21.2.18

ROSALÍA DE CASTRO

Xa temos a exposición de ROSALÍA DE CASTRO na entrada do colexio. Nela pódese atopar información sobre esta escritora galega e libros para poder traballar para conmemorar o 24 de Febreiro, Día de Rosalía de Castro.


15.2.18

CHEGOU O ENTROIDO!!!!!

Si, logo de pasar toda a semana facendo o que o MECO MANDA, cheou o gran día.
Non pudimos tomar as rúas de Viveiro coma de costume porque o tempo non era o idóneo, pero desfilamos igualmente.
Así foi que facendo gala do humor típico destas datas, os osos robots, inventoras e inventores desfilaron na presencia das familias, polo patio do colexio. Ata os astronautas de 3º e 4º deixaron a súa pegada para a historia carvando o banderín de Galdiño no medio da pista.
Cos bailes e pequenas representacións dos distintos grupos,  grandes e pequenos disfrutamos dunha xornada distinta.

12.2.18

6.2.18

UN ENTROIDO DE CIENCIA

Este ano a temática do Entroido no noso colexio é a CIENCIA. Na entrada do colexio pódese atopar unha exposición de libros relacionados co robots, cietíficos e cietíficas, inventos, o espacio...

O MECO MADA... ALGO NO PESCOZO!

Seguimos co Meco! Mañá martes traeremos algo diferente nos pés e un adorno no pescozo!



3.2.18

O MECO MANDA...

Co Entroido chega tamén o Meco! A partir de hoxe e, durante a vindeira semana, o Meco daranos unha consigna a cal debemos traer posta á escola. Esta orde é acumulativa, é dicir, o martes traeremos posto o que nos mande, máis o que xa nos mandou traer o luns, e así sucesivamente.
Así que...preparados...listos...XA! COMEZA O ENTROIDO!


CONSIGNA PARA O LUNS!



ENTREVISTA A SOFÍA ESPIÑEIRA EN RADIOGALDO!

Premendo na imaxe podedes acceder ao blogue RADIOGALDO para escoitar a entrevista realizada á nosa artista convidada polo día da Paz: SOFÍA ESPIÑEIRA!


1.2.18

DÍA DA PAZ

Este foi o lugar de reunión para todo o cole na tarde do luns. Grandes e pequenos pasamos a mañá ansiosos por ver á convidada especial para a que se preparou este escenario.
La imagen puede contener: interior