24.3.21

ENTROIDO 2021 : "COMEZA A PEREGRINACIÓN POLO CAMIÑO DO MAR"

 Ola rapazada :)

Por fin "HABEMUS" VIDEO do entroido, jaaaaa. A mestra Inés recopilou tódalas fotos dos momentos vividos antes, durante e o mesmo día do entroido, para facer este vídeo marabilloso.

Desfrutade do voso traballo, porque tédesvos que sentir mooi orgullos@s, que satisfación máis grande saber que  fixestes vós O VOSO disfrace , que axudastes aos vosos compañeir@s.  Moitas grazas ás familias por colaborar nisto... sempre estades dispostas a todo.

COMEZA A PEREGRINAXE...

 


 

22.3.21

POESÍA NO CAMIÑO

 

MADRIGAL Á CIBDÁ DE SANTIAGO. FEDERICO GARCÍA LORCA


 Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.


Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

 

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

García Lorca, Federico (1978) Seis poemas galegos (Madrid: Akal, Col. arealongiña)

 

 

 

Sabedes que os poemas poden ser versionados por cantautores ou grupos? Aquí tedes un exemplo, dúas versións preciosas para ESCOITAR E SENTIR ! 

 

VERSIÓN DE CARLOS DÍAZ do poema de Federico García Lorca

 


 

VERSIÓN DE LUAR NA LUBRE E ISMAEL SERRANO.






DÍA INTERNACIONAL DO BOSQUE E DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe é o día internacional dos BOSQUES e tamén o  Día da POESÍA , so tedes que mirar o voso patio para comprender que estades rodeados de natureza, de toda clase de árbores.

 Por que relacionamos a poesía coa chegada da primavera?

  Porque simbólica e etimoloxicamente relacionamos a poesía coa creación, co rexurdimento da vida, o espertar na natureza despois dos meses fríos do inverno, tempo do amor e da fertilidade, enerxía vital.

 En todas as culturas este período do ano aparece vencellado aos procesos creativos. Na primavera énchese o mundo de flores e de cancións. A primavera é o tempo dos namorados, mais tamén do libro e da lectura (23 de abril), o tempo das Letras Galegas (17 de maio).

Nas culturas clásicas e na cultura medieval de occidente na primavera celebrábanse os festivais ou certames de poesía, concentración de músicos e poetas. As grandes cortes do amor da Idade Media convocábanse preferentemente na primavera.

(A POESÍA, O PORTAL DAS PALABRAS )

Este pequeno video é para que observedes e sintades todo aquilo que vos provoca a natureza  e... por que non escribilo? da igual en que formato: poesía, unha carta, unha noticia, un conto...

 

"HAI MOMENTOS NO CAMIÑO NOS QUE AS PALABRAS NON SON NECESARIAS" Inés Castro.

CASTIÑEIRO


 Está soio o castiñeiro

no cómaro dun labradío.

¡E como o ollo senlleiro

eu coido que sinte frío!

 

Ten a copa moi redonda

e ten a casca enrugada.

¡Debe sentir pena fonda

lembrando a vida pasada!

 

Como xa ten tantos anos

os seus foron morrendo.

¡Agora arbres estranos

escóitano estar xemendo!

 

¡Case non hai castiñeiros!

Os que hai son de respeto: 

¡vellinos,orfos,tristeiros

e con furados do peto...

...

TERRA CHÁ (1954)

MANUEL MARÍA






17.3.21

#8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


 OLA RAPAZADA :)

GALDIÑO está supercontento ! A exposición realizada o #8M MULLERES ABRINDO "CAMIÑO"  tivo un éxito rotundo. 

Sabe que o traballo de pescuda da información foi frutuoso, xa que, grazas a vós, ás vosas aportacións e traballos, puidemos saber que é unha PERCEBEIRA, unha CAPITÁ de pesca e unha ENXEÑEIRA NAVAL. Todas estas mulleres son da nosa zona, concretamente de Viveiro e Xove.

O alumando de  4º, 5º e 6º preparou unha entrevista a cada unha e o resto dos cursos fixeron a parte da investigación da propia profesión.

Este foi o reparto :

  1. ENTREVISTA a ANA MEITÍN,PERCEBEIRA, feita polo alumnado de 4º de E.P. O alumnado de 3 aniños fixo a parte plástica, os percebes e traballaron a súa fotografía. O alumnado de 1º investigaron sobre a súa profesión, aparellos, etc.
  2. ENTREVISTA a LUCÍA FERNÁNDEZ CAO, ENXEÑEIRA NAVAL, feita polo alumnado de 5º de E.P . O alumnado de 5 anos fixo a parte plástica e investigaron sobre a súa profesión, centrados sobre todo nas pezas que fai Lucía, que son engranaxes e hélices. O alumnado de 3º E.P realizaron uns preciosos bosquexos de barcos feitos a carboncillo.
  3. ENTREVISTA a ARANTXA TORIZA, CAPITÁ de pesca. Foi o curso de 6ºE.P quen lle realizou a entrevista, e o alumnado de 2ºE.P investigou sobre a súa profesión. Os máis pequenos, o alumando de 4 anos, fixo un TEMÓN e traballou a súa fotografía.

Tivemos a sorte de que viñeran ao centro e coñecelas en persoa.


 o EQUIPO DE BIBLIOTECA fixo un genially para poder pescudar sobre estas mulleres e outras que nos abriron camiño a TODAS NÓS.

 

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO para que toda a comunidade educativa poidades desfrutar desta exposición. Canto nos tarda que podades vir en persoa ao centro. 


 

5.3.21

OBRADOIRO DE RADIO CON "PONTE NAS ONDAS"

 Ola rapazada :)

Hoxe foi un día xeniaaaal ! tivemos a sorte de facer un OBRADOIRO DE RADIO cuns profes marabillosos de PONTE NAS ONDAS. 

Nunha soa sesión traballamos os seguintes contidos:

  • ORALIDADE : dicción e proxección da voz, a locución e interpretación coa voz.
  • EDICIÓN DE SON : utilizando o programa de distribución libre Audacity ensináronos a gravación e edición do son, e a preparación e creación de podcasts, e o aloxamento en plataformas dixitais.
  • RADIO EN DIRECTO : Montaxe dunha emisora, estrutura dunha emisión: sintonías, cortes de voz, cortes de música, diferenza entre locución e control técnico, elaboración dun programa, deseño e tipoloxía de programas, como elaborar un guión e unha escaleta, temas a tratar, música para incluír nos programas.

MOITAS GRAZAS A DAMIÁN E A XERARDO, DE SEGURO QUE REPETIREMOS ESTA EXPERIENCIA.

 



Sabemos que hoxe non foi o DÍA INTERNACIONAL DA RADIO ( 13 DE FEBREIRO) PERO PARA NÓS SÍ QUE FOI... 

O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA :)