28.5.10

TEMOS VISITANTES NO COLEXIO


O martes día 25 chegaron a Viveiro 23 nenos e nenas acompañados de 11 profesores e profesoras. Proceden de Francia, Polonia, Turquía e Alemania. Algúns compañeiros e compañeiras de 5º e 6º do noso colexio, acolleron ao alumnado francés.

Fátima e Paula D.

Ola!
Somos Abraham e Iago e queremos contarvos como estamos vivindo a visita do alumnado e profesorado extranxeiro.
O mércores viñeron ao colexio. Eran profes e alumnos franceses, alemáns, polacos e turcos.
Ese mesmo día estivemos falando con eles para coñecermonos.
Onte foron a Foz, a Celeiro e a Mondoñedo. E hoxe farán un baile no colexio e irán cear ao monte de san Roque.

Abraham e Iago

Os nosos visitantes viñeron o martes e marchan o sábado. É pouco tempo, pero deulles tempo a facer varias visitas: a unha fábrica de conservas, a un obradoiro onde se fai chocolate, á lonxa do peixe...
Pasámolo moi ben con eles.

Cristián, Antón e Bruno

12.5.10

Unha nova forma de entender a Biblioteca
















Hoxe presentamos no colexio o proxecto "Una nova forma de entender a Biblioteca".
No acto participaron, alumnado, profesorado, nais e pais, representantes da Consellería de Educación, do Concello e da empresa ALCOA que foi quen financiou esta novedosa iniciativa na que levamos varios meses traballando.
A nosa Biblioteca, instalada desde o curso pasado no corredor do primeiro andar, conta agora con todo o que precisa unha BIBLIOTECA DIXITAL: libros electrónicos, ordenadores portátiles e bolígrafos dixitais.
Cada ciclo conta cun espazo que se identifica cunha cor: vermello, para o 1º Ciclo, azul para os do 2º e amarelo para os maiores do 3º ciclo.
Na entrada das aulas de Educación Infantil está situado o punto de lectura dos máis pequechos.
As Bibliotecas Virtuais, como a que estamos a crear no noso colexio, son similares ás tradicionais Bibliotecas Públicas, pero os libros non se atopan realizados en papel. Están noutro soporte, en formatos de textos dixitalizados.
Así que, desde este curso, os libros de papel comparten espazo cos libros dixitais, cos ordenadores, cos CDs...
E que pasará co libro de papel?
O libro de papel seguirá sendo o ideal para os que lles gusta ler na cama, ou para levar á praia ou a lugares de vacacións ou descanso.
De ningún xeito a Biblioteca Dixital desprazará á Biblioteca Tradicional, pero o importante é que pode abrir un novo camiño para novos lectores e lectoras.
E vos, que opinades?

7.5.10

Punto de Lectura do alumnado de Infantil

Que vos parece o novo punto de lectura dos nenos e nenas de Educación Infantil?
Está situado na entrada das súas aulas e ten uns libros ben bonitos.
Que ben o van pasar os pequenos!