de 4º de E.I.
  • Exposición de marcapáxinas, relacionados coa ciencia e a robótica.




  • ANIMACIÓN Á LECTURA do libro "WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE PAZ",realizada polo alumnado de 5º curso e 6º de E.I.


Fixemos  un cartaz anunciando o evento xa que a nosa BIBLIOTECA ESTABA DE FESTA!!.
Para saber máis sobre WANGARI MATHAI,deixamos o enlace ao blog :