22.4.09

Hoxe celebramos o DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO.
Os nenos e nenas de 1º e 2º fixemos un libro. Esta actividade gustounos moito e levamos o libro para as nosas casas.
O alumnado de 3º e 4º recibimos un agasallo. Trátase de Aventura na Mariña, un libro de Eduardo Baamonde con fermosas ilustracións tamén da súa atoría e onde Hipólito Frifax, a súa neta Mariña e os seus amigos Metáforo e Pipote percorren a nosa comarca.
Os maiores de 5º e 6º traballamos cun marcapáxinas e os pequenos de E. Infantil tamén celebramos este Día.
E como todos os días, ás once e vinte, a música avisounos de que era a hora de ler. E todos os nenos e nenas collimos un libro. Que ben o pasamos cos nosos amigos os libros!

Temos hora para ler!


Desde o luns pasado xa temos hora para ler.

Todos os días, ás once e vinte soa unha música en todo o colexio. Ese é o sinal para que todos empecemos a ler.

Que opinan os nenos e nenas:


"A mín gústame moito ler" ( Patricia )

"Lendo aprendo moitas cousas" ( Alex )

"Ler é divertido! " ( Ariadna )