30.5.20

TAREFA FINAL DO PROXECTO: SOÑANDO MARES TRANSPARENTES

Ola rapazada :)


DÍA DO MEDIO AMBIENTE E OS OCÉANOS

O vindeiro 5 e 8 de  xuño é o Día  do  MEDIO AMBIENTE  e dos  OCÉANOS, repectivamente.

Antes desta situación de confinamento,  tiñamos pensado facer unha  actividade final do proxecto: “SOÑANDO MARES TRANSPARENTES” no centro e convidarvos a participar do traballo feito polos vosos fillos e fillas durante este curso. 

Pero non queremos quedar sen unha actividade final de proxecto, por iso temos unha proposta.

A idea é que nos enviedes unha mensaxe  na praia, co mar de fondo ( aproveitando estes días de sol). Unha mensaxe de esperanza para o noso mar… que queredes, que podedes facer para coidalo…


Os videos serán gravados en HORIZONTAL e cunha duración de 10 segundos. Podedes envíalos ao correo  bibliogaldo16@gmail.com co ASUNTO: "Mensaxe ao mar"
DATA LÍMITE: Sábado 6 de xuño.

Moitíiisimas grazas familia, de verdade…



28.5.20

PLANTANDO ESPERANZA

OLA PEQUES :)
A mestra Inés quere mandarvos unha mensaxe dende VOZ NATURA:

Todos os anos, durante a primavera, o alumnado máis pequeno do centro pon en marcha o seu horto e cambia o xardín da entrada. Os tulipáns que plantaron no outono chegan ao seu fin dando paso a unha nova planta que nos acompañará ata final de curso.

 Este ano vimos truncadas estas dúas actividades. Cando marchamos para as nosas casas os tulipáns mostraban a súa mellor cara, foi case coma se estivesen esperando á soidade pa


ra poder murcharse. Por esta razón aínda non fixeramos o cambio. Non iamos cambiar algo tan fermoso.


 A pesar de que esta fermosa imaxe impresa na nosa retina nos leva acompañando todo este tempo, non quería que vos quedarades sen poder plantar o pequeno xardín. Por esta razón,  aí vai a nosa proposta.


Eu plantei ESPERANZA, porque teño a esperanza de que o próximo curso poidamos gozar coas mans na terra. E vós, que ides plantar?

Dende o equipo de BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN queremos propoñervos unha actividade para completar a das LETRAS GALEGAS; o alumnado de INFANTIL tiñades que gravar un video coa vosa palabra favorita en GALEGO, pois ben, podedes facer ese video plantando e dicindo cal é esa palabra e por que é a vosa favorita.

VEÑA, ANIMÁDEVOS!





23.5.20

COREOGRAFÍA AS PITAS BAIXO A CHOIVA

OLA RAPAZADA :)

Unha das actividades na SEMANA DAS LETRAS era facer unha coregrafía coas protagonistas do libro escrito por CARVALHO CALERO: "As pitas baixo a choiva". Pois aquí tedes o resultado, moitas grazas pola vosa participación, da gusto ver a esas galiñas nas vosas casas! 
Estade atentos porque ao final do video apaarecen unhas pitas que coñecedes..
Douvos unha pista? naceron no cole...son de Mos...aí o deixo!

SE PINCHADES NESTE ENLACE PODEDES VER O VIDEO
 

19.5.20

XOGOS CON RICARDO CARVALHO CALERO

Ola rapazaza :)

Sei que estades moi informados sobre a vida e obra de Ricardo Carbalho Calero, apetécevos xogar aos piratas? 

Aquí tedes uns xogos elaborados polo profesorado do Ceip Ben-Cho-Shey, de Pereiro de Aguiar, de Ourense.

Este dos piratas foi elaborado pola mestra de educación primaria, María José Pato Fernández, e o seguinte foi coa  colaboración de María Josefa del Río Mosquera, ambas mestras de Educación Primaria. 

Grazas ao SEMINARIO GALÁN por recopilar xogos tan chulos doutros coles.








12.5.20

O PAPAGAIO DE MAIO

Bo día rapazada:)

Aquí vos deixo o PAPAGAIO deste mes, disfrutadeo! Ahh, botádelle un ollo ao artigo das Vacinas, moi interesante neste tempo de coronavirus!


/>

11.5.20

ACTIVIDADES E RECURSOS PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

SEMANA DAS LETRAS


Aquí vos deixamos unha seleción de RECURSOS para que traballedes na casa aquelas actividades que vos poñan as vosas mestras/es nos diferentes blogues.

RECORDA que é unha presentación interactiva con moitas páxinas.










ESTAS SON AS ACTIVIDADES PARA FACER DURANTE A SEMANA DAS LETRAS.





9.5.20

XOGANDO COAS LETRAS GALEGAS 2020

OLA RAPAZADA :)

Esta semana é a semana das LETRAS GALEGAS, e ides ter un montón de actividades, que vos parece ir coñecendo ao persoeiro homenaxeado deste ano? Sabes de quen se trata?

Siiiii, de CARVALHO CALERO, aquí vos deixo un "XOGO  DE FUGA" superdivertido para ir coñecendo a súa vida, feito por dúas mestras moi molonas chamadas Alba Carril,do CPI de Vedra e Ana Santos do CEIP de Carril.
A ver quen consigue os 9 díxitos para sair da casa de Carvalho Calero, jaaaa!


5.5.20

INVESTIGAMOS E CREAMOS UN MAR PARA AS BALEAS

Ola nenas e nenos :)

TEMOS NOVOS RETOS para facer na casa, agora tócalle o turno ao alumnado de 3 anos, a clase dos VERMELLOS. 

Á clase dos vermellos tocoulles investigar sobre as BALEAS e os MARES onde habitan. A estes animais tamén lles está a afectar o cambio climático...É O VOSO TURNO PARA INVESTIGAR.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO PARA FACER O VOSO PROPIO MAR... 

Ao finalizar o VIDEO pídesevos que investiguedes... tedes a presentación abaixo.


E AGORA ESTE PEQUENO TRABALLIÑO


LEMBRADE, é unha  "PRESENTACIÓN INTERACTIVA".

QUE SIGNIFICA ISTO? que según pasas o rato polas diferentes páxinas aparecerán etiquetas novas con información do que tedes que facer.

A INVESTIGAR :)

Cando teñas o treu traballo feito fai unha foto do resultado para mandarlla á mestra MÓNICA








2.5.20

AS NOSAS PRESENTACIÓNS INTERACTIVAS

Ola rapazada :)

GALDIÑO  quere explicarvos QUE SON AS PRESENTACIÓNS INTERACTIVAS.

Moitos  RETOS dos  que vos imos plantexar, van vir presentados de forma INTERACTIVA.

QUE SIGNIFICA ISTO? 

Unha presentación interactiva é aquela na que se presenta información chea de enlaces ( videos, páxinas novas, titulares de periódico, instrucións, etc.)

E COMO PODEMOS VER ESTA INFORMACIÓN?

Se premes na imaxen ou pasas o rato por encima, apareceranche ventás novas, chamadas ETIQUETAS, na que poderás visualizar nova información.

ESTAS PRESENTACIÓNS TEÑEN MÁIS DUNHA PÁXINA?

Normalmente SI, aquí podedes ver os exemplos:

Cando abras a presentación, na marxe dereita de abaixo, hai unhas flechas para que a presentación apareza enteira na pantalla; verase mellor nun ordenador que nun móvil.





Na marxe dereita da presentación, hai un botón en forma de flecha para pasar á páxina seguinte.


ESTAS SON IMAXES DO RETO DOS XOGOS OLÍMPICOS

A segunda páxina, onde están as instrucións para facer a antorcha.