MASTIGANDO MATES

GÚSTANCHE OS RETOS MATEMÁTICOS? POIS ESTE É O TEU SITIO :)

MATEMÁTICAS APLICADAS Á VIDA



RETO 7: FACEMOS UN IGLÚ VEXETAL NO NOSO PATIO? O alumnado de 5º vaino explicar moi clariño neste video... escoitade!



 
RETO 6: UNIDADES DE LONXITUDE

Sabes medir de forma correcta? Como se chaman os instrumentos de medida?

Mira o seguinte video...



RETO 5: Onde se encontran as matemáticas?

O alumnado de 2º sabe ben que as matemáticas encóntranse en todas partes e grazas a elas pódense resolver numerosos retos diarios. Pois ben, os seu traballo era facer FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA. 

Mirade que chulada :)





Aquí vos deixamos o DOSIER DE XOGOS MATEMÁTICOS con rolos de papel hixiénico, que orixinais son todos; se premedes na imaxen dalgúns xogos veredes os videos de como se xogan.





O ALUMNADO DE 3º de primaria, tamén fixo o seu reto MATEMÁTICO, mirade:





RETO 4: COÑECENDO A FIBONACCI

Mira o seguinte video e coñecerás a este persoeiro, matemático italiano nacido en Italia...sabíades que a natureza está íntimamente relacionada coa sucesión de Fibonacci? 

Poñede atención ao seguinte video :)




RETO 3: OS TERMOS DA DIVISIÓN.

Se queres aprender de forma moi sinxela os termos da división mira o video, xa verás como te lembras sempre :)





RETO 2: APRENDEMOS A DIVIDIR

Lémbraste que era dividir?? pois dividir é repartir a partes iguais. Neste video podedes ver un exemplo.



RETO 1: SEN MEDO AOS PROBLEMAS


Neste video entenderás que as matemáticas son moi necesarias para a vida real. Neste caso temos que plantar repolos no noso invernadoiro do cole pero non sabemos que bandexa comprar...queremos a máis barata... 


Observa como podemos resorvelo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario